literactúa


Presentación de Palabras contadas, de Camilo Franco

O Concello de Carballo e a Cervexaría Dublín convídano/a á presentación do libro Palabras contadas, de Camilo Franco.

O autor estará acompañado do músico Magín Blanco, que combinará a charla cunha performance con música en directo.

Día: mércores 9 de maio de 2007
Hora: 20.30 h
Lugar: Cervexaría Dublín
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 02-05-2007 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Uxía Casal. Mércores 25 de abril

O Concello de Carballo e o Pub Silfo convídano/a á conversa con Uxía Casal, autora Vidas exemplares, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego.

DÍA: mércores 25 de abril de 2007
HORA: 20.30 h
LUGAR: Pub Silfo. Rúa de Rosalía de Castro 8

Podes mercar o libro nas librarías de Carballo Brañas, Teldy, Trasgo ou Villar.
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 24-04-2007 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Uxía Casal sobre Vidas exemplares


Mércores 25 de abril
20.30 h
Pub Silfo
(Rúa de Rosalía de Castro 8)
Literactúa! Comentarios (2) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 20-04-2007 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Francisco Castro conversou cos lectores e lectoras do seu libro Spam no Patacón de Carballo

Moita xente moza na Taberna Café O'Patacón de Carballo para conversar co autor de Spam.

A medida que a xente ía chegando, o baixista Álvaro Muras, acompañado na percusión de Vítor Charly, foi animando o ambiente co seu funk-fusion instrumental. No Patacón había moita xente moza, e Francisco Castro xa estaba alí acompañado do director de edicións de Galaxia, Carlos Lema.

O propio Álvaro Muras foi o encargado de introducir a conversa, e fíxoo marcando unha estreita relación entre a música e a literatura. Tamén salientou que el, mentres ía lendo o libro, vía nel unha historia cinematográfica, coa cal sería moi interesante facer, quizais, unha curta. O propio Francisco recoñeceu que era posíbel, e que tamén había xente que lle dixera que vira en Spam unha historia moi acaída para levar á banda deseñada.

A medida que a conversa foi avanzando, analizouse a actitude de Gómez, a súa relación coa secretaria, a súa relación con Helena; a súa obsesión pola rede. Analizouse a actitude do director xeral, dos traballadores, da propia empresa e incluso do narrador.

Falouse do ritmo da novela e do seu trepidante final, e incluso houbo quen se atreveu a propor finais alternativos.

Ao longo da charla, e a raíz da historia de Spam, falouse de Internet, ese marabilloso mundo virtual que tamén ten os seus perigos. Falouse das vidas paralelas virtuais que algunha xente mantén na rede; das relacións creadas aí por persoas que, paradoxalmente, non manteñen relacións no mundo “real”; do cibersexo, do messenger, dos sistemas de contactos persoais, da internet oculta, etc. Tamén se falou do mundo laboral, da precariedade, da deshumanización das empresas, etc.

E así foi pasando unha hora e media de intercambio de impresións entre os/as lectores/as e o autor.

Ao finalizar, Francisco Castro asinou exemplares do seu libro e Álvaro Muras e Vítor Charly agasallaron a todas as persoas asistentes cunha nova sesión de funk-fusion.

Podes ver as FOTOS desta conversa AQUÍ.
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 29-03-2007 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Conversa con Francisco Castro. Mércores 28 de marzo

O Concello de Carballo e a Taberna Café O'Patacón convídano/a á conversa con Francisco Castro, autor de Spam, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego.

No acto actuará Álvaro Muras, acompañado na percusión de Víctor Charly. Música funk-fusion intrumental con baixo e percusión.

DÍA: mércores 28 de marzo de 2007
HORA: 20.30 h
LUGAR: Café Taberna O'Patacón. Rúa de Ourense 19

Podes mercar o libro nas librarías de Carballo Brañas, Teldy, Trasgo ou Villar.
Literactúa! Comentarios (2) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 26-03-2007 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Francisco Castro sobre Spam

Mércores 28 de marzo
20.30 h
Taberna Café
O'Patacón
(Rúa de Ourense 19)

O acto de conversa con Francisco Castro estará amenizado con música funk-fusion instrumental por parte do baixista Álvaro Muras, acompañado na percusión de Víctor Charly. Máis información sobre este músico en www.alvaromuras.info.
Literactúa! Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 16-03-2007 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Ateigado o Café Valle Inclán para falar con Teresa Moure
O Café Valle Inclán de Carballo agardaba onte ateigado de xente desde as 20.30 h a chegada de Teresa Moure, autora de Herba Moura. Algo chamaba a atención: aínda que había algún home, a gran maioría das persoas que estaban sentadas nas cadeiras da cafetaría eran mulleres.

A segunda proposta de Literactúa levantou, sen dúbida, grande expectación en Carballo.

Teresa chegou e foi presentada por Mercedes Queixas, secretaria xeral da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) e desde hoxe mesmo coordinadora provincial dos equipos de normalización lingüística da Coruña. Mercedes fixo unha loanza da autora e da súa obra en xeral, mais nomeadamente de Herba moura, merecente xa de ser incluída na listaxe das grandes obras da literatura galega.

Teresa salientou que Herba moura, que xa vai pola súa cuarta edición, é realmente unha historia das mulleres. A novela narra como Einés Andrade comeza a súa tese. Einés vai descubrindo cartas, receitas, feitizos, herbas medicinais e outros documentos. A raíña Christina de Suecia e Hélène Jans, unha curandeira e herborista que será considerada bruxa, son outras dúas mulleres da novela. A liberación da memoria das mulleres invisíbeis na obra comeza pola sabedoría rexeitada por non científica, o que configura un universo silenciado e desvirtuado polo discurso patriarcal dominante. Ese discurso masculino está representado polo director de tese de Einés.

Á vez que van aparecendo cuestións filosóficas e incluso lingüísticas, como por exemplo a posibilidade de crear artificialmente unha nova lingua universal, as páxinas de Herba moura van penetrando no tacto e no olfacto. Esta novela é, sobre todo, sensual. É un canto aos sentimentos, ás paixóns, ao coñecemento, ás relacións humanas, á maternidade, á lectura.

Teresa, logo de varias preguntas e opinións de persoas asistentes sobre a obra pero tamén sobre a situación da muller na actualidade, deixou claro que era necesario un cambio, e non un cambio paulatino, senón unha revolución radical e abrupta. Deixou ver que Herba moura estaba tamén concibida para iso e que ela só concibe un xeito de estar no mundo: loitar por cambialo.

Finalmente, e antes de comezar a asinar exemplares do libro e a recibir saúdos e felicitacións persoais, adiantou que dentro duns quince días, aproximadamente, sairá do prelo a súa nova novela, Benquerida catástrofe, unha historia que comeza pola separación dunha parella heterosexual e na que se conta unha metamorfose do home, que se vai convertendo en muller. Unha novela sobre a orientación e a identidade sexual.

Pódense ver as fotos deste acto aquí.
Literactúa! Comentarios (4) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 01-03-2007 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Conversa con Teresa Moure. Mércores 28 de febreiro

O Concello de Carballo e o Café Valle Inclán convídana/o á conversa con Teresa Moure, autora de Herba moura, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego.

A autora estará acompañada por Mercedes Queixas, secretaria xeral da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG).

Día: mércores 28 de febreiro
Hora: 20.30 h
Lugar: Café Valle Inclán. Rúa de Valle Inclán 32

Podes mercar o libro en Carballo nas librarías Brañas, Teldy, Trasgo ou Villar.
Literactúa! Comentarios (4) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 19-02-2007 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Literactua con Teresa Moure sobre Herba moura

Mércores 28 de febreiro
20.30 h
Café Valle Inclán

(Rúa de Valle Inclán 32)
Literactúa! Comentarios (4) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 14-02-2007 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Así foi a charla con Diego Ameixeiras no Pub Silfo
Onte, mércores 31 de xaneiro, tivo lugar no Pub Silfo de Carballo o primeiro acto de conversa cun autor dentro do proxecto Literactúa.

Desde as 20.30 h e até preto das 23.00 h, Diego Ameixeiras, autor de Tres segundos de memoria, estivo no Silfo conversando cos lectores e lectoras que por alí se achegaron.

Xan Fernández foi o encargado de presentar a este mozo ourensán, do que destacou a súa mocidade, o seu bo facer como autor, o éxito dos seus libros, a proximidade á realidade, aos temas actuais, etc.

Logo, Ameixeiras introduciu algunhas reflexións sobre Tres segundos de memoria, pero decontado as persoas asistentes comezaron a facerlle preguntas, a dar a súa opinión sobre a obra, etc.

Nun ambiente agradábel e distendido, entre pinchos de tortilla, lambonadas e cervexas, falouse da precariedade laboral, da situación da mocidade na actualidade, do sistema capitalista, de grupos de música, de sexo, de relacións sentimentais, de ambientes urbanos e rurais, da memoria, do sistema literario galego, das funcións da literatura e dos/as autores/as, da imaxinación do protagonista da obra, etc.

As FOTOS deste acto pódense ver aquí.

La Voz de Galicia puxo como titular Lectores activos en Carballo, e tamén lle fixo unha entrevista a Diego. Tamén recolleron información deste primeiro acto as versións en papel de La Opinión e de Diario de Bergantiños e radios como Radio Voz ou a Radio Galega, entre outras.
Literactúa! Comentarios (2) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 01-02-2007 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal