literactúa


Literactúa en Culturgal
Culturgal. Feira do Libro e da Industria Cultural do 10 ao 13 de maio

O programa de difusión do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo, Literactúa, será dado a coñecer en Culturgal, a Feira do Libro e da Industria Cultural de Galicia que ten lugar en Pontevedra do 10 ao 13 de maio, promovida pola Asociación de Editores de Galicia (AGE).

A organización da feira interesouse no proxecto Literactúa como mostra de boas prácticas para o fomento do libro e a lectura en galego desde unha administración local, polo que decidiu dalo a coñecer neste feira e distribuír información do proxecto. A intención é avaliar por parte da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia o interese doutros concellos para a posíbel ampliación deste programa do Concello de Carballo a outras entidades, como xeito de estabilizar e darlle continuidade ao fomento do libro galega desde as administracións públicas, implicando a diversos sectores, facendo participar e opinar aos/ás lectores/as, achegadon entre si a autores/as e lectores/as, etc.

Pódese consultar a información completa de Culturgal en www.culturgal.com.

Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 10-05-2007 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Programa das Letras Galegas 2007 en Carballo
8 DE MAIO

Concerto bífido
Compañía San&San
Espectáculo de teatro para escolares
10.30 h e 12.30 h

9 DE MAIO

Literactúa
Presentación de Palabras contadas, de Camilo Franco, coa actuación de Magín Blanco

11 DE MAIO

Eu son María Mariño
Recital dramatizado a cargo de Brais Fernández Álvarez
Pazo da Cultura
21.00 h

15 DE MAIO

Correlingua
Carreira lúdico-educativa na que participan escolares de Carballo
A Coruña

16 DE MAIO

Festivas das Letras do CEIP Bergantiños
10.00 h
CEIP Bergantiños

17 DE MAIO

XXVII Concurso infantil de pintura
AC Lumieira
Praza do Concello
11.00 h

Oito horas lendo
Maratón de lectura de autores e autoras homenaxeados nas Letras Galegas
Xardín Municipal
De 11.30 h a 19.00 h

Entrega dos III Premios a artigos xornalísticos normalizadores
19.00 h
Xardín Municipal

Concerto das Letras da Banda Municipal de Carballo
20.00 h
Pazo da Cultura

Recordos de Carballo
Exposición de fotografías e diverso material antigo de Carballo
Casino de Carballo
20.00 h

18 DE MAIO

A caricia da serpe
Concerto poético, coa participación de Lino Braxe
Pazo da Cultura
21.00 h

20 DE MAIO

Encontros culturais Arume
Festival de música e baile
Local Social de Berdillo
18.00 h

26 DE MAIO

Da man de Gospel
Concerto
Pazo da Cultura
21.00 h

29 DE MAIO

Xoves intérpretes
Ciclo de concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo
Pazo da Cultura
19.00 h

30 DE MAIO

Xoves intérpretes
Ciclo de concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo
Pazo da Cultura
19.00 h

Literactúa con Suso de Toro
Suso de Toro conversa cos lectores e lectoras de Home sen nome
Cervexaría San Xoán
20.30 h

31 DE MAIO

Xoves intérpretes
Ciclo de concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo
Pazo da Cultura
19.00 h

1 DE XUÑO

Xoves intérpretes
Ciclo de concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo
Pazo da Cultura
19.00 h
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 07-05-2007 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Semana do Libro e da Lectura 2007 en Carballo
VAI DE MEDO...

Do 22 ao 28 de abril
Pazo da Cultura de Carballo


INAUGURACIÓN
Domingo 22, ás 12.30 h
Que medo, que medo!
Galitoon
Canto conto de terror
CEIP A Cristina

OBRADOIROS PARA NENAS E NENOS
LUNS 23, 5.º de Primaria
Obradoiro de creación literaria
Antón Cortizas
Obradoiro de ilustración
Alfredo López, "Tokio"

MARTES 24, Educación Infantil
Obradoiro de contos de medo
M.ª Inés Cuadrado
Obradoiro de teatro e expresión corporal
Nekane Fernández

MÉRCORES 25, 1.º de Primaria
Obradoiro de plástica creativa a partir dos contos
OQO
Obradoiro de monicreques
Galitoon

XOVES 26, 1.º ESO
Obradoiro de ilustración
Miguelanxo Prado
Obradoiro de expresión oral
Celso Fernández Sanmartín

VENRES 27, 5.º de Primaria e 1.º ESO
Obradoiro de ilustración
José Tomás
Obradoiro de contacontos
Anxo Moure
Obradoiro de banda deseñada
Kiko da Silva

ACTIVIDADES COAS FAMILIAS

XOVES 26, ás 18.00 h
Natacha Roibás

ACTIVIDADES ABERTAS AO PÚBLICO

Ás 18.00 h

LUNS 23: Mamá Cabra
MARTES 24: Contos con Benxamín Míguez
MÉRCORES 25: Contos de medo do mundo. Raquel Méndez. OQO
XOVES 26: Pavís Pavós
VENRES 27: Contos con Anxo Moure
SÁBADO 28: Danza. De meu, de B. Studio.

ACTIVIDADES PARA O PROFESORADO

De 18.00 h a 20.00 h

LUNS 23: Laboratorio de creación literaria: as palabras que me emocionan.
Antón Cortizas
MARTES 24: Obradoiro de teatro e expresión corporal.
Nekane Fernández
MÉRCORES 25: Fole: un narrador de medo.
Armando Requeixo
XOVES 26: Obradoiro de escrita creativa: A lectura, o país das marabilas.
Antonio Reigosa
VENRES 27: A música galega na escola.
Paulo Nogueira e Magoia Bodega

LITERACTÚA

MÉRCORES 25, ás 20.30 h (no Pub Silfo).
Uxía Casal conversa cos seus lectoras e lectoras sobre Vidas exemplares, un singular volume con vinte e un intensos relatos de medo e intriga.

EXPOSICIÓNS

Exposición de libros cedidos polas editoriais

Exposición de ilustradores/as

Exposición de materiais elaborados por alumnas e alumnos

CLAUSURA
Sábado 28, ás 12.00 h
Medomedá
Literactúa! Comentarios (1) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 18-04-2007 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Apoios á solicitude de homenaxe co Día das Letras Galegas a Xesús San Luís Romero
Moitas entidades de Carballo e das comarcas de Bergantiños e Costa da Morte amosaron xa o seu apoio por escrito á solicitude de homenaxe co Día das Letras Galegas a Xesús San Luís Romero, iniciada polos equipos de normalización lingüística (ENL) dos centros de ensino de Carballo.


Fixeron chegar o seu apoio por escrito e asinado os/as representantes das seguintes entidades:

  • Afaber. Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer

  • Agrupación Cultural Arume

  • ANPA A Braña, de Rus

  • ANPA A Casilla da Cristina

  • ANPA A Granxa

  • ANPA A Milagrosa, do CEIP Xesús San Luís Romero

  • ANPA Ameneiro do IES Monte Neme

  • ANPA Pedras Brancas do CEIP Fogar

  • Asemcar. Asociación de Empresarios/as de Carballo

  • Asociación CDR Amig@s das Motos Clásicas de Bergantiños

  • Asociación Cultural e Xuvenil O Candil

  • Asociación Cultural Lumieira

  • Asociación Cultural Mestra Carmen Cancela

  • Asociación Cultural Monte Branco

  • Asociación Cultural Pedras Brancas

  • Asociación da Comisión de Festas do Pan da Brea

  • Asociación da Terceira Idade San Xoán Bautista

  • Asociación de Pais Católicos San Xoán Bautista

  • Asociación de Veciños de San Salvador de Sofán

  • Asociación de Veciños de Santa Eufemia de Bértoa

  • Asociación Deportiva Pedras Brancas

  • Asociación Íntegro de Minusválidos das comarcas de Bergantiños, Fisterra e Terra de Soneira

  • Calzados Carmen

  • Calzados Serrano

  • Centro de Información Xuvenil A Xanela

  • Centro Privado Artai

  • Centro Social San Xoán Bautista

  • Conservatorio Profesional de Música de Carballo

  • Coro Aires de Bergantiños

  • ENL do CEIP Bergantiños

  • ENL do CEIP Canosa - Rus

  • ENL do CEIP de Nétoma - Razo

  • ENL do CEIP Fogar

  • ENL do CEIP Xesús San Luís Romero

  • ENL do Centro privado Artai

  • ENL do CRA Ponte da Pedra

  • ENL do IES Alfredo Brañas

  • ENL do IES Isidro Parga Pondal

  • ENL do IES Monte Neme

  • La Papelería de Carballo

  • Libraría Artigas (Baio)

  • Libraría Lolas (Muxía)

  • Libraría Trasgo de Carballo

  • Libraría Trazos, de Cee

  • Padroado Fogar de Bergantiños

  • SCR Bergantiños. Casino de Carballo




Esta listaxe irase actualizando a medida que se reciban novos apoios.

Se a túa entidade quere apoiar esta iniciativa, podedes imprimir e cubrir esta declaración de apoio e enviala ao seguinte enderezo:

Homenaxe a Xesús San Luís Romero
Pazo da Cultura
Rúa do Pan s/n
15100 Carballo
Modelo de declaración de apoio
Literactúa! Comentarios (1) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 02-04-2007 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Fina Casalderrey e Os libros arden mal, Premios Irmandade do Libro

Recoñecer o traballo de promoción e divulgación do libro e da lectura en galego é o obxectivo dos Premios Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia, que nesta XVI edición foron entregados en Carballo, no transcurso dunha cea que tivo lugar o venres 23 de marzo e na que se deron cita numerosos escritores e escritoras, autores/as, libreiros/as, representantes institucionais, de medios de comunicación, etc..

O xurado decidiu outorgarlle a Fina Casalderrey o Premio á Autora do Ano, polo seu compromiso coa dignificación da literatura infantil e xuvenil.

Fina Casalderrey foi, sen dúbida, a grande homenaxeada da noite.

No resto de categorías os premiados foron:

LIBRO DO ANO:
Os libros arden mal, de Manolo Rivas

OBRA EDITORIAL DO ANO:
O feísmo, de Difusora das Letras, Artes e Ideas

INSTITUCIÓN:
Centro Ramón Piñeiro

MEDIOS DE COMUNICACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS:
Biblioteca Virtual (BIVIR), da Asociación de Tradutores/as Galegos/as

CENTROS DE ENSINO:
CEP Marcos da Portela, de Monteporreiro, Pontevedra

LIBRARÍAS:
Ler Librarías, de Santa Comba

No acto interviron, ademais de todos/as os/as gañadores/as, Manolo Rivas, que o fixo por partida dobre, que salientou o baixo índice de lectura no noso país e que reivindicou a necesidade de potenciar a lectura en galego. Rivas cualificou o libro como "a nación portátil".

O presidente da Federación de Libreiros, Xaime Corral, salientou a importancia da recentemente aprobada por unanimidade Lei do libro e a lectura, promovida pola Consellería de Cultura e redactada tendo en conta as demandas do sector. Nela recoñécese o libro como elemento identificador de Galiza e saliéntase o carácter estratéxico e prioritario do sector do libro pola súa importancia cultural, social e económica e como instrumento de normalización lingüística; como garante do dereito á creación, á promoción e á divulgación da cultura, a historia e a lingua de Galiza.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, destacou que "o libro debe ser unha obriga na acción de goberno, e debe ser ademais unha acción transversal que transcende do ámbito exclusivamente cultural, pois implica ao comercio, á normalización lingüística, á educación, ao benestar social... E así o entendemos desde o goberno de Carballo"; cualificou as librarías como "as mellores e maiores difusoras do libro e a lectura", e como "grandes dinamizadores culturais permanentes das vilas e cidades. Son un ben social. Son totalmente necesarias. E é responsabilidades de todas e de todos traballar, loitar, reclamar, impulsar e colaborar para o seu mantemento". Agradeceulles aos libreiros o seu traballo, pois "quen fai libros, fai país; quen edita libros, fai país; e quen vende libros, fai país".

O acto tamén serviu para reivindicar a figura de Xesús San Luís Romero, arredor do que en Carballo está nacendo un movemento para solicitar que se lle dedique o Día das Letras Galegas.
Literactúa! Comentarios (2) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 25-03-2007 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
XVI Premios Irmandade do Libro 2007, en Carballo
Este tarde (15 de marzo) tivo lugar a presentación dos actos de entrega da XVI edición dos Premios Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia, que terán lugar en Carballo o vindeiro 23 de marzo.

Nunha conferencia de prensa no Pazo de Cultura de Carballo, na que participaron Xaime Corral, presidente da Federación de Libreiros; Ramón Tasende, da Libraría Brañas de Carballo; Antonio Fernández Maira, coordinador xeral de Federación, e Belén Lendoiro, concelleira de Cultura de Carballo, avanzouse o programa de actos e os nomes dos finalistas.

FINALISTAS DOS XVI PREMIOS IRMANDADE DO LIBRO. CARBALLO 2007

CENTROS DE ENSINO
-CEP Marcos da Portela, de Monteporreiro, Pontevedra.
-CEIP Castrelo, de Cambados.
-CEIP San Martiño, de Igrexa, Salcedo, Pontevedra.

LIBRO DO ANO
-Home sen nome, de Suso de Toro
-Os libros arden mal, de Manolo Rivas
-Pepa a Loba, de Carlos Reigosa

OBRA EDITORIAL DO ANO
-Diciopedia do Século 21, de Editorial Galaxia, Edicións do Cumio e Ediciós do Castro
-O feísmo, de Difusora das Letras, Artes e Ideas
-Colección Rescate, da Editorial Alvarellos

INSTITUCIÓN
-Fundación Alexandre Bóveda
-Centro de Investigación Ramón Piñeiro
-Biblioteca Municipal de Cambre

MEDIOS DE COMUNICACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS
-Faro das Letras
-Programa A casa do vagabundo, da Radio Galega
-Biblioteca Virtual (BIVIR), da Asociación de Tradutores/as Galegos/as

LIBRARÍA
-Ler, de Santa Comba
-Andel do Libro Galego e Portugués, de Vigo
-Libraría Nós, da Coruña
-Libraría Torga, de Ourense

O autor ou autora do ano darase a coñecer o mesmo día 23 de marzo.

AVANCE DO PROGRAMA DOS ACTOS DE ENTREGA

DÍA: venres 23 de marzo de 2007
LUGAR: Carballo

18.00 h: Viaxe turística por Carballo e pola comarca de Bergantiños
21.30 h: Cóctel de recepción no Hotel Punta del Este
22.00 h: Cea
23.30 h: Apertura cultural
23.45 h: Lectura da acta do xurado e proclamación de gañadores/as. Entrega de galardóns e intervención dos/as gañadores/as
24.00 h: Intervencións institucionais e peche do acto

O obxectivo destes premios, que naceron en 1991, é recoñecer o traballo de promoción e divulgación do libro e da lectura en galego, desenvolvidos por persoas, entidades e institucións da sociedade galega. Na pasada edición, en 2006, foron premiados o CEP Riomaior, de Vilaboa; o xornal Galicia Hoxe; a autora Teresa Moure; a Nova enciclopedia da Bioética; a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) e a Libraría Gráficas Santiago, de Ribadeo.

Desde a primeira edición foron recoñecidos autoras e autores como Francisco Fernández del Riego, Bernardino Graña, Xesús Alonso Montero, Darío Xohán Cabana, Ramiro Fonte, Manuel María, Xohana Torres, Manuel Rivas, Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Roberto Vidal Bolaño, Suso de Toro, Agustín Fernández Paz, Miguel Anxo Fernán-Vello, ou a última gañadora, Teresa Moure.
Literactúa! Comentarios (2) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 15-03-2007 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
III Premio a artigos xornalísticos normalizadores


A Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística do Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración con oito medios de comunicación escritos, convoca o III Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2007 cos seguintes obxectivos:

  • Promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega.

  • Crear espazos nos xornais para analizar a situación social da lingua galega.

  • Promover o uso do galego na prensa escrita.


O premio outorga dous premios, un primeiro de 1.000 euros e un segundo de 350 euros. Ademais, os dous artigos gañadores serán publicados nos oito medios colaboradores, que son: A Nosa Terra (semanal), A Peneira (quincenal), Diario de Bergantiños (diario), Galicia Hoxe (diario), La Opinión de A Coruña (diario), La Voz de Galicia (edición Carballo, diario), Tempos Novos (revista mensual) e Vieiros (xornal dixital).

As bases completas pódense descargar en formato .pdf aquí.
As bases en .pdf
Literactúa! Comentarios (1) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 15-03-2007 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
O IES Alfredo Brañas convoca o Premio Literario Manolo Lado
O Instituto de Educación Secundaria Alfredo Brañas de Carballo convoca a XVI edición do premio Manolo Lado, co que se volverán premiar as mellores creacións literarias das alumnas e dous alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de toda Galiza.

O premio divídese en dúas modalidades (narrativa e poesía) e repartirá 600 euros.

Os traballos deberán ser inéditos, estar redactados en galego e ir asinados con pseudónimo. No caso da narrativa terán unha extensión de entre dous e oito folios e no da poesía, serán de catro a dez composicións. Deberán entregarse antes do día 13 de abril na secretaría do IES (Rúa da Vila de Corcubión s/n, 15100, Carballo) xunto cunha copia nalgún soporte dixital. As obras gañadoras serán publicados na revista Pomba Dourada, que edita o centro.

Máis información no IES Alfredo Brañas. Tfno.: 981 700 911
Literactúa! Comentarios (1) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 15-03-2007 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Solicitude de homenaxe co Día das Letras Galegas a Xesús San Luís Romero

Os ENL de Carballo inician un proceso para solicitarlle á RAG que se lle dedique o Día das Letras Galegas ao poeta e dramaturgo carballés Xesús San Luís Romero

Os equipos de normalización lingüística (ENL) dos centros de ensino de Carballo, por iniciativa do ENL do CEIP Canosa-Rus, acordaron iniciar un proceso que remate coa petición á Real Academia Galega (RAG) de que en 2008, ou nun prazo máximo de catro anos, se lle dedique o Día das Letras Galegas ao poeta e dramaturgo carballés Xesús San Luís Romero (Carballo, 1872 - Santiago, 1966).

Para isto, todos os ENL asinaron unha declaración de apoio á solicitude e agora esténdese esta petición a todas as asociacións de Carballo, a todas as anpas, á prensa local, ás zapatarías e ao propio Concello de Carballo.

Por este motivo, todas estas entidades recibirán nos próximos días unha carta na que se lles explica o proceso e a importancia da solicitude e un modelo de declaración de apoio que poderán devolver asinada para sumarse á iniciativa.

Até agora xa manifestaron o apoio os ENL dos centros de ensino, mais é fundamental implicar os diferentes sectores culturais e educativos da vila no proceso: asociacións (culturais, empresariais, etc.), anpas, prensa, Concello de Carballo..., e tamén zapateiros/as, profesión que practicou o propio Xesús San Luís Romero.

Que se homenaxee co Día das Letras Galegas a San Luís Romero significará que se lle dediquen numerosos recursos e esforzos, institucionais e non institucionais, a investigar, estudar, analizar, publicar e difundir a vida e obra do autor o que contribuirá, ao mesmo tempo, a promocionar o concello de Carballo e a comarca de Bergantiños.

Xesús San Luís Romero naceu en Carballo en 1872, onde cursou os estudos primarios e onde comezou a traballar de zapateiro. Con 20 anos emigrou á Arxentina e alí comezou a publicar versos e pezas teatrais. En 1908 volveu a Galiza e montou un obradoiro de zapateiro en Santiago, mais tamén retomou a escrita e chegou a ser tenente de alcalde de Compostela durante a República. Nas súas obras destaca a liña social e o ataque anticaciquil. A súa peza de maior éxito foi O fidalgo, estreada no Teatro Principal de Santiago en 1918, que se representou numerosas veces dentro e fóra do país (unhas sesenta antes de 1930) e que estivo a piques de ser levada ao cine.

Breve biografía de Xesús San Luís Romero, en .pdf.
Literactúa! Comentarios (1) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 14-03-2007 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Sección OUTRAS NOVAS
A partir de agora, na sección OUTRAS NOVAS deste blog irase dando conta de todas aquelas actividades, noticias de interese, novidades, etc., relacionadas, dun ou doutro xeito, coa difusión do libro e da lectura en Carballo, estean ou non integradas dentro do proxecto Literactúa.
Literactúa! Comentarios (2) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 14-03-2007 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal