|
|
|
Francisco Castro |
|
Francisco Castro
...o autor do libro de Literactúa para marzo de 2007, Spam.
Naceu en Vigo en 1966. Na actualidade traballa en xestión cultural e en comunicación. É director, tamén, do Taller Literario Caixanova e do Taller de Poesía Caixanova.
No ano 1991 publicou Amor de cinema, ao que lle seguiron Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), os libros de relatos A canción do náufrago (2001), Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001), a novela histórica Memorial do infortunio (2003), traducida no 2004 ao castelán; a novela Xeración perdida (2004); e o libro para xente moza Un bosque cheo de faias (2004).
No ano 1999 recibiu o Premio de Xornalismo Manuel Reimóndez Portela, en 2002 o Premio Facho de poesía e en 2005 o Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellá, polo relato ?Venres desesperado (look casual friday)? e o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves polo traballo ?Ningún fascista morreu inxustamente?.
A súa novela Spam recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de Novela.
Francisco Castro mantén tamén o blog A canción do náufrago, no que todas as súas lectoras e todos os seus lectores poden interactuar con el a través da rede.
Conversa co autor:
Francisco Castro conversará cos lectores e lectoras de Spam o mércores 28 de marzo, ás 20.30 h, na Taberna Café O'Patacón (Rúa de Ourense 19).
Francisco Castro pola rede:
>Ficha do autor na Editorial Galaxia.
>Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega.
>Ficha do autor no Centro de Documentación da AELG.
>Francisco Castro gaña o Blanco Amor
coa historia dunha ?rata con traxe?, en A Nosa Terra.
>Preséntase Spam, a novela de Francisco Castro sobre o individuo fronte á rede, en Vieiros.
>Francisco Castro gaña o Blanco Amor cunha novela sobre a mentira de Internet, en Galicia Hoxe.
|
|
|
|
4 Literactúa! Comentario(s) |
|
1 |
Lín o libro de Camádema Simbad e pareceume xenial #blgtk08#a,inda que prefería que ao final o avó se curase. |
|
|
Comentario feito por... Antón Ramos Antela (13-03-2012 19:56) |
|
|
|
|
3 |
Lín CHAMÁDEME SIMBAD e pareceue un dos mellores libros que ata o de agora lín. Este libro expresa accións e sentimentos da vida real. Na miña opiñón ao escribir lecturas para rapaces débense expresar sentimentos que na re#blgtk08#alidade se sintan. Escribir un libro de dragóns por exemplo, non nos ensina nada. En cambio ao escribir un libro dun avó con alzhéimer enseña cousas moi tristes que hai que superar. Non se pode dicir doutro xeito, XENIAL. |
|
|
Comentario feito por... Sheila (28-04-2019 20:11) |
|
|
4 |
ni#blgtk08#ce |
|
|
Comentario feito por... ann (04-05-2019 06:53) |
|
|
Comenta! Literactúa! |
|
|
|
|
|
|