|
|
|
Toda unha semana dedicada ao libro e á lectura en Carballo e centrada no tema do amor |
|
Entre os días 24 e 29 de maio Carballo ten unha cita moi especial cos libros e coa lectura. Porque durante estes seis días o Pazo da Cultura acolle a cuarta edición da Semana do Libro e a Lectura, actividade organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e promovida polo Concello de Carballo coa colaboración de Caixanova.
Trátase dunha semana repleta de actividades dedicadas a promover a lectura e a entre os/as escolares, os/as profesores/as, as nais e os pais e o público en xeral. A Semana do Libro e a Lectura ten como eixo temático o amor. Arredor deste tema desenvólvense no Pazo da Cultura actividades participativas con carácter formativo e lúdico nas que os nenos e as nenas xogan un papel moi activo.
As actividades inclúen obradoiros destinados ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e secundaria de Carballo que abranguen aspectos moi diversos. Desenvólvense en horario de mañá no segundo andar do Pazo da Cultura, decorado con temática amorosa e repleto de libros de literatura infantil cedidos por diferentes editoriais; así coma por material achegado polos centros educativos e elaborado polos/as propios/as alumnos/as. Estes tres eixes integran esta exposición permanente durante a semana.
Outra parte do programa está dirixida ao profesorado, co obxectivo de proporcionar estratexias para fomentar entre o seu alumnado o gusto pola lectura. Tamén as familias poden participar en diferentes actividades.
O programa da Semanas do Libro e a Lectura complétanse con actividades abertas ao público xeral e que se desenvolverán habitualmente en horario de tarde. A inauguración deste semana –o domingo 24 de maio ás 12.30 horas– correu a cargo do mago Martín Camiña e do alumnado do CEIP Bergantiños, coa posta en escena dunha regueira, e do IES Parga Pondal, cunha actuación musical e a interpretación da peza teatral Cinco mulleres con Mario.
Ademais, todos os días hai contacontos abertos ao público a partir das 18.30 horas:
-Luns 25: Marisa Irimia
-Martes 26: Servando Barreiro
-Mércores 27: Raquel Queizás (Queliña)
-Xoves 28: Celso Fernández Sanmartín
-Venres 29: Caxoto Contacontos
- Exposicións: libros cedidos por editoriais, ilustradores e ilustradoras (Iván Prieto, OQO, Xaquín Marín), homenaxe a Fina Casalderrey, etc.
- Encontros co alumnado: Marisa Irimia, Escola de Tempo Libre Paspallás, Serxio Cobos, Oscar Villán, CasaHamlet, Celso F. Sanmartín, Fran Bueno, David Otero, Chus Álvarez, Caxoto, etc.
- Para o profesorado: escrita, música e danza, banda deseñada, amor, expresión teatral, etc.
A semana fecharase coa entrega do V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009 e cun espectáculo poético multimedia de Yolanda Castaño, o venres 29, ás 21.00 h, no auditorio do Pazo da Cultura.
A programación completa pódese consultar, en .pdf, aquí.
|
|
|
|
12 Literactúa! Comentario(s) |
|
|
|
2 |
Arredor deste tema desenvólvense no Pazo da Cultura actividades participativas con #blgtk08#carácter formativo e lúdico nas que os nenos e as nenas xogan un papel moi activo. |
|
|
Comentario feito por... essay writing service us (12-06-2013 09:03) |
|
|
|
|
4 |
Hola a todos, es mi primera visita a este sitio web, este sitio web const#blgtk08#a de material impresionante y realmente bueno en apoyo de los visitantes. |
|
|
Comentario feito por... Argentina (16-06-2017 10:03) |
|
|
5 |
Outra parte do programa está dirixida ao profesorado, co obxectivo de proporc#blgtk08#ionar estratexias para fomentar entre o seu alumnado o gusto pola lectura.... |
|
|
Comentario feito por... fireboy and watergirl (01-12-2018 08:52) |
|
|
6 |
El blog o lo mejor que es extremadamente útil para mantener puedo compartir las ideas del futuro ya #blgtk08#que esto es realmente lo que estaba buscando, estoy muy cómodo y complacido de venir aquí. ¡Gracias! |
|
|
Comentario feito por... ici (25-01-2019 13:43) |
|
|
7 |
Gracias ah sido muy u#blgtk08#til para los niños.. |
|
|
Comentario feito por... juega aqui (24-07-2019 18:45) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
12 |
Merci pour l'information util#blgtk08#e! Je l'ai aidé vos conseils! |
|
|
Comentario feito por... 192.168.l00.1 (04-12-2019 13:05) |
|
|
Comenta! Literactúa! |
|
|