literactúa


1.º trimestre de 2008

Literactúa! Comentarios (4) - Categoría: PROPOSTAS TRIMESTRAIS - Publicado o 10-01-2008 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Manuel Rivas sobre Os libros arden mal

Mércores 28 de novembro
20.30 h
Bodegón O'Pescador (Carballo)
Literactúa! Comentarios (7) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 22-11-2007 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Carlos G. Meixide. Martes 30 de outubro

O Concello de Carballo e o Café Colón convídante á conversa co actor, humorista e escritor Carlos G. Meixide, autor de O home inédito, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego.

Día: martes 30 de outubro de 2007
Hora: 21.00 h
Lugar: Café Colón
Literactúa! Comentarios (7) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 30-10-2007 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Carlos G. Meixide sobre O home inédito

ATENCIÓN, a conversa con Carlos G. Meixide sobre O home inédito será o martes 30 de outubro ás 21.00 h no Café Colón (e non o mércores 31 como nun principio estaba anunciado)
Literactúa! Comentarios (6) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 24-10-2007 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
O home inédito

O home inédito

...de Carlos Meixide

...O libro de Literactúa para outubro de 2007

ISBN: 978-84-935375-1-7
Editorial: A Rotonda / Rinoceronte
Páxinas: 172
Ano de edición: 2005 (na rede) / 2007 (en papel)
Prezo: 10,00 € en papel, de balde en .pdf na rede


Presentación editorial:

Un galego da Coruña, resultón, deportivista e sentimental, dúas coreanas que falan portugués e un profesor universitario brasileiro no Nova York post 11-S protagonizan unha historia de amor, humor e sexo.

Alén diso, e a xeito de flash-back, un galego da Coruña con ínfulas literarias que se emperra en publicar os seus poemas en Positivas e en namorar dunha rapaza que bebe os ventos polo Anxo Quintela de finais dos 90.

Conversa co autor:

Carlos G. Meixide conversará cos lectores e lectoras de O home inédito o martes 30 de outubro de 2007, ás 21.00 h, no Café Colón de Carballo.

O home inédito pola rede:

Lembra que podes mercar o libro nas librarías de Carballo Brañas, Teldy, Trasgo ou Villar, ou descargalo de balde en .pdf aquí.

E TI, QUE OPINAS DESTE LIBRO? DI ALGO!
Literactúa! Comentarios (2) - Categoría: LIBROS - Publicado o 11-10-2007 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos G. Meixide

...o autor do libro proposto por Literactúa para outubro de 2007, O home inédito.

Carlos G. Meixide é coruñés, aínda que naceu en Vilagarcía de Arousa en 1977. É xornalista, aínda que está envolto en proxectos de diverso tipo como guionista, actor (Un mundo de historias; O meu nome, o meu mundo; Cascallos; ou Selección Galega, setenta anos despois), humorista (forma parte, xunto con Tomás Lijó, do dúo Os da ría), etc. Destaca ademais por recitar o nome dos 314 concellos galegos por orde alfabética e está a aprender tamén por orde alfabética os números do 1 ao 100.

Como autor publicou un libro infantil, A Miragaia (Sotelo Blanco, 2004), a historia duns rapaces que viven nunha aldeíña á beira do mar. Os seus xogos, a solidariedade cun rapaz e a súa familia, a amizade cun vello que dicían que era malhumorado e a aprendizaxe poética.

O home inédito converteuse no primeiro libro en galego en publicarse en internet para descargar de balde en .pdf, no primeiro con licenza Creative Commons e o primeiro en publicar Ediciós da Rotonda.

Aquí está o autor promocionando o seu libro:



Conversa co autor:

Carlos G. Meixide conversará cos lectores e lectoras de O home inédito o martes 30 de outubro, ás 21.00 h, no Café Colón de Carballo.


Carlos G. Meixide pola rede:
Literactúa! Comentarios (103) - Categoría: AUTORES/AS - Publicado o 11-10-2007 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Nós podemos facer da sociedade o que queiramos que sexa. Conversa con Séchu Sende

Neste mes de setembro propúxose en Literactúa a lectura de algo máis que un libro. Propúxose toda unha ferramenta transformadora da sociedade. Unha ferramenta non só para ler, senón tamén para utilizar, recomendar, agasallar, propor, converter, rir, convencer, opinar, gozar, participar, comentar, comunicar... E iso notouse na conversa con Séchu Sende, o autor de Made in Galiza, na Taberna Café O’Patacón, que estivo abarrotado de xente con moitas ganas de participar, de opinar e preguntar sobre o libro e de reflexionar sobre o conflito lingüístico no noso país.

Porque Séchu é autor, escritor, si. Mais Séchu é, ademais, un auténtico activista e dinamizador social. Si, sobre todo iso. Unha desas persoas que estea onde estea, pase o que pase, alí está el argallando algo. Nunha vila, nun instituto, na comunidade de veciñas e veciños, etc. Non para: Letras da Cal, Burla Negra, Nunca Máis, Area Negra, Arredemo, Tagen Ata, SOS Caurel... E así anda o Séchu, entre o instituto, a dinamización sociolingüística, o activismo social, a literatura, a cultura, etc.

E, aínda por riba, escribe. E como escribe! E que escribe! Primeiro impresionounos cos poemas de Odiseas, logo coa incitación político-social, a magnífica historia de historias políticas e poéticas que é a novela Orixe, despois unha chea de textos soltos como a «Guía sexual da sociolingüística» ou o «Manifesto publicitario da língua», e agora con todos estes relatos Made in Galiza sobre os que se falou no Patacón.

Séchu nas súas obras dinos claramente que «nós podemos facer da sociedade o que queiramos que sexa». Dinos, dun ou doutro xeito, que debemos facer nosa e fortalecer a máis poderosa proclama anticolonizadora, que é unha frase súa: «Eu nunca serei yo».

Séchu agasállanos a todas e a todos con estes textos de Made in Galiza que seguro que son ben útiles para que as e os profes poidan usar nas aulas, para que os animadores e as animadoras sociolingüísticos/as desenvolvan con eles unha chea de actividades, para empregar por parte da xente que traballa pola lingua, para facer reflexionar a nenas e a nenos e tamén a maiores.

Se temos un amigo que non se atreve, que lle dá corte, que lle soa mal o galego, podemos agasallalo con Made in Galiza. Se somos profes de galego, podemos ler na aula co alumnado Made in Galiza. Se hai un papá ou mamá que fala galego pero que á filla ou fillo lle fala castelán, podemos agasallalo/a con Made in Galiza. Se a médica, o señor do banco, ou o señor ou señora de atención ao público dunha administración non nos quere atender na nosa lingua, podemos agasallalo/a con Made in Galiza.

Son relatos, mais non só relatos; a maioría centrados na lingua, pero hai máis que lingua... O manual de Instrucciones para empezar a hablar gallego... A nena dun ano e poucos días que se prepara para botarse a falar, que escoita, e que non acaba de entender que é o que acontece... O país no que un ladrón vai roubando palabras... As historias contadas nas Antípodas de T. Lijó e B. Regueira en Radio Fusión... O diálogo entre as letras ñ e nh... O home que recupera a súa lingua na oficina de obxectos perdidos... A historia de Verba, a empresa que comercializa un idioma... A súa historia de cando fixo ouigha co espírito de Castelao... O método de autohipnose para aprender galego... O estudo sociolingüístico da mocidade baixo os efectos das drogas... O conflito sociolingüístico en Madrith...

Cando se fala da lingua, do conflito lingüístico en Galiza e dos dereitos lingüísticos, estamos moi acostumados a ver señores e señoras formais, con caras enfadadas (e con razón!) e dicindo cousas moi serias. Pois, normal, o da lingua évos un asunto moi serio... Mais, cómpre ter en conta que unha das mellores maneiras de enfrontármonos aos asuntos máis serios é con humor. E o Séchu, seguramente consciente, reivindica, procura e consegue introducir unha maior presenza do discurso máis lúdico e humorístico no conflito lingüístico no noso país.

E así transcorreu a conversa con Séchu Sende no Patacón, na que o autor falou de todo isto, e na que, a partir das súas anécdotas e das historias que contou, provocou un longo debate sobre o libro, sobre o conflito lingüístico, o amor á lingua, os dereitos lingüísticos, a comunicación, a normalización e a promoción do noso idioma.

Podes ver as FOTOS AQUÍ.
Fotos da conversa con Séchu Sende
Literactúa! Comentarios (15) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 27-09-2007 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Séchu Sende. Mércores 26 de setembro

O Concello de Carballo e a Taberna Café O’Patacón convídante á conversa con Séchu Sende, autor de Made in Galiza, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego.

Día: mércores 26 de setembro de 2007
Hora: 20.30 h
Lugar: Taberna Café O’Patacón
Rúa de Ourense

Podes mercar o libro nas librarías Brañas,
Teldy, Trasgo ou Villar.
Literactúa! Comentarios (4) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 24-09-2007 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Séchu Sende sobre Made in Galiza

Literactúa! Comentarios (4) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 19-09-2007 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Made in Galiza


Made in Galiza


...de Séchu Sende


...O libro de Literactúa para setembro de 2007



ISBN: 978-84-7154-091-1
Editorial: Galaxia
Páxinas: 156
Ano de edición: 2007
Prezo: 12,00 €




Presentación editorial:

Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve cun libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras.

Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.


Conversa co autor:

Séchu Sende conversará cos lectores e lectoras de Made in Galiza o mércores 26 de setembro, ás 20.30 h, na Taberna-Café O'Patacón (na Rúa de Ourense, en Carballo).


Made in Galiza pola rede:


E TI, QUE OPINAS DESTE LIBRO? DI ALGO!
Literactúa! Comentarios (6) - Categoría: LIBROS - Publicado o 09-09-2007 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal