literactúa


Vidas exemplares

Vidas exemplares

...de Uxía Casal

...O libro de Literactúa para abril de 2007



ISBN: 978-84-9782-469-9
Editorial: Xerais
Páxinas: 160
Ano de edición: 2006
Prezo: 14,80 €



Presentación editorial:

Ulises, un excursionista extraviado no bosque, sinte tres arrepíos, que lle impiden articular palabra, cando coñeceu a tres anciáns que padecen unha condena insoportábel… Un estraño engado percorre o xardín do Pazo de Galdán desde que alí apareceu o corpo de dona Arminda… Nai e filla deambulaban pola tenda baixo a atenta mirada da dependenta, que observaba sen disimulo os gustos tan dispares das dúas mulleres… Aquel condutor tiña un problema, freara o coche en seco e saltara correndo cara aos servizos do bar como se o perseguise unha fera rabiosa… A vida de Héctor e da súa compañeira mudou cando a iguana chegou á súa casa...

Este volume, singularísimo na nosa produción narrativa actual, reúne vinte e un intensos relatos de medo e intriga, protagonizados por seres tan extraordinarios como trastornados. Un libro, escrito na mellor tradición dos clásicos do xénero de terror, que deita a súa mirada con ironía sobre os espazos máis escuros de vidas exemplares.

Conversa coa autora:

Uxía Casal conversará cos lectores e lectoras de Vidas exemplares o mércores 25 de abril de 2007 a partir das 20.30 h no Pub Silfo de Carballo (Rúa de Rosalía de Castro 8).

Vidas exemplares pola rede:

> Vidas exemplares, a presentación, no blog de Brétemas.
> Vidas exemplares no Bar Plaza, no blog de Brétemas.
> Uxía Casal deu a coñecer Vidas exemplares, en Novaxove.com.
> Presentación de Vidas exemplares, no blog de Paleón.
> Uxía Casal presentou o seu libro Vidas exemplares, en La Voz de Galicia.
> Ficha técnica na Editorial Xerais.
> Ficha en Culturagalega.org.
> Ficha da obra na Biblioteca Virtual Galega.

E TI, QUE OPINAS DESTE LIBRO?

Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: LIBROS - Publicado o 03-04-2007 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Comenta! Literactúa!
Nome:
Enderezo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal