literactúa


Uxía Casal

Uxía Casal

...a autora do libro de Literactúa para abril de 2007, Vidas exemplares.

Naceu en Santiago de Compostela en maio do 57, e alí viviu até os 27 anos.

Licenciouse en Xeografía e Historia e en Filoloxía Hispánica na USC.

Entre 1984 e 2003 traballou como profesora de Lingua Galega e Literatura, primeiro na Universidade Laboral e logo nun instituto de Ourense, cidade na atopou o seu espazo vital e literario. A partir de 2004 foi vivir a Nigrán e na actualidade reside en Ribeira.

Na súa produción literaria podemos destacar obras como As ás de Xenoveva (2004). Tamén para lectores novos publicou Un ano de fábula en catro estacións (1994). Completan a súa produción títulos como O faro de Arealonga, Saturno tamén é Deus ou Sede en Ourense. Nos libros de autoría colectiva Narradoras e Longa lingua deu ao prelo os relatos "O pequeno Mario" e "A palabra de Deus".

Así se presenta ela na Biblioteca Virtual Galega:

Nacín en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1957 e alí vivín durante vinte e sete anos, até que marchei a Ourense a traballar no ensino público.

Estudei no único colexio laico e feminino que había daquela na cidade, San Paio, onde entrei con tres anos e saín con dezasete. Gustábanme a historia, a arte e a literatura moi por riba doutras materias, así que, acabado o COU, decidinme pola Facultade de Xeografía e Historia, onde me licenciei en Historia da Arte Moderna e Contemporánea en 1979. A lingua e a literatura seguían chamando por min e comecei Filoloxía Románica ese mesmo ano; en 1981 pasei a Filoloxía Hispánica, e en 1984 licencieime por segunda vez.

Ao tempo que estudaba, impartía clase de francés e literatura nas Aulas da Terceira Idade, e de español nos cursos para estranxeiros da USC durante un par de veráns. Semellaba predestinada ao ensino, e ao rematar Filoloxía marchei a Ourense a dar clase de galego na Universidade Laboral. En 1986 aprobei a oposición de ensino secundario de Lingua Galega e ao ano seguinte tomei posesión da praza definitiva desa materia no Instituto As Lagoas. Alí permanecín até 2003, ano en que me xubilei por problemas crónicos de saúde.



Conversa coa autora:

Uxía Casal conversará cos lectores e lectoras de Vidas exemplares o mércores 25 de abril de 2007 a partir das 20.30 h no Pub Silfo de Carballo (Rúa de Rosalía de Castro 8).


Uxía Casal pola rede:

> Uxía Casal na Galipedia.
> Ficha da autora na Biblioteca Virtual Galega.
> Ficha da autora na Editorial Xerais.
> Ficha da autora na Editorial Galaxia.
> Uxía Casal deu a coñecer Vidas exemplares, en Novaxove.com.
> Uxía Casal presentou o seu libro Vidas exemplares, en La Voz de Galicia.
Literactúa! Comentarios (4) - Categoría: AUTORES/AS - Publicado o 03-04-2007 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Literactúa! Comentario(s)
1 Grac#blgtk08#ias
Comentario feito por... peluche ours policier anglais (26-08-2013 16:01)
2 Teño surfado en liña máis de tres horas hoxe, pero eu nunca atopei ningún artigo interesante como o seu. É ben a pena o suficiente para#blgtk08# min. O meu punto de vista, se todos os propietarios e bloggers web feito un bo contido que fixo, a web será moito máis útil que nunca.
Comentario feito por... Venezuela (27-05-2017 18:32)
3 Simplemente no pude abandonar su sitio web antes de sugerir que realmente disfruté la información estándar #blgtk08#de un suministro individual para sus visitantes. Va a ser inspeccionado continuamente nuevas publicaciones.
Comentario feito por... here (22-02-2018 09:54)
4 Gustábanme a historia, a arte e a literatura moi por riba doutras materias, así que, acabado o COU, decidinme #blgtk08#pola Facultade de Xeografía e Historia, onde me licenciei en Historia da Arte Moderna e Contemporánea en 1979.
Comentario feito por... happy wheels now (23-04-2018 05:45)
Comenta! Literactúa!
Nome:
Enderezo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal