|
|
|
María Reimóndez |
|

...a autora do libro proposto por Literactúa para xuño de 2007, O club da calceta.
María Reimóndez Meilán naceu en Lugo en 1975 e é tradutora e intéprete de profesión e feminista por convicción. O seu primeiro libro publicado é Moda Galega (Positivas, 2002) e no ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo con O Caderno de Bitácora (Positivas 2004). En 2005 foi finalista do Premio Merlín coa súa novela xuvenil Usha e finalista do Premio Xerais con O club da calceta, que xa vai pola súa 2.º edición. Tamén colaborou con O son das buguinas, un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento.
Leva escribindo desde que tiña 6 anos, recibiu premios durante a súa mocidade (Rúa Nova, Minerva), é autora de varias obras de teatro e participou en múltiples recitais poéticos. Tamén colaborou con artigos de opinión en A Nosa Terra e en Vieiros. Forma parte do grupo de investigación Feminario de Investigación: Feminismos e Resistencias (Teorías e Prácticas) da Universidade de Vigo.
María Reimóndez leva traballando en cooperación desde o ano 1994, cando realiza a súa primeira visita a un proxecto de desenvolvemento na India. Despois de novas visitas, principalmente de formación e participación en diversos proxectos, todos na India, funda Implicad@s no Desenvolvemento, que leva traballando na India desde o ano 1998 e desde 2003 en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurábel. É experta en enfoque de xénero na planificación e avaliación de proxectos de diversa índole, sobre todo de desenvolvemento integral tanto en zonas urbanas como rurais.
María Reimóndez é tamén fundadora da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI).
Conversa coa autora:
María Reimóndez conversará cos lectores e lectoras de O club da calceta o mércores 27 de xuño, ás 20.30 h, no CAFÉ VALLE INCLÁN (Rúa de Valle Inclán 32).
A autora será presentada por Fina Bastón, da Marcha Mundial das Mulleres.
María Reimóndez pola rede:
> Ficha en Xerais.
> O blog de Implicad@s no Desenvolvemento.
> Ficha na Biblioteca Virtual Galega.
> Ficha en Lg3 de Culturagalega.org.
> En +Internet, +Galego, + Futuro.
> María Reimóndez estivo no noso club de lectura, no blog da Biblioteca do IES Auga da Laxe de Gondomar.
> A escritora María Reimóndez actúa coa súa ONG en India e Etiopía, reportaxe en El País.
> GENTE QUE CAMBIA EL MUNDO: Con mujeres de India y Etiopía, reportaxe en La Voz de Galicia.
> Os seus artigos en Vieiros.
> Os favoritos de... María Reimóndez. En Culturagalega.org. |
|
|
|
8 Literactúa! Comentario(s) |
|
1 |
Parabéns por todo #blgtk08#o que fas, María! |
|
|
Comentario feito por... U! (23-06-2007 17:24) |
|
|
2 |
ola¡¡ queriamos decirche que o teu#blgtk08# libro e moi orixinal bikos weapa |
|
|
Comentario feito por... .colexio palas de rei (02-04-2008 14:15) |
|
|
3 |
Esto es realmente increíble y un puesto notable Realmente#blgtk08# me gusta esta, gracias por compartirlo maravillosa pieza |
|
|
Comentario feito por... copy watches (17-02-2012 06:51) |
|
|
4 |
It becomes small as one s#blgtk08#ong, as one kiss of the eternal. |
|
|
Comentario feito por... Asics Tiger (10-08-2012 03:41) |
|
|
|
|
|
|
7 |
A man may lead a horse to the wat#blgtk08#er, but he cannot make it drink. |
|
|
Comentario feito por... Onitsuka Tiger (14-10-2012 05:06) |
|
|
8 |
Moitas grazas pola repartición, eu #blgtk08#absolutamente van atrás dos libros. |
|
|
Comentario feito por... replica bags (18-02-2014 04:12) |
|
|
Comenta! Literactúa! |
|
|
|
|
|
|