|
|
|
Miguel Mosquera Fociños e Séchu Sende gañan a terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo |
|
Miguel Mosquera Fociños e Séchu Sende gañan a terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo
- O xurado tamén quixo recoñecer cun accésit un artigo de Xabier Cid
- «Obreiras, tolos, escolares, poetas. A lingua galega nas cidades», de Miguel Mosquera Fociños, é o título do primeiro premio
- «Guía da sociolingüística sexual», de Séchu Sende, é o título do segundo premio
O xurado da terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores reuniuse para decidir os artigos gañadores deste certame, ao que se presentaron 33 traballos de todas as partes do país e incluso de fóra, e decidiu concederlle o primeiro premio, dotado con 1.000 euros e a publicación do artigo en A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Tempos Novos e Vieiros, a un artigo titulado «Obreiras, tolos, escolares, poetas. A lingua galega nas cidades», de Miguel Mosquera Fociños (Lalín, 1982), licenciado en Filoloxía Románica e Galega, estudante de terceiro ciclo da USC, bolseiro do Departamento de Lingua do Concello de Santiago e membro do grupo de rock galego de serie B Ataque Escampe.

O seu artigo analiza a necesidade de que haxa proxectos normalizadores que conecten á clase obreira e á xente do ámbito cultural, por seren estes dous sectores os de maior uso do galego. O artigo foi galardoado «pola súa calidade, pola súa clareza expositiva e calidade lingüística, polos contidos orixinais e pola concreción nun tema concreto, cunha proposta clara para a normalización da lingua galega».
Tamén se decidiu concederlle o segundo premio, dotado con 350 euros e a publicación nos mesmos xornais, ao artigo «Guía da sociolingüística sexual», de Séchu Sende (Padrón, 1971), activista social e cultural, dinamizador sociolingüístico, profesor, autor de obras como Orixe (Premio Blanco Amor 2003) ou a de poemas Odiseas, e participante activo en diversos colectivos sociais, como Arredemo, Burla Negra, Area Negra, AS-PG, Nunca Máis, etc.

O seu artigo fai analoxía entre os bicos e a lingua, partindo de que «normalmente a primeira vez que outra persoa entra no noso corpo, ou a primeira que nós entramos dentro doutra persoa, é coa lingua». O artigo foi premiado «polos seus contidos orixinais e atractivos, pola súa capacidade de incidencia no público, polo seu humor e polas súas posibilidades no ámbito xuvenil».

Os membros do xurado do certame tamén quixeron recoñecer cun accésit, aínda que sen dotación económica, o artigo «Rariño seralo ti», do xornalista e na actualidade lector de galego en Stirling (Escocia), coordinador do suplemento proTexta da revista Tempos Novos e habitual colaborar do Vieiros, Xabier Cid (Ourense, 1975), «pola súa calidade, polas súas ideas innovadoras e pola concreción nun tema concreto cunha proposta de reflexión no mundo da normalización lingüística clara e necesaria, cuestionando o propio termo ?normalización?».
A entrega de premios terá lugar o xoves 17 de maio de 2007, ás 19.00 h, na Praza do Concello de Carballo, no transcurso dos actos do Día das Letras Galegas, e os artigos premiados serán publicados nos medios colaboradores diarios o sábado 18 de maio o (segundo premio) e o domingo 19 de maio (o primeiro premio), e nos casos dos medios non diarios nas edicións inmediatamente posteriores a eses días.
O xurado estivo composto por Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) e coordinadora provincial dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino; Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor da Universidade da Coruña e director do Servizo de Normalización Lingüística desa universidade; Ramón Vilar Landeira, segundo premio na edición de 2006 desta certame e director do xornal dixital Vieiros; e por Nel Vidal Barral, do Servizo de Normalización Lingüística de Carballo, con voz e sen voto.
Segundo se reflexa na acta, «o xurado considera que a convocatoria do Premio cumpre os seus obxectivos de promover a reflexión sobre a situación da lingua galega, de crear espazos nos xornais para analizar a situación social do galego e de promover o uso do galego na prensa escrita. Tamén destaca que esta terceira edición consolida o certame», tamén «considera que a calidade dos traballos presentados é alta, polo que felicitan a todas as persoas que se presentaron. Tamén destaca que a calidade lingüística do conxunto dos artigos aumentou con respecto ás edicións anteriores». |
|
|
|
8 Literactúa! Comentario(s) |
|
1 |
iphone case
iphone cover
iphone cases
iphone covers
iphone 4 case
iphone 4 cover
iphone 3GS case
iphone 4 cases
ipad case
ipad 2 case
ipad 2 cover
Shox pas cher
Basket Nike Pas cher
Air Max pas cher
Nike Air Max pas cher
Air Max 90 pas cher
Nike Air Max 90 Pas cher
Nike pas cher
Air Max 90 pas cher
Chaussures Nike pas cher
ED Hardy Clothing
Christian Audigier
ED Hardy Bags #blgtk08#>
ED Hardy Handbags
ED Hardy Shoes
ED Hardy T shirts
ED Hardy bikini
Cheap Ed Hardy
ED Hardy
Nike pas cher
Air Max 90 pas cher
Nike Air Max 90 pas cher
Nike Air Max pas cher
Nike Shox pas cher
Basket Nike Pas Cher
Air Max pas cher
Air Max 90
Nike Air Max 90
Nike Air Max
Nike Air Max 95
Air Max
Brian Atwood
Atwood Brian
Brian Atwood Shoes
Atwood Pumps
Brian Atwood Pumps |
|
|
Comentario feito por... iphone 4 case (10-08-2011 07:49) |
|
|
2 |
Tell me not in mournful numbers,
Life is but an empty dream! #blgtk08#>
for the soul is dead that slumbers,
And things are not what they seem. |
|
|
Comentario feito por... Asics (10-08-2012 03:44) |
|
|
3 |
Believe in yourself than to depend on others is impor#blgtk08#tant. Exhaust one's abilities as meditation.
|
|
|
Comentario feito por... cheap air yeezy 2 (24-08-2012 09:55) |
|
|
4 |
There should be a better way to s#blgtk08#tart a day than waking up every morning. |
|
|
Comentario feito por... Onitsuka Tiger (07-09-2012 11:01) |
|
|
|
|
|
|
7 |
Wow ni n#blgtk08#iu bi a |
|
|
Comentario feito por... Beautiful Mask (30-10-2012 09:48) |
|
|
|
|
Comenta! Literactúa! |
|
|
|
|
|
|