literactúa


V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009
V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración con dez medios de comunicación escrita, convoca por quinto ano consecutivo o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o uso do galego na prensa escrita.

Ao certame pódense presentar artigos xornalísticos inéditos de opinión que traten algún tema concreto relacionado coa defensa e promoción da lingua galega, co seu estatus, co argumentario en defensa do uso do galego, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, con experiencias sociolingüísticas concretas, con accións de impulso ao uso social do galego, con experiencias útiles ou favorábeis para a dinamización da lingua, coa política lingüística, etc. Os artigos deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos (entre 400 e 550 palabras, aproximadamente). O prazo de admisión estará aberto até o 8 de maio.

Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1.200 euros, ademais da publicación nos dez medios colaboradores coa iniciativa: A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos, Vieiros e Xornal de Galicia.

Nas catro edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa e Xesús Fraga.

As bases completas poden descargarse aquí [.pdf. 1,16 MB]
Literactúa! Comentarios (7) - Categoría: VARIOS - Publicado o 20-04-2009 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Literactúa! Comentario(s)
1 O tempo gasto aquí, é real#blgtk08#mente un tempo ben gasto.
Comentario feito por... Gucci (08-02-2012 12:24)
2 Better to light one candle t#blgtk08#han to curse the darkness.
Comentario feito por... Lebron Shoes 2012 (10-08-2012 03:31)
3 Looks like a beautiful (and tiresome) run. #blgtk08#Well done! Tempted by your ice cream, too.
Comentario feito por... Asics Tiger (21-08-2012 04:00)
4 Most of the time, your pain in his heart, your#blgtk08# happiness but in other people's eyes!
Comentario feito por... cheap air yeezy 2 (24-08-2012 09:55)
5 Love is photogenic. It needs #blgtk08#darkness to develop.
Comentario feito por... Asics Tiger (07-09-2012 12:06)
6 Grac#blgtk08#ias
Comentario feito por... peluche éléphant (26-08-2013 14:36)
7 Esta es una reseña informativa. Estoy tan contento de conseguir este artículo del poste y la información agradable. Estaba de#blgtk08#seando recibir un post que nos sea muy útil. Un gran agradecimiento por publicar este artículo en este sitio web. Seguid así.
Comentario feito por... Dominicana (30-05-2017 08:29)
Comenta! Literactúa!
Nome:
Enderezo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal