literactúa


O Concello de Carballo convoca o IV Premio a artigos xornalísticos normalizadores en colaboración con nove medios

-Outórgase un primeiro premio de 1.000 euros e un segundo de 350, ademais da publicación dos dous artigos gañadores en nove xornais

-Co premio colaboran nove medios de comunicación escritos


O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística, convoca por cuarto ano consecutivo o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o uso da nosa lingua na prensa escrita.

O certame recompensa a redacción de artigos xornalísticos inéditos de opinión que traten sobre algún tema concreto relacionado coa defensa e promoción da lingua galega, co seu estatus, con propostas ou análises sobre o proceso de normalización lingüística, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, con experiencias sociolingüísticas concretas, con accións de impulso ao uso social do galego, con experiencias útiles ou favorábeis para a dinamización da lingua, coa política lingüística, etc. Os artigos presentados deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos e o prazo de admisión estará aberto até o 18 de abril.

Outorgaranse dous premios económicos, un primeiro de 1.000 euros e un segundo de 350 euros. Ademais, os dous artigos gañadores serán publicados nos nove medios de comunicación escrita colaboradores, que son: A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos e Vieiros.

Nas tres edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños e Séchu Sende.

As bases completas do premio poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo (www.carballo.org). Tamén se pode obter máis información no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico normalizador@carballo.org.
BASES DO IV PREMIO A ARTIGOS XORNALÍSTICOS NORMALIZADORES CONCELLO DE CARBALLO 2008 (en .pdf)
Literactúa! Comentarios (6) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 07-04-2008 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Literactúa! Comentario(s)
1 Está facendo un gran traballo aquí, poñendo-se esta#blgtk08#s mensaxes excesivamente longas. Manteña a benvida.
Comentario feito por... vuitton sacs (08-02-2012 12:13)
2 Só quero che dicir que eu aprecio o #blgtk08#bo traballo que está facendo aquí.
Comentario feito por... montres pas cheres (12-02-2012 01:32)
3 Grac#blgtk08#ias
Comentario feito por... peluche koala (26-08-2013 14:45)
4 Es, de hecho, una gran y útil pieza de información. Me alegro de que simplemente compartas esta úti#blgtk08#l información con nosotros. Por favor, manténganos informados de ésta forma. Gracias por compartir.
Comentario feito por... El Salvador (03-06-2017 11:27)
5 Crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do i#blgtk08#dioma galego e promover o uso da nosa lingua na prensa escrita.
Comentario feito por... tank trouble (01-12-2018 08:54)
6 Estoy realmente impresionado con sus habilidades de escritura, así como con el diseño en su weblog. ¿Es este un te#blgtk08#ma pagado o lo personalizó usted mismo? De cualquier manera mantén la excelente calidad de la escritura. Gracias!
Comentario feito por... here (25-01-2019 13:39)
Comenta! Literactúa!
Nome:
Enderezo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal