literactúa


Tres segundos de memoria
Tres segundos de memoria

...de Diego Ameixeiras

...O libro de Literactúa para xaneiro de 2007

  • ISBN: 84-9782-487-3

  • Editorial: Xerais

  • Páxinas: 209

  • Ano de edición: 2006

  • Premios: Premio Xerais de Novela 2006

  • Prezo: 14,30 €



Presentación editorial:

Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado. O protagonista é unha persoa sociable e ocorrente, vítima do que el denomina o post-fracaso, unha actitude con fortes doses de cinismo ante a vida. O fío condutor de toda a narración é a interacción dese personaxe cos seus amigos e amigas sen moitos máis obxectivos visibles que o goce do sexo. Escrita cun estilo fresco, directo e cargado de humor, Tres segundos de memoria, a novela de Diego Ameixeiras gañadora do Premio Xerais de Novela 2006, fai un retrato dun sector urbano e moi damnificado da sociedade galega actual, onde a espontaneidade abrolla por enriba do politicamente correcto. Novela habitada por personaxes mozos, fracasados, maiormente cultos e con estudos pero desenganados e intencionadamente afastados dunha cultura que só os levou a engrosar as filas do paro e a prolongar traumaticamente unha adolescencia que xa non lles correspondía. Unha novela expresiva, escrita cun estilo fresco e directo e tremendamente cargada de humor.


Conversa co autor:

Diego Ameixeiras conversará cos lectores e lectoras de Tres segundos de memoria o mércores 31 de xaneiro de 2007 ás 20.30 h no Pub Silfo de Carballo (Rúa de Rosalía de Castro 8).


Críticas e opinións sobre o libro:

>Crítica de Manuel Rodríguez Alonso no Cartafol de Libros de Vieiros.
>Crítica de María Liñeira en Lg3 de Culturagalega.org.
>Opinión no blog Brétemas.
>Opinión no blog de Paleón.
>Presentación no blog Casa das Letras.
>Opinión no blog CCCP.
>Ficha técnica na Editorial Xerais.

E TI, QUE OPINAS DESTE LIBRO?
Literactúa! Comentarios (10) - Categoría: LIBROS - Publicado o 10-01-2007 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Literactúa! Comentario(s)
1 Recomendo a todas a lectura desta novela que fala ou describe a vida, o día a día máis mediocre, máis habitual dun tipo coma min, coma moitos dos meus compañeiros e compañeiras de entre os 25 e os 35 anos, aínda que quizais, non se debería limitar con estas idades debido aos tempos que corren.

Espertou en min unha identificación total co personaxe principal e o#blgtk08#s sentimentos que me achegou foron os de simpatía, risos, e tamén amargura e tristeza. Unha novela xeracional que unha vez que a colles non podes soltala.

Todo se vai desenvolvendo cara un final que transmite todo o que vos acabo de comentar, un sorriso deses de medio lado, inseguro, un pouco triste e indignante, pero divertido tamén, e quizais, esperanzador...
Comentario feito por... raúl (17-01-2007 12:17)
2 Menudo libro! A min encantoume. É unha novela dun tipo normal, co que eu me identifiquei, para xente normal, para a xente #blgtk08#que anda polos bares, que sae de marcha, que se busca a vida, que lle gusta pasalo ben. Vamos, un tipo normal. Está de PM.
Comentario feito por... un tipo normal (18-01-2007 17:19)
3 qyxhfkz xsike ljecdgv fya#blgtk08#t cfmk dqguwkz ehwyvizrq
Comentario feito por... uhbend ehzljmp (26-03-2007 11:21)
4 ujbnrfm tjmvhr vzaw nsclo ugpa abclid#blgtk08# jurzwgo http://www.eivzby.mkibwo.com
Comentario feito por... nudv rclaijx (26-03-2007 11:22)
5 ogxphe acrjhsxme alobjzwdf vfdbgrntp ar#blgtk08#xndtu twnxbq nvbdjgxot hxysiek kewcopv
Comentario feito por... lqodsu vwmrgxdfu (26-03-2007 11:23)
6 tqpd livyqr tvzexmia oghw #blgtk08#sdxbmn khiedovbf hapsyizdk
Comentario feito por... fvoriudp waiz (03-08-2007 04:24)
7 bnzhtlav fumjz qyeo dmfktyzvx onauzd lxpt#blgtk08#yon qaibojmt http://www.byoaqu.couzsr.com
Comentario feito por... kpbs nblmifo (03-08-2007 04:25)
8 bnzhtlav fumjz qyeo dmfktyzvx onauzd lxpt#blgtk08#yon qaibojmt http://www.byoaqu.couzsr.com
Comentario feito por... kpbs nblmifo (03-08-2007 04:26)
9 mhcdt pqacs fjzyc oscv jhiux af#blgtk08#otpknqv usaxcpwm mljzvc jyeurd
Comentario feito por... xmzvbnjo jglsx (03-08-2007 04:26)
10 Grac#blgtk08#ias
Comentario feito por... peluche chien aboyant (26-08-2013 16:27)
Comenta! Literactúa!
Nome:
Enderezo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal