literactúa


Lendo espero!
Lendo Espero! é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia coa que colabora o Concello de Carballo e que pretende facer das esperas nos centros de saúde un tempo para poder achegarse á lectura.

Nas salas de espera de pediatría xúntanse cada día gran cantidade de pais/nais e nenos/as que se ven obrigados a compartir momentos de agarda.

Por esta razón, preténdese converter ese tempo nunha oportunidade para achegarse á lectura. Os centros de saúde poden ser lugares tan axeitados como a casa, o colexio, a biblioteca ou tantos outros para compartir unha lectura breve. Ademais de facer máis levadeira a espera, esta iniciativa permitirá introducir os libros na vida dos nenos e das nenas como forma de entretemento.

Por outra banda, búscase aproveitar o encontro de pais/nais e fillos/as para ler e demostrarlles aos pais e ás nais a importancia da lectura como unha forma de distracción e a riqueza que encerra.

Por estas razóns, desde agora, os cativos e cativas que teñan que pasar polo Centro de Saúde de Carballo (Avda. do Ambulatorio s/n), poden entreterse na sala de espera de Pediatría lendo algún libro en galego.

As nenas e os nenos poden coller alí os libros libremente para utilizar mentres estean no centro de saúde...

E cómpre lembrar que tanto na Biblioteca Municipal como na Ludoteca-Biblioteca Infantil de Carballo hai moitos máis!
Literactúa! Comentarios (5) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 13-03-2008 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Literactúa! Comentario(s)
1 Curioso!, nós tamén temos no cole un punto de lectura para pais/nais que se chama "Lendo espero" coa prensa diaria e agúns libros e revistas. Por suposto #blgtk08#non está tan ben montadiño, fáltanos un expositor tan chulo como o que aparece na foto... Podedes ver unha foto na FOTOGALERÍA, no apartado da Biblioteca
Comentario feito por... MIK (13-03-2008 18:10)
2 manter o bo traballo. #blgtk08#Este é un gran post.
Comentario feito por... mens watches on sale (14-02-2012 23:36)
3
Life was like a box of chocolates,y#blgtk08#ou never know what you're gonna get.
Comentario feito por... Onitsuka Tiger (14-10-2012 04:55)
4 Fanta#blgtk08#stic
Comentario feito por... fashion Bracelet (03-07-2013 10:11)
5 excel#blgtk08#lent
Comentario feito por... peluche chouette (26-08-2013 14:48)
Comenta! Literactúa!
Nome:
Enderezo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal