literactúa


Suspéndese a conversa de Literactúa do mes de maio
Por motivo dunha pequena intervención cirúrxica de última hora, o autor convidado no mes de maio non poderá participar na conversa. Xosé María Álvarez Cáccamo sufriu unha súpeta apendicite da que xa foi operado satisfactoriamente en Barcelona e da que xa se recupera sen problemas, mais que obriga a suspender a conversa que estaba prevista con el en Carballo o próximo mércores 28 de maio.

A Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Carballo deséxalle ao autor unha pronta e boa recuperación.

Xosé María Álvarez Cáccamo naceu en Vigo en 1950. Estudou Filoloxía Románica na USC e dende 1973 exerceu de profesor de Literatura en varios institutos de Galiza. Destaca como poeta, aínda que tamén publicou relatos breves, algunha peza teatral e textos para o público infantil. Como ensaísta centrouse na poesía galega da segunda metade do século XX, con estudos como Vida de Antón Avilés de Taramancos. A comezos do 2006 publica as súas memoria baixo o título de Memoria de poeta. Da súa obra lírica destacan os poemarios Luminoso lugar de abatimento, Premio Esquío 1986, e Calendario perpetuo, Premio da Crítica de Galiza 1998. Formou parte dos consellos de redacción dos suplementos Galicia Literaria de Diario 16 e Faro das Letras de Faro de Vigo. Foi membro do Foro da Cultura e na actualidade forma parte do consello de redacción da revista Grial e do colectivo Burla Negra.

Xosé María Álvarez Cáccamo é fillo de Xosé María Álvarez Blázquez, autor homenaxeado este ano 2008 no Día das Letras Galegas.


Vento de sal (poesía) [Galaxia]

Diálogo de dúas voces en contraste, Vento de sal parte da procura da memoria íntima para se achegar, desde os instantes fundacionais do tempo pasado, ao presente dos acontecementos históricos colectivos. Xosé María Álvarez Cáccamo realiza o tránsito entre os textos de verbalización elíptica e crebada, en suxestión de ámbitos oníricos, e unha modulación de vontade épica, de proxección social e de denuncia. Unha nova inflexión da súa poética, que constata agora a imposibilidade de trazar a paisaxe da permanencia, co perenne contrapunto da transcendencia outorgada polos outros.

O libro proposto en Literactúa para o mes de xuño O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz (estará o 18 de xuño no Pub Silfo).
Literactúa! Comentarios (11) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 23-05-2008 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Literactúa! Comentario(s)
1
Beggars ca#blgtk08#nnot be choosers.
Comentario feito por... Asics Tiger (24-10-2012 06:05)
2 dsgsadf sgdas #blgtk08#gdfas ds afsda
Comentario feito por... Christmas Costumes (30-10-2012 09:44)
3 Da súa obra lírica destacan os poemarios Luminoso lugar de abatimento, Premio Esquío 1986, e Calendario perpetuo, Premio da Crítica de Galiza 1998. Formou parte dos consellos de redacción dos supleme#blgtk08#ntos Galicia Literaria de Diario 16 e Faro das Letras de Faro de Vigo. Foi membro do Foro da Cultura e na actualidade forma parte do consello de redacción da revista Grial e do colectivo Burla Negra.
Comentario feito por... essays (21-05-2013 09:54)
4 Foi membro do Foro da Cultura e na actualidade forma parte do co#blgtk08#nsello de redacción da revista Grial e do colectivo Burla Negra.
Comentario feito por... linear programming help (21-05-2013 12:44)
5 Foi membro do Foro da Cultura e na actualidade forma parte do co#blgtk08#nsello de redacción da revista Grial e do colectivo Burla Negra.
Comentario feito por... essay helper uk (12-06-2013 07:53)
6 Grac#blgtk08#ias
Comentario feito por... peluche lion (26-08-2013 14:41)
7 Foi membro do Foro da Cultura e na actualidade forma parte do co#blgtk08#nsello de redacción da revista Grial e do colectivo Burla Negra.
Comentario feito por... fnaf (14-08-2018 05:02)
8 Tradition provides the various fine and important experiences that advantage each the person an#blgtk08#d the institution. Lifestyle turned into created earlier than our social-clinical exploration.
Comentario feito por... College Assignment Help (15-01-2019 07:33)
9 Culture is a easy questions to reply if you reflect on consideration on your own #blgtk08#life. In the American way of life when you are born you're so lovely and cuddly.
Comentario feito por... Help with Assignment Writing (15-01-2019 13:23)
10 Culture is integrated pattern of human knowledge, belief, and beh#blgtk08#avior that is both a result of an integral to the human capacity.
Comentario feito por... Help with Assignment (15-01-2019 13:25)
11 Literature attempted to move from the bond of Realist liter#blgtk08#ature and to commence concept such as disorderly timelines.
Comentario feito por... UK Assignment (01-04-2019 13:55)
Comenta! Literactúa!
Nome:
Enderezo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal