literactúa


Literactúa con Antón Riveiro Coello sobre Os ollos de K

Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 25-03-2008 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Os ollos de K



Os ollos de K


...de Antón Riveiro Coello


...o libro de Literactúa para marzo de 2008




ISBN: 978-84-9865-008-2
Editorial: Galaxia
Páxinas: 284
Ano de edición: 2007
Prezo: 16,00 €





Presentación editorial

O escritor Suso Paradela convértese involuntariamente no protagonista dunha novela que escapa ao seu control. A presenza dun home que agarda sentado nun banco sostendo na man un tarro cun ollo é o detonante que fai estourar os límites entre realidade e ficción. Os ollos de K non é tanto a escrita dunha aventura como a propia aventura da escrita. Un texto que vira sobre si e descobre os fíos labirínticos dunha trama entretida e intrigante, na que Antón Riveiro Coello ispe o feito literario e deixa á vista dos lectores e das lectoras o material artístico e a función creadora.


Conversa co autor

Antón Riveiro Coello conversará cos lectores e coas lectoras de Os ollos de K o mércores 26 de marzo de 2008 ás 20.30 h na Taberna-Café O’Patacón de Carballo.


Os ollos de K pola rede

  • Recomendación de Xosé Monteagudo


  • Ficha do libro no web da editorial Galaxia


  • Ficha do libro en Culturagalega.org


  • Crítica de Anxos García Fontes, en Culturagalega.org


  • Resumo en Libros de Finisterre


  • Ficha en Prazadasletras.org

Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: LIBROS - Publicado o 17-03-2008 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Antón Riveiro Coello


...o autor do libro proposto por Literactúa para marzo de 2008, Os ollos de K


Naceu en Xinzo da Limia en 1964, estudou Dereito e actualmente traballa na administración pública.

Ademais dun gran número de relatos en libros colectivos e revistas literarias ten publicadas as novelas Valquiria (1993, premio Camilo José Cela), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), Animalia (2000) coa que obtivo o premio Café Dublín 1999, As rulas de Bakunin, que recibiu o premio García Barros en 2000 e Homónima Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa 2000.

En 2007 publica A voz do lago, novela coa que se adentra na creación literaria para os/as lectores/as máis novos/as e Os ollos de K, novela sobre a que nos falará en Literactúa.


Conversa co autor

Antón Riveiro Coello conversará cos lectores e coas lectoras de Os ollos de K o mércores 26 de marzo de 2008 ás 20.30 h na Taberna-Café O’Patacón de Carballo.


Antón Riveiro Coello pola rede
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: AUTORES/AS - Publicado o 13-03-2008 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Lendo espero!
Lendo Espero! é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia coa que colabora o Concello de Carballo e que pretende facer das esperas nos centros de saúde un tempo para poder achegarse á lectura.

Nas salas de espera de pediatría xúntanse cada día gran cantidade de pais/nais e nenos/as que se ven obrigados a compartir momentos de agarda.

Por esta razón, preténdese converter ese tempo nunha oportunidade para achegarse á lectura. Os centros de saúde poden ser lugares tan axeitados como a casa, o colexio, a biblioteca ou tantos outros para compartir unha lectura breve. Ademais de facer máis levadeira a espera, esta iniciativa permitirá introducir os libros na vida dos nenos e das nenas como forma de entretemento.

Por outra banda, búscase aproveitar o encontro de pais/nais e fillos/as para ler e demostrarlles aos pais e ás nais a importancia da lectura como unha forma de distracción e a riqueza que encerra.

Por estas razóns, desde agora, os cativos e cativas que teñan que pasar polo Centro de Saúde de Carballo (Avda. do Ambulatorio s/n), poden entreterse na sala de espera de Pediatría lendo algún libro en galego.

As nenas e os nenos poden coller alí os libros libremente para utilizar mentres estean no centro de saúde...

E cómpre lembrar que tanto na Biblioteca Municipal como na Ludoteca-Biblioteca Infantil de Carballo hai moitos máis!
Literactúa! Comentarios (5) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 13-03-2008 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Iolanda Zúñiga sobre Vidas post-it

Iolanda Zúñiga conversará cos lectores e coas lectoras de Vidas post-it o mércores 27 de febreiro de 2008 ás 20.30 h no Pub A Reserva de Carballo.
Literactúa! Comentarios (6) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 20-02-2008 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Vidas post-it



Vidas post-it


...de Iolanda Zúñiga


...o libro de Literactúa para febreiro de 2008




ISBN: 978-84-9782-634-1
Editorial: Xerais
Páxinas: 136
Ano de edición: 2007
Prezo: 12,50 €





Presentación editorial

Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son microrrelatos ou relatos curtos, concisos e veloces, que alimentan un receitario de tropezos na vida.

Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo, rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan, afogan e desesperan; todo adobado coa fugacidade, precisión e brutalidade da vida sen decorados.

Os post-it deste libro de Iolanda Zúñiga, escrito cunha prosa directa e rotunda, atractiva e imantada, son deseños veloces coma tráileres de películas que debuxan vidas marcadas polo naufraxio persoal ou colectivo, afondando no recuncho máis escuro e brutal da propia vida.


Conversa coa autora

Iolanda Zúñita conversará cos lectores e coas lectoras de Vidas post-it o mércores 27 de febreiro de 2008 ás 20.30 h no Pub A Reserva de Carballo.

Vidas post-it pola rede
Literactúa! Comentarios (8) - Categoría: LIBROS - Publicado o 12-02-2008 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Iolanda Zúñiga

...a autora do libro proposto por Literactúa para febreiro de 2008, Vidas post-it

Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975) foi mudando de pel: exerceu de boa, de mala, de actriz, vendeu libros, discos, mentiras, serviu mesas, tivo medo, fotografou amigos, pretendeu a música, colleu tres avións e o bus urbano, conduciu por estradas comarcais até vidas post-it redactado nos entreactos da cordura. Vidas pos-it (Xerais 2007) é o seu debut como narradora.


Conversa coa autora

Iolanda Zúñiga conversará cos lectores e coas lectoras de Vidas post-it o mércores 27 de febreiro de 2008 ás 20.30 h no Pub A Reserva de Carballo.


Iolanda Zúñiga pola rede

Literactúa! Comentarios (9) - Categoría: AUTORES/AS - Publicado o 12-02-2008 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Anxos Sumai sobre Así nacen as baleas

Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 29-01-2008 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Así nacen as baleas


Así nacen as baleas


...de Anxos Sumai


...o libro de Literactúa para xaneiro de 2008



ISBN: 978-84-9865-022-8
Editorial: Galaxia
Páxinas: 164
Ano de edición: 2007
Prezo: 12,00 €



Presentación editorial

Conta a historia dunha liberación e, ao tempo, a viaxe de volta dunha muller nova á casa, á familia e ao pasado. Sentimentos, paixóns, condicionantes sociais e vivencias estouran a través dunha linguaxe renacida, cunha maneira de narrar que descobre o mundo cos ollos novos de quen quere vivir nel de xeito diferente. Esta obra foi gañadora do Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2007.


Conversa coa autora

Anxos Sumai conversará cos lectores e coas lectoras de Así nacen as baleas o mércores 30 de xaneiro de 2008 ás 20.30 h no Café Valle Inclán de Carballo.

Así nacen as baleas pola rede
Literactúa! Comentarios (4) - Categoría: LIBROS - Publicado o 10-01-2008 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Anxos Sumai

...a autora do libro proposto por Literactúa para xaneiro de 2008, Así nacen as baleas

Anxos Sumai (Catoira, 1962) é documentalista, tradutora e escritora.

Desde 2001 desenvolve unha intensa actividade literaria no portal Culturagalega.org, onde tivo as seccións «Anxos e diaños», con Roberto Ribao, «Anxos da garda» e «Crítica da memoria pura». Entre os traballos de tradución destacan os Diarios de Syra Alonso.

Como narradora publicou Anxos da garda (A Nosa Terra, 2003. Premio da Crítica de Galicia 2004) e Melodía de días usados (Galaxia, 2005). Obtivo o Premio Novos Valores da Narrativa Galega en 1985. En 2007 gañou o Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres polo seu espazo de opinión «Somos perigosamente normais», emitido semanalmente no Diario Cultural da Radio Galega durante o 2006. Actualmente traballa no Consello da Cultura Galega.

En 2007 recibiu o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF pola obra Así nacen as baleas, publicada por Editorial Galaxia.


Conversa coa autora

Anxos Sumai conversará cos lectores e coas lectoras de Así nacen as baleas o mércores 30 de xaneiro de 2008 ás 20.30 h no Café Valle Inclán de Carballo.


Anxos Sumai pola rede




Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: AUTORES/AS - Publicado o 10-01-2008 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal