literactúa


A Praza dos Libros mantén altos niveis de participación e aumenta vendas en galego
  • O Concello de Carballo fai unha valoración positiva da Praza dos Libros 2011, pola que pasaron esta fin de semana moitas persoas e na que houbo uns ingresos por venda de libros de 17.000 euros

  • Ao longo dos catro días de feira vendéronse nas sete librarías participantes arredor de 1.500 libros, dos cales uns 900 estaban editados en galego e uns 600 en castelán

  • Unhas 1.500 persoas participaron nas distintas actividades programadas

  • Os libros máis vendidos foron Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, e A familia Caravana, de Pepe Carreiro

[Carballo, 29 agosto de 2011]

O Concello de Carballo fai unha valoración positiva da Praza dos Libros 2011, que tivo lugar desde o xoves 25 ao domingo 28 de agosto no Xardín Municipal da capital bergantiñá, e na que se mantiveron tanto os niveis de venda como os niveis de participación das edicións de 2009 e 2010 que, pola súa vez, incrementaran o volume de vendas con respecto á edición de 2008.

Ao longo dos catro días de feira pasaron pola Praza dos Libros miles de persoas e unhas 1.500 participaron nas case 20 actividades programadas, entre presentacións de libros, actos de sinatura por parte dos/as autores/as, actividades de animación, concertos, monicreques, etc.

Con respecto ao nivel de vendas, houbo uns ingresos por adquisición de libros de 17.000 euros. Esta cifra é similar ás das edicións de 2009 e 2010, e supera os 15.000 euros de ingresos da edición de 2008. Deste xeito, a media de ingresos de cada unha das sete librarías participantes foi de case 2.500 euros.

Importante incremento das vendas en galego
Vendéronse na Praza dos Libros uns 1.500 libros, o 60% en galego e o 40% en castelán. Por vez primeira nesta Praza dos Libros de Carballo, vendéronse máis títulos en galego que en castelán. Os máis vendidos na lingua propia de Galicia foron Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, e a serie infantil A familia Caravana, de Pepe Carreiro, con arredor de 100 exemplares cada un. Os libros máis vendidos en castelán foron La ciencia en el punto de Mira (uns 60 exemplares), a tradución do orixinal en galego (xa esgotado nas librarías) de Jorge Mira, e En el país Nube Blanca, de Sarah Lark (uns 20 exemplares). Tamén tiveron moi boas vendas todos os libros que foron presentados na feira, como Madeira de mulher, de Adela Figueroa; Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón; Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas; Cara B, de Ignacio Silva; Luis Suárez. Fútbol de seda, de Xan Fraga; In vino veritas, de Francisco Castro; ou A vida fóra, de Miguel Sande.

Foron grandes as colas que houbo para poder levar asinados libros de Xosé Neira Vilas, de Jorge Mira ou de Pepe Carreiro, e tamén o disco Admirando a condición, de Ses, do que cómpre destacar o éxito en vendas durante o concerto acústico de presentación que tivo lugar o domingo a último hora, e no que se venderon unhas 50 copias.

Tamén foi alta a participación en todas as actividades infantís.

Os momentos de maior asistencia foron o xoves pola mañá, o venres pola tarde e, sobre todo, o domingo durante todo o día, no que a Praza dos Libros coincidiu coa feira e cando se desenvolveu con moito éxito unha vez máis a iniciativa “Un libro, un pan”, coa que cada persoa que comprou un libro foi agasallada cun dos 400 pans de Carballo que se repartiron.

Estas cifras son consideradas positivas tanto polo Concello como polas librarías participantes e consolidan a boa acollida da Praza dos Libros como unha referencia anual para a difusión do libro e da lectura, dándolle especial protagonismo á creación galega.
Literactúa! Comentarios (6) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 29-08-2011 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Literactúa! Comentario(s)
1 Pues es una buenisima noticia saber que la gente#blgtk08# esta participando en este tipo de iniciativas.
Comentario feito por... Bolsa (17-01-2012 10:37)
2 o que máis podo dicir se non que eu est#blgtk08#ou asombrado con esta mensaxe fermoso.
Comentario feito por... des montres (30-01-2012 14:05)
3
Burberry Outlet has a few of loyal fans and lovers. Because the sign #blgtk08#of the Logo printing with Burberry Outlet bags, are full of boundless charm.
Comentario feito por... Burberry Outlet (17-05-2012 08:17)
4 Burberry Outlet Online design of Summer is contract#blgtk08#ed course, with concise line highlights practical.
Comentario feito por... Burberry Outlet Online (17-05-2012 08:18)
5 Louis Vuitton Canada bag, design #blgtk08#go to start young and lively line.
Comentario feito por... Louis Vuitton Canada (17-05-2012 08:18)
6 Grac#blgtk08#ias
Comentario feito por... peluche grenouille (26-08-2013 14:20)
Comenta! Literactúa!
Nome:
Enderezo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal