literactúa


Séchu Sende
Séchu Sende

Séchu Sende (Padrón 1972) é activista social e cultural, dinamizador sociolingüístico, profesor de lingua e literatura galegas e autor de obras como Orixe (Premio Blanco Amor 2003) ou a de poemas Odiseas, e participante activo en diversos colectivos sociais, como Arredemo, Burla Negra, Area Negra, AS-PG, Nunca Máis, SOS Caurel etc.

Tamén foi cofundador da Cooperativa Tagen Ata de lingua e comunicación e do proxecto editorial Letras de Cal. Está licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa e exerce a súa actividade profesional no IES Marco de Camballón, de Vila de Cruces.

O seu artigo "Guía sexual da sociolingüística" foi galardoado co segundo premio no III Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2007.

O seu último libro é Made in Galiza (Editorial Galaxia, 2007) e, a raíz del, mantén o blog www.blogoteca.com/madeingaliza.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Comenta! Literactúa!
Nome:
Enderezo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal