literactúa


A Praza dos Libros mantén os bos niveis de venda e participación de edicións anteriores
Praza dos Libros 2010
  • O Concello de Carballo fai unha valoración positiva da Praza dos Libros 2010, pola que pasaron arredor de 10.000 persoas e na que houbo uns ingresos por venda de libros que superaron os 17.000 euros


  • Ao longo dos catro días de feira vendéronse nas sete librarías participantes arredor de 1.500 libros, dos cales uns 700 estaban editados en galego e uns 800 en castelán


  • Máis de 1.500 persoas participaron nas distintas actividades programadas


  • Os libros máis vendidos en galego foron Covalladas, de Xurxo Borrazás, e A intervención, de Teresa Moure, e en castelán El tiempo entre costuras, de María Dueñas, e Novedades, souvenirs, artículos de coña, de Rober Bodegas

[Carballo, 30 agosto de 2010]

O Concello de Carballo, desde a Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística, fai unha valoración positiva da Praza dos Libros, que tivo lugar desde o xoves 26 ao domingo 29 de agosto no Xardín Municipal da capital bergantiñá, e na que se mantiveron tanto os niveis de venda como os niveis de participación da edición de 2009 que, pola súa vez, incrementara o volume de vendas con respecto á edición de 2008.

Ao longo dos catro días de feira pasaron pola Praza dos Libros arredor de 10.000 persoas e unhas 1.500 persoas participaron nas case 20 actividades programadas, entre presentacións de libros, actos de sinatura por parte dos/as autores/as, actividades de animación, concertos, monicreques, maxia, etc.

Con respecto ao nivel de vendas, houbo uns ingresos por adquisición de libros que superaron os 17.000 euros. Esta cifra é a mesma que en 2009, e supera os 15.000 euros de ingresos da edición de 2008. Deste xeito, a media de ingresos de cada unha das sete librarías participantes foi de case 2.500 euros.

Deste xeito, vendéronse na Praza dos Libros arredor de 1.500 libros, dos cales arredor do 45% foron libros en galego e arredor do 55% libros en castelán. Os máis vendidos na lingua propia de Galicia foron Covalladas. Prosa vertical, do autor carballés Xurxo Borrazás, e A intervención, de Teresa Moure, ambos os dous libros presentados na feira. Os libros máis vendidos en castelán foron El tiempo entre costuras, de María Dueñas, e Novedades, souvenirs, artículos de coña, do carballés Rober Bodegas, que estivo asinando exemplares.

Os momentos de maior asistencia foron o xoves pola mañá, o venres pola tarde e, sobre todo, o domingo pola mañá, cando a Praza dos Libros coincidiu co Feirón de Verán e cando se desenvolveu con moito éxito unha vez máis a iniciativa “Un libro, un pan”, coa que cada persoa que comprou un libro foi agasallada cun dos 450 pans de Carballo que se repartiron.

Estas cifras son consideradas positivas tanto polo Concello como polas librarías participantes e consolidan a boa acollida da Praza dos Libros como unha referencia anual para a difusión do libro e da lectura.

INFO NOS MEDIOS

-La Costa da Morte despide agosto a ritmo de fiesta (La Voz, 31/8/2010)

-El Feirón de Verán reforzó el papel de Carballo como centro comarcal (La Voz, 30/8/2010)

-Arredor de 10.000 persoas pasaron polas casetas e participaron nas actividades da Praza dos Libros 2010 (Carballo.org)

-A regueifa pasou a páxina máis alegre da Praza dos Libros (La Voz, 29/8/2010)

-Libros para dar y tomar en Carballo (La Voz, 28/8/2010)

-Carballo escribiu a primeira páxina dunha nova edición da Praza dos Libros (La Voz, 27/8/2010)

-«En Carballo ofrécese un produto de primeiro nivel» (La Voz, 26/8/2010)

-La feria del libro de Carballo le toma la palabra al verano (La Voz, 19/8/2010)
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: VARIOS - Publicado o 31-08-2010 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Literactúa! Comentario(s)
1 Yo he estado en esta feria y que decir, siempre que he ido me he comprado algo o he conocido cosas#blgtk08# que desconocia, y es que no hay un sitio mejor para aprender que una feria de literatura! jejeje
Comentario feito por... Prestamos Personales (07-07-2011 20:01)
2 Esperemos que la edicion del 2012 sea tan buena com#blgtk08#o estas anteriores, porque hay ganas de visitarla!
Comentario feito por... Bolsa (17-01-2012 10:39)
3 Este post é impresionante. #blgtk08#Grazas e mantelo chegando.
Comentario feito por... Repliche Borse Italiane (31-01-2012 19:51)
Comenta! Literactúa!
Nome:
Enderezo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal