Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 literactúa
ISBN: 978-84-9782-628-0
Editorial: Xerais
Páxinas: 176
Ano de edición: 2007
Prezo: 13,75 ?
Ilustracións de Pablo Auladell
Presentación editorial
Hai unha trama de fíos invisíbeis que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián? todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, ?na vida o único que queda é o amor?. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.
Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007 - Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007
Conversa co autor
Agustín Fernández Paz falará cos lectores e lectoras de O único que queda é o amor o mércores 18 de xuño a partir das 21.00 h no Pub Silfo de Carballo.
ISBN: 978-84-9782-327-2
Editorial: Xerais
Páxinas: 160
Ano de edición: 2005
Prezo: 15,25 ?
Presentación editorial
Reúne cinco relatos presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da música da repichoca. Historias que están cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral impregnado de música e terra. Repichocas que teñen a forza dun aturuxo quente, dun arrouto de paixón, esa forza do ancestral que Xurxo Souto sabe empregar para revelarnos cal é o pulso dun país novo, distinto, fachendoso. As cousas que di chegan ao corazón. Xurxo Souto exerce o seu oficio literario con frescura, con orixinalidade, cun poderoso universo propio que constrúe asumindo o mellor da tradición, o mellor da oralidade, o mellor da lingua popular, o mellor do rexistro dos contadores de contos, o mellor dos alentos narrativos, fundindo a vida, a literatura, a música e a mitoloxía coma se fosen unha única cousa que desfolla e queima para que, na alquimia das súas cinzas, renazan estes relatos prodixiosos.
Conversa co autor
Xurxo Souto falará cos lectores e lectoras de Tres trebóns o mércores 30 de abril a partir das 21.00 h no Bodegón O'Pescador de Carballo.
ISBN: 978-84-9865-008-2
Editorial: Galaxia
Páxinas: 284
Ano de edición: 2007
Prezo: 16,00 ?
Presentación editorial
O escritor Suso Paradela convértese involuntariamente no protagonista dunha novela que escapa ao seu control. A presenza dun home que agarda sentado nun banco sostendo na man un tarro cun ollo é o detonante que fai estourar os límites entre realidade e ficción. Os ollos de K non é tanto a escrita dunha aventura como a propia aventura da escrita. Un texto que vira sobre si e descobre os fíos labirínticos dunha trama entretida e intrigante, na que Antón Riveiro Coello ispe o feito literario e deixa á vista dos lectores e das lectoras o material artístico e a función creadora.
Conversa co autor
Antón Riveiro Coello conversará cos lectores e coas lectoras de Os ollos de K o mércores 26 de marzo de 2008 ás 20.30 h na Taberna-Café O?Patacón de Carballo.
ISBN: 978-84-9782-634-1
Editorial: Xerais
Páxinas: 136
Ano de edición: 2007
Prezo: 12,50 ?
Presentación editorial
Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son microrrelatos ou relatos curtos, concisos e veloces, que alimentan un receitario de tropezos na vida.
Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo, rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan, afogan e desesperan; todo adobado coa fugacidade, precisión e brutalidade da vida sen decorados.
Os post-it deste libro de Iolanda Zúñiga, escrito cunha prosa directa e rotunda, atractiva e imantada, son deseños veloces coma tráileres de películas que debuxan vidas marcadas polo naufraxio persoal ou colectivo, afondando no recuncho máis escuro e brutal da propia vida.
Conversa coa autora
Iolanda Zúñita conversará cos lectores e coas lectoras de Vidas post-it o mércores 27 de febreiro de 2008 ás 20.30 h no Pub A Reserva de Carballo.
ISBN: 978-84-9865-022-8
Editorial: Galaxia
Páxinas: 164
Ano de edición: 2007
Prezo: 12,00 ?
Presentación editorial
Conta a historia dunha liberación e, ao tempo, a viaxe de volta dunha muller nova á casa, á familia e ao pasado. Sentimentos, paixóns, condicionantes sociais e vivencias estouran a través dunha linguaxe renacida, cunha maneira de narrar que descobre o mundo cos ollos novos de quen quere vivir nel de xeito diferente. Esta obra foi gañadora do Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2007.
Conversa coa autora
Anxos Sumai conversará cos lectores e coas lectoras de Así nacen as baleas o mércores 30 de xaneiro de 2008 ás 20.30 h no Café Valle Inclán de Carballo.
ISBN: 978-84-935375-1-7
Editorial: A Rotonda / Rinoceronte
Páxinas: 172
Ano de edición: 2005 (na rede) / 2007 (en papel)
Prezo: 10,00 ? en papel, de balde en .pdf na rede
Presentación editorial:
Un galego da Coruña, resultón, deportivista e sentimental, dúas coreanas que falan portugués e un profesor universitario brasileiro no Nova York post 11-S protagonizan unha historia de amor, humor e sexo.
Alén diso, e a xeito de flash-back, un galego da Coruña con ínfulas literarias que se emperra en publicar os seus poemas en Positivas e en namorar dunha rapaza que bebe os ventos polo Anxo Quintela de finais dos 90.
Conversa co autor:
Carlos G. Meixide conversará cos lectores e lectoras de O home inédito o martes 30 de outubro de 2007, ás 21.00 h, no Café Colón de Carballo.
ISBN: 978-84-7154-091-1
Editorial: Galaxia
Páxinas: 156
Ano de edición: 2007
Prezo: 12,00 ?
Presentación editorial:
Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve cun libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras.
Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.
Conversa co autor:
Séchu Sende conversará cos lectores e lectoras de Made in Galiza o mércores 26 de setembro, ás 20.30 h, na Taberna-Café O'Patacón (na Rúa de Ourense, en Carballo).
ISBN: 978-84-9782-437-8
Editorial: Xerais
Páxinas: 272
Ano de edición: 2006
Prezo: 16,00 ?
Presentación editorial:
Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora de O club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.
Conversa coa autora:
María Reimóndez conversará cos lectores e lectoras de O club da calceta o mércores 27 de xuño de 2007 a partir das 20.30 h.
A conversa terá lugar no CAFÉ VALLE INCLÁN de Carballo (Rúa de Valle Inclán 32).
A autora será presentada por Fina Bastón, da Marcha Mundial das Mulleres.
ISBN: 84-9782-447-4
Editorial: Xerais
Páxinas: 400
Ano de edición: 2006
Prezo: 19,50 ?
Presentación editorial:
Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un vello terminal, só, entubado e consumido fisicamente. O vello, un home sen nome, un enigma invadido polas lembranzas, entre o delirio e o soño provocados pola medicación, enunciará o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria. Unha vida desacougante, condicionada pola perda prematura da nai, a presenza da sombra do seu irmán xemelgo, o seu paso polo Berlín onde emerxía o nazismo co que axiña simpatizou, o seu protagonismo nas sacas da feroz represión do 36 en Compostela ou a súa participación como voluntario na División Azul.
A visita de Celia, unha moza guionista, obrigará ao vello sen nome a confesar lucidamente, sen rastro de arrepentimento nin remorso, a súa participación en múltiples fusilamentos, torturas e violacións e as súas razóns para facelos?Empregando formas achegadas ao drama, Suso de Toro ofrece a súa obra literaria máis ambiciosa: un relato de ficción intenso e emotivo onde pairan como pano de fondo os acontecementos da represión en Galicia durante os días do alzamento e os anos da posguerra. Unha reflexión perturbadora sobre a memoria que deita a mirada dun dos verdugos. Unha novela que procura as palabras necesarias que expresen e absolvan tanta dor afogada.
Conversa co autor:
Suso de Toro conversará cos lectores e lectoras de Home sen nome o mércores 30 de maio de 2007 a partir das 20.30 h na Cervexaría San Xoán de Carballo (Rúa de Ourense 8-10).
ISBN: 978-84-9782-469-9
Editorial: Xerais
Páxinas: 160
Ano de edición: 2006
Prezo: 14,80 ?
Presentación editorial:
Ulises, un excursionista extraviado no bosque, sinte tres arrepíos, que lle impiden articular palabra, cando coñeceu a tres anciáns que padecen unha condena insoportábel? Un estraño engado percorre o xardín do Pazo de Galdán desde que alí apareceu o corpo de dona Arminda? Nai e filla deambulaban pola tenda baixo a atenta mirada da dependenta, que observaba sen disimulo os gustos tan dispares das dúas mulleres? Aquel condutor tiña un problema, freara o coche en seco e saltara correndo cara aos servizos do bar como se o perseguise unha fera rabiosa? A vida de Héctor e da súa compañeira mudou cando a iguana chegou á súa casa...
Este volume, singularísimo na nosa produción narrativa actual, reúne vinte e un intensos relatos de medo e intriga, protagonizados por seres tan extraordinarios como trastornados. Un libro, escrito na mellor tradición dos clásicos do xénero de terror, que deita a súa mirada con ironía sobre os espazos máis escuros de vidas exemplares.
Conversa coa autora:
Uxía Casal conversará cos lectores e lectoras de Vidas exemplares o mércores 25 de abril de 2007 a partir das 20.30 h no Pub Silfo de Carballo (Rúa de Rosalía de Castro 8).
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0