|
|
|
Nós podemos facer da sociedade o que queiramos que sexa. Conversa con Séchu Sende |
|

Neste mes de setembro propúxose en Literactúa a lectura de algo máis que un libro. Propúxose toda unha ferramenta transformadora da sociedade. Unha ferramenta non só para ler, senón tamén para utilizar, recomendar, agasallar, propor, converter, rir, convencer, opinar, gozar, participar, comentar, comunicar... E iso notouse na conversa con Séchu Sende, o autor de Made in Galiza, na Taberna Café O?Patacón, que estivo abarrotado de xente con moitas ganas de participar, de opinar e preguntar sobre o libro e de reflexionar sobre o conflito lingüístico no noso país.
Porque Séchu é autor, escritor, si. Mais Séchu é, ademais, un auténtico activista e dinamizador social. Si, sobre todo iso. Unha desas persoas que estea onde estea, pase o que pase, alí está el argallando algo. Nunha vila, nun instituto, na comunidade de veciñas e veciños, etc. Non para: Letras da Cal, Burla Negra, Nunca Máis, Area Negra, Arredemo, Tagen Ata, SOS Caurel... E así anda o Séchu, entre o instituto, a dinamización sociolingüística, o activismo social, a literatura, a cultura, etc.
E, aínda por riba, escribe. E como escribe! E que escribe! Primeiro impresionounos cos poemas de Odiseas, logo coa incitación político-social, a magnífica historia de historias políticas e poéticas que é a novela Orixe, despois unha chea de textos soltos como a «Guía sexual da sociolingüística» ou o «Manifesto publicitario da língua», e agora con todos estes relatos Made in Galiza sobre os que se falou no Patacón.
Séchu nas súas obras dinos claramente que «nós podemos facer da sociedade o que queiramos que sexa». Dinos, dun ou doutro xeito, que debemos facer nosa e fortalecer a máis poderosa proclama anticolonizadora, que é unha frase súa: «Eu nunca serei yo».
Séchu agasállanos a todas e a todos con estes textos de Made in Galiza que seguro que son ben útiles para que as e os profes poidan usar nas aulas, para que os animadores e as animadoras sociolingüísticos/as desenvolvan con eles unha chea de actividades, para empregar por parte da xente que traballa pola lingua, para facer reflexionar a nenas e a nenos e tamén a maiores.
Se temos un amigo que non se atreve, que lle dá corte, que lle soa mal o galego, podemos agasallalo con Made in Galiza. Se somos profes de galego, podemos ler na aula co alumnado Made in Galiza. Se hai un papá ou mamá que fala galego pero que á filla ou fillo lle fala castelán, podemos agasallalo/a con Made in Galiza. Se a médica, o señor do banco, ou o señor ou señora de atención ao público dunha administración non nos quere atender na nosa lingua, podemos agasallalo/a con Made in Galiza.
Son relatos, mais non só relatos; a maioría centrados na lingua, pero hai máis que lingua... O manual de Instrucciones para empezar a hablar gallego... A nena dun ano e poucos días que se prepara para botarse a falar, que escoita, e que non acaba de entender que é o que acontece... O país no que un ladrón vai roubando palabras... As historias contadas nas Antípodas de T. Lijó e B. Regueira en Radio Fusión... O diálogo entre as letras ñ e nh... O home que recupera a súa lingua na oficina de obxectos perdidos... A historia de Verba, a empresa que comercializa un idioma... A súa historia de cando fixo ouigha co espírito de Castelao... O método de autohipnose para aprender galego... O estudo sociolingüístico da mocidade baixo os efectos das drogas... O conflito sociolingüístico en Madrith...
Cando se fala da lingua, do conflito lingüístico en Galiza e dos dereitos lingüísticos, estamos moi acostumados a ver señores e señoras formais, con caras enfadadas (e con razón!) e dicindo cousas moi serias. Pois, normal, o da lingua évos un asunto moi serio... Mais, cómpre ter en conta que unha das mellores maneiras de enfrontármonos aos asuntos máis serios é con humor. E o Séchu, seguramente consciente, reivindica, procura e consegue introducir unha maior presenza do discurso máis lúdico e humorístico no conflito lingüístico no noso país.
E así transcorreu a conversa con Séchu Sende no Patacón, na que o autor falou de todo isto, e na que, a partir das súas anécdotas e das historias que contou, provocou un longo debate sobre o libro, sobre o conflito lingüístico, o amor á lingua, os dereitos lingüísticos, a comunicación, a normalización e a promoción do noso idioma.
Podes ver as FOTOS AQUÍ.
|
|
|
|
30 Literactúa! Comentario(s) |
|
1 |
parabéns do#blgtk08#utra volta |
|
|
Comentario feito por... alberte (27-09-2007 13:40) |
|
|
2 |
un bo resumo do que é, do que pode chegar a ser, do que significa e do que pode chegar a significar este libro. Xa ocupa un lugar preferente no meu andel, e agardo a que o meu#blgtk08# sobriño e a miña afillada teñan a idade suficiente para ler, ou antes diso para comprender o mundo que os rodea, para tamén ocupe un lugar preferente no seu.
un saúdo |
|
|
Comentario feito por... alberte (27-09-2007 13:44) |
|
|
3 |
...E, ademais, recomendounos a lectura de "O home inédito", de Carlos G. Meixide, un libro fresco e distinto. "...un libro escrito por u#blgtk08#n autor que recita os concellos galegos por orde alfabética e que xa está ensaiando os número do 1 ao 100 tamén por orde alfabética" ;-) |
|
|
Comentario feito por... Literactúa (28-09-2007 13:50) |
|
|
4 |
Este é realmente un post sorprendent#blgtk08#e e notable que realmente amo tanto |
|
|
Comentario feito por... borse miu miu (18-02-2012 13:03) |
|
|
5 |
parabéns para a persoa que poñer es#blgtk08#te post en conxunto. Isto é óptimo. |
|
|
Comentario feito por... replica watches (21-02-2012 08:51) |
|
|
6 |
agora con todos estes relatos Made in G#blgtk08#aliza sobre os que se falou no Patacón. |
|
|
Comentario feito por... essay writing help (16-05-2013 20:38) |
|
|
7 |
que debemos facer nosa e fortalecer a máis poderosa proclama anti#blgtk08#colonizadora, que é unha frase súa: «Eu nunca serei yo».
|
|
|
Comentario feito por... write my application essay (17-05-2013 11:41) |
|
|
|
|
9 |
Entertainment always takes a special place in the whole app world. Here is another app mean#blgtk08#t for entertainment called ?Popcorn Time? which is unique among all the other related apps. |
|
|
Comentario feito por... best photo editing apps (27-01-2017 12:52) |
|
|
10 |
This makes soundcloud unique and over the years, it is a trusted source of cre#blgtk08#dibility where the music never stops and you have no restrictions, whatsoever. |
|
|
Comentario feito por... soundcloud 2 mp3 (01-03-2017 15:44) |
|
|
11 |
Play store update: Allowing its users to download apps is just one of the tasks of play #blgtk08#store but not the only task. Updating is one of the main functions of play store
|
|
|
Comentario feito por... play store update (17-04-2017 15:10) |
|
|
12 |
Un artículo increíble que usted escribe, muy muy interesante e informativo. Espero que siga esc#blgtk08#ribiendo artículos tan buenos como este, así que gané un amplio conocimiento. ¡Muchas gracias! |
|
|
Comentario feito por... Espanol (25-05-2017 09:33) |
|
|
13 |
Muy interesante blog. Muchos blogs que veo estos días realmente no ofrecen nada que me inte#blgtk08#resa, pero estoy muy interesado en este. Sólo pensé que iba a publicar y le permiten saber. |
|
|
Comentario feito por... Chile (27-05-2017 22:33) |
|
|
14 |
black mart Blackmart Download is the best application and the best alternative for Goog#blgtk08#le play store. Here, we are going to introduce an application called Blackmart APK Download |
|
|
Comentario feito por... black mart (13-06-2017 12:38) |
|
|
|
|
16 |
Comportamento de enfrontamento defínese como a actividade do individuo, destinado a restaurar e manter o equilibrio entre as demandas do contorno externo e os recursos dispoñibles para atender a estes requisitos. Esta definición inclúe o concepto de enfrontamento e como as propiedades do individuo, e como un medio de protección psicolóxica, como un proceso dinámico desta actividade supón en si e certas formas de responder, emerxendo do individuo no proceso de socialización, e certa protección psicolóxica. Desde situacións de#blgtk08# estrés e de crise seguir a persoa desde o nacemento ata a fin da vida e comportamento tratar como unha actividade debe ser socialmente condicionada e é inseparable da contorna do individuo no proceso de socialización. Isto tamén foi escrito por A.N. Leontiev: "A actividade humana non pode ser considerado como a retirada das relacións sociais da sociedade ... a actividade de cada individuo depende do seu lugar na sociedade, as condicións, caendo sobre a súa parte, e como se desenvolve en circunstancias individuais únicas" . |
|
|
Comentario feito por... Juegos Friv (28-02-2018 18:21) |
|
|
17 |
Seguindo a lóxica do achegamento dinámico ao comportamento de enfrontamento, a combinación das tres estratexias pode considerarse como a máis efectiva. Isto débese ás diferentes situacións, á diferenza no seu impacto en cada individuo e á diferenza no estado dos seus recursos empresariales nun momento determinado na situación de crise real. Nun caso, esta ou#blgtk08# aquela estratexia será efectiva e, noutro caso, ao contrario, pode causar danos. Non obstante, hai unha serie de factores psicosociais que contribúen á adaptación a situacións complexas, relativamente independentes das características das situacións reais. Estas son as características individuais do individuo e as propiedades do seu contorno social.
|
|
|
Comentario feito por... Friv (28-02-2018 18:30) |
|
|
18 |
Así, unha persoa con un neno baixo a influencia do ambiente social pode, -teriorizirovat tanto estratexias de enfrontamento adaptativo e maladaptive e só se hai recursos internos suficientes dunha forma máis adulta é capaz de recoñecer e cambia-las. Nesa lóxica, podemos trazar a formación de estratexias de enfrontamento de comportamento ad#blgtk08#ictivo como un ambiente social. Por exemplo, o uso de alcohol - como unha forma de relaxarse, aliviar o estrés, levantar o seu humor. Aínda experimentos demostraron que o alcol en si non é capaz de mellorar o humor, lendas sobre as súas propiedades milagrosas son transmitidos de xeración en xeración durante séculos e hai ata hoxe.
|
|
|
Comentario feito por... Kizi (28-02-2018 18:31) |
|
|
19 |
Os mundos dos xogos de ordenador en liña, como posuír un conxunto de características sociais, tamén poden contribuír a unha certa autoconceencia dos xogadores. O anonimato da persoa na rede garante un grao de seguridade suficiente e, polo tanto, a posibilidade dunha divulgación máis ampla da personalidade e da socialidade das comunidades virtuais permítelles realizar todo o conxunto de necesidades humanas asociadas. A necesidade de pertenza, respecto, amor, recoñecemento é algo que moitas veces é moi difícil de realizar no mundo real. Pero sen iso, a existencia de personalidade é imposible. Aquí hai que sinalar que os grupos #blgtk08#de xogadores dun proxecto particular de xogo moitas veces fórmanse de forma voluntaria e forzada. É dicir, a interacción do grupo provén da historia e da mecánica do xogo, polo tanto, os xogadores están obrigados a unirse nas comunidades para poder dominar completamente o contido do xogo. Deste xeito, é importante destacar esta especificidade como un posible compoñente do vector obxecto-obxecto da relación xogador-xogo. O xogo non consegue tirar o xogador como outra persoa, pero nun estado de aceptación incondicional. Para saír dunha relación tan adicto-obxecto para a adicción, a vontade dun adicto sempre é necesaria.
|
|
|
Comentario feito por... Y8 (28-02-2018 18:32) |
|
|
20 |
Así, as posicións presentadas dos distintos investigadores suxiren que o vicio de Internet en xeral, e dependencia de xogos online de ordenador, en particular, entre outros requisitos para a formación ten a súa base determinados dispositivos específicos da propia sociedade moderna, o que contribúe á manifestación do fenómeno escapismo como un protector estratexia de comportamento -sovladayuschey. En canto ao impacto da#blgtk08# actividade en Internet sobre a psique e conciencia do home, é certamente alí, pero para determinar a súa natureza ata o momento non é posible. A era das tecnoloxías da información, como xa a era da escrita, é a era da impresión, por suposto, vai cambiar o individuo ea sociedade, é inevitable. Pero agora, máis importante considerar algúns aspectos do comportamento dos xogadores identificados a través de busca empírica. |
|
|
Comentario feito por... Y8 Games (28-02-2018 18:33) |
|
|
21 |
https://shareitdownloading.xyz/sharei#blgtk08#t-apk-download/
nice article. |
|
|
Comentario feito por... shareit apk downlod (18-04-2018 11:28) |
|
|
|
|
|
|
|
|
25 |
Any way I'll be subscribing to your feed and I#blgtk08# hope you post again soon. http://vex3game.com |
|
|
Comentario feito por... Vex 3 Game (24-10-2018 03:23) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
30 |
un bo resumo do que é, do que pode chegar a ser, do que significa e do que pode chegar a sig#blgtk08#nificar este libro. Xa ocupa un lugar preferente no meu andel
http://www.1friv.info/ |
|
|
Comentario feito por... friv (19-02-2020 14:51) |
|
|
Comenta! Literactúa! |
|
|
|
|
|
|