literactúa


Presentación de Literactúa
O Concello de Carballo, desde a Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística, adquire o compromiso de fomentar o libro e a lectura en galego. Para isto pon en marcha este novo proxecto, Literactúa, que nace coa vontade de estabilizar e darlle continuidade a ese fomento do libro e da lectura en galego e de englobar e tecer pontes entre outras propostas que xa se desenvolven desde o Concello, como poden ser, por exemplo, a Praza dos Libros, a Semana do Libro e a Lectura, Libros Ceibes, etc., e outras posíbeis organizadas por outras entidades nas que pode participar o Concello de Carballo.

Este programa nace cunha proposta concreta, mais coa vontade de ser aberto, dinámico e participativo, de ir incluíndo novas actividades, de ir adquirindo novos compromisos, de ir incrementando e diversificando as súas accións, de ir implicando ao maior número de persoas, entidades, colectivos, etc.

A proposta concreta consiste en:

  • Para cada trimestre proporase a lectura de tres libros, un por mes.

  • O último mércores de cada mes, o autor ou a autora do libro proposto virá a Carballo para participar nun acto de conversa cos seus lectores e lectoras nun estabelecemento hostaleiro da localidade.


O programa distribúese en tres trimestres:

  • Xaneiro, febreiro e marzo.

  • Abril, maio e xuño.

  • Setembro, outubro e novembro.


As propostas de libros daranse a coñecer por medio de marcapáxinas que se difundirán por todo o concello, especialmente nas librarías, bares e edificios municipais, e estes libros poderanse mercar nas librarías de Carballo colaboradoras co programa. Serán sempre obras de literatura galega actual.
Ademais, toda a información do programa estará sempre actualizada neste blog, www.carballo.org/literactua, onde se anunciarán e comentarán os libros propostos, onde se difundirán os actos cos autores e autoras, onde haberá información completa do programa, onde todas e todos poderedes comentar e opinar e desde onde se fará un seguimento actualizado de todas as accións que se desenvolvan.

Por todo isto, querémosche convidar a literactuar.

Colaboran con este programa:

  • Libraría Brañas (Gran Vía 79)

  • Libraría Teldy (Avda. de Bergantiños 53)

  • Libraría Trasgo (Rúa do Muíño 48)

  • Libraría Villar (Rúa do Caravel 13)

  • Café Colón (Rúa de Colón 7)

  • Café Taberna O’Patacón (Rúa de Ourense 19)

  • Café Valle Inclán (Rúa de Valle Inclán 32)

  • Cervexaría Dublín (Rúa do Fomento 25)

  • Cervexaría San Xoán (Rúa de Ourense 8-10)

  • Pub Silfo (Rúa de Rosalía de Castro 8)

  • Biblioteca Municipal de Carballo

  • Servizo de Normalización Lingüística


Para propostas e máis información:
981 704 304
normalizador[arroba]carballo.org

Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística
Concello de Carballo
Literactúa! Comentarios (4) - Categoría: VARIOS - Publicado o 10-01-2007 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Literactúa! Comentario(s)
1 O proxecto ten moi boa pinta e parece moi atractivo, sobre todo pola implicación de bares, pubs, cafetaría#blgtk08#s e librarías.
Pode ser unha maneira boa de promocionar o libro e a lectura dun xeito atractivo ;-)
Comentario feito por... Marga (15-01-2007 14:31)
2 great c#blgtk08#ontent
Comentario feito por... Sexy Jewelry (28-02-2013 03:11)
3 Grac#blgtk08#ias
Comentario feito por... peluche caniche blanc (26-08-2013 16:30)
4 Todavía estoy aprendiendo de ti, pero también estoy llegando a la cima. Ciertamente me gus#blgtk08#tó leer todo lo que está escrito en tu blog. Mantenga la información llegando. ¡Me gustó!
Comentario feito por... here (22-02-2018 09:51)
Comenta! Literactúa!
Nome:
Enderezo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal