literactúa


Xurxo Borrazás presenta no Literactúa a súa última novela, Costa Norte/ZFK, centrada en Carballo
O escritor carballés Xurxo Borrazás é o protagonista do programa Literactúa no mes de maio, e presenta a súa última novela, Costa Norte/ZFK, que centra a súa historia en Carballo, o venres, 22 de maio, ás 21.00 h no Pub Silfo.

O venres 22 de maio o recoñecido escritor carballés Xurxo Borrazás presentará no marco do programa Literactúa a súa última novela, Costa Norte/ZFK, e estará acompañado polo presidente da Asociación Cultural Lumieira, Farruco Fraga. A cita será o venres 22 de maio, ás 21.00 h, no Pub Silfo de Carballo (Rúa de Rosalía de Castro 8).

Xurxo Borrazás (Carballo, 1963) é, sen dúbida, un dos escritores máis sobresaíntes da narrativa galega actual. A súa produción literaria comprende títulos como Cabeza de chorlito (1991), Criminal (1994), Eu é (1996), Contos malvados (1998), O desintegrista (1999), Na maleta (2000) e Ser ou non (2004).

En 2007 publicou o seu primeiro ensaio, Arte e parte.

Coa súa obra Criminal obtivo o Premio da Crítica Española e o Premio San Clemente.

En Costa Norte/ZFK, Xurxo Borrazás fai unha incursión nunha zona de pesadelo industrial cun espazo físico e unhas relacións sociais opostas ás que coñecemos, ou non tanto, nun futuro que é apenas unha sofisticación do presente. Unha novela esteticamente impactante e radicalmente anovadora que nos fala da soidade do individuo, dos límites da natureza, das fronteiras do humano e do noso medo a espertar, a que o monstro do real afogue a nosa capacidade para seguir a imaxinalo todo.

Unha novela que está sorprendendo tanto á crítica como aos lectores e lectoras e que se centra en Carballo (vila chamada Costa Norte na novela) e nos seus arredores como exemplo dun mundo novo e dunha sociedade globalizada, baseada nunha estrutura social diferente á coñecida, na que conceptos como vila, comunidade ou nación carecen de sentido.
Literactúa! Comentarios (5) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 21-05-2009 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Xurxo Borrazás sobre o seu último libro Costa Norte / ZFK
Literactúa con Xurxo Borrazás
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 18-05-2009 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Suspéndese a conversa de Literactúa do mes de maio
Por motivo dunha pequena intervención cirúrxica de última hora, o autor convidado no mes de maio non poderá participar na conversa. Xosé María Álvarez Cáccamo sufriu unha súpeta apendicite da que xa foi operado satisfactoriamente en Barcelona e da que xa se recupera sen problemas, mais que obriga a suspender a conversa que estaba prevista con el en Carballo o próximo mércores 28 de maio.

A Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Carballo deséxalle ao autor unha pronta e boa recuperación.

Xosé María Álvarez Cáccamo naceu en Vigo en 1950. Estudou Filoloxía Románica na USC e dende 1973 exerceu de profesor de Literatura en varios institutos de Galiza. Destaca como poeta, aínda que tamén publicou relatos breves, algunha peza teatral e textos para o público infantil. Como ensaísta centrouse na poesía galega da segunda metade do século XX, con estudos como Vida de Antón Avilés de Taramancos. A comezos do 2006 publica as súas memoria baixo o título de Memoria de poeta. Da súa obra lírica destacan os poemarios Luminoso lugar de abatimento, Premio Esquío 1986, e Calendario perpetuo, Premio da Crítica de Galiza 1998. Formou parte dos consellos de redacción dos suplementos Galicia Literaria de Diario 16 e Faro das Letras de Faro de Vigo. Foi membro do Foro da Cultura e na actualidade forma parte do consello de redacción da revista Grial e do colectivo Burla Negra.

Xosé María Álvarez Cáccamo é fillo de Xosé María Álvarez Blázquez, autor homenaxeado este ano 2008 no Día das Letras Galegas.


Vento de sal (poesía) [Galaxia]

Diálogo de dúas voces en contraste, Vento de sal parte da procura da memoria íntima para se achegar, desde os instantes fundacionais do tempo pasado, ao presente dos acontecementos históricos colectivos. Xosé María Álvarez Cáccamo realiza o tránsito entre os textos de verbalización elíptica e crebada, en suxestión de ámbitos oníricos, e unha modulación de vontade épica, de proxección social e de denuncia. Unha nova inflexión da súa poética, que constata agora a imposibilidade de trazar a paisaxe da permanencia, co perenne contrapunto da transcendencia outorgada polos outros.

O libro proposto en Literactúa para o mes de xuño O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz (estará o 18 de xuño no Pub Silfo).
Literactúa! Comentarios (6) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 23-05-2008 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Xurxo Souto sobre Tres trebóns

Literactúa! Comentarios (4) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 30-04-2008 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Antón Riveiro Coello sobre Os ollos de K

Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 25-03-2008 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Iolanda Zúñiga sobre Vidas post-it

Iolanda Zúñiga conversará cos lectores e coas lectoras de Vidas post-it o mércores 27 de febreiro de 2008 ás 20.30 h no Pub A Reserva de Carballo.
Literactúa! Comentarios (6) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 20-02-2008 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Anxos Sumai sobre Así nacen as baleas

Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 29-01-2008 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Manuel Rivas sobre Os libros arden mal

Mércores 28 de novembro
20.30 h
Bodegón O'Pescador (Carballo)
Literactúa! Comentarios (7) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 22-11-2007 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Carlos G. Meixide. Martes 30 de outubro

O Concello de Carballo e o Café Colón convídante á conversa co actor, humorista e escritor Carlos G. Meixide, autor de O home inédito, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego.

Día: martes 30 de outubro de 2007
Hora: 21.00 h
Lugar: Café Colón
Literactúa! Comentarios (7) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 30-10-2007 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Carlos G. Meixide sobre O home inédito

ATENCIÓN, a conversa con Carlos G. Meixide sobre O home inédito será o martes 30 de outubro ás 21.00 h no Café Colón (e non o mércores 31 como nun principio estaba anunciado)
Literactúa! Comentarios (6) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 24-10-2007 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal