A Ludoteca Municipal de Carballo acolle diversas actividades de animación á lectura, dentro do programa Literactúa (Concello de Carballo) e de Letras Vivas (Consellería de Cultura e Turismo).
A próxima destas actividades será o contacontos A bruxiña sen vasoira, de Altega.
DÍA: venres 13 de novembro
HORA: 18.00 h
LUGAR: Ludoteca Municipal de Carballo (fronte ao Xardín Municipal)
A Ludoteca Municipal de Carballo acolle diversas actividades de animación á lectura, dentro do programa Literactúa (Concello de Carballo) e de Letras Vivas (Consellería de Cultura e Turismo).
A próxima destas actividades será este Recuncho dos contos, de Pingateatro.
DÍA: venres 16 de outubro
HORA: 18.00 h
LUGAR: Ludoteca Municipal de Carballo (fronte ao Xardín Municipal)
Capítulo 13 da serie de internet Para mariñeiros nós. Nesta ocasión os protagonistas da serie, o capitán Cobiñas e Pinto, atópanse en Carballo, que celebra a Praza dos Libros, cos mellores escritores galegos, con quen manteñen un duelo de regueifas épico.
Este episodio contou coa colaboración especial dos escritores Paco Souto, Gustavo Pernas Cora, Suso de Toro e Manuel Rivas.
O Concello de Carballo e CORRELO filmes teñen o pracer de o/a convidar á presentación e proxección de "Na bágoa da marea", episodio 13 de Para mariñeiros nós, primeira serie galega de internet, protagonizada por Suso Lista e Manolo Castro e dirixida por Omar Rabuñal.
Esta novo miniepisodio foi gravado en Carballo e conta coa colaboración especial dos escritores Manuel Rivas, Suso de Toro e Gustavo Pernas Cora.
"Na bágoa da marea" xira arredor da feira, do pan de Carballo e da promoción do libro e a lectura.
PRESENTACIÓN E PROXECCIÓN
DÍA: venres 2 de outubro de 2009
HORA: 20.30 h
LUGAR: Salón de actos do Pazo da Cultura de Carballo (Rúa do Pan, s/n)
*Este novo capítulo da serie de internet poderá verse tamén en Youtube a partir do venres 2 de outubro.
A Ludoteca Municipal de Carballo acollerá nos próximos meses diversas actividades de animación á lectura, dentro do programa Literactúa (Concello de Carballo) e de Letras Vivas (Consellería de Cultura e Turismo).
A primeira destas actividades será este Contacontos de libros contentos, de Carmen Domech (Títeres Cachirulo).
DÍA: venres 18 de setembro
HORA: 18.00 h
LUGAR: Ludoteca Municipal de Carballo (fronte ao Xardín Municipal)
Nos próximos días anunciarase o programa completo das próximas actividades de Literactúa...
Xa está dispoñíbel neste blog unha reportaxe fotográfica da Praza dos Libros 09 que tivo lugar en Carballo entre o xoves 27 e o domingo 30 de agosto de 2009.
Praza dos Libros: literatura, pan, animación, audiovisual e feira tradicional durante catro días en Carballo
Libros, actividades lúdicas, presentacións, actuacións, autoras e autores da comarca e do país, cinema, recitais, pan e moitas outras propostas encherán de vida, imaxinación e creatividade o Xardín Municipal de Carballo durante catro días. Unha nova edición da Praza dos Libros que cada ano pretende promocionar a lectura e achegarlle á cidadanía o libro e os produtos culturais galegos.
O Concello de Carballo, desde a Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística, organiza un ano máis a Praza dos Libros, que terá lugar desde o xoves 27 ao domingo 30 de agosto no Xardín Municipal da capital bergantiñá.
O inicio será o xoves 27 ás 10.30 h e a inauguración ás 13.00 h cun orixinal pregón do contador, actor e director teatral Quico Cadaval.
PROGRAMA
11.00 h Contacontos ambulantes na Ciclobiblioteca de Anxo Moure.
A Ciclobiblioteca estará na Praza dos Libros os catro días
13.00 h Inauguración e pregón con Quico Cadaval
Participan:
-Belén Lendoiro, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística
-Xosé Antonio Viña, tenente de alcalde
-Quico Cadaval
19.30 h Recital e presentación da antoloxía poética De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía da Costa da Morte
Participan:
-Miro Villar
-Modesto Fraga
-Outros poetas da Costa da Morte
21.00 h Fantasmas familiares. Contada de historias de Quico Cadaval
Venres 28 de agosto
12.30 h Lectura con nenos e nenas de Marcelo o morcego (Ed. Galaxia), de Beatriz Fraga Cameán, e sinatura por parte da autora
20.00 h Á pista, malabarista!!! Picompé - Circo de Rúa
21.00 h Presentación do poemario Olladas dun intre de amor (Ed. Toxosoutos, 2009), de Alberte Suras, e recital en homenaxe a Manuel María, coa participación de:
-Felipe Senén
-Henrique Rabuñal
-Jacobo Llamas (editor)
-Alberte Suras (autor)
-Estíbaliz Espinosa
Sábado 29 de agosto
11.00 h A Caixiña dos mistos. Cinema infantil itinerante sobre rodas coas mellores pelis para peques
De 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h
12.30 h Lectura con nenos e nenas e sinatura de O Misterio na selva de Ngorongón (Ed. Galaxia) de Alberto Varela Ferreiro
19.00 h Palabra de chapeu. Contos para xogar. Teatro Patán
21.00 h Presentación de Contos azuis, de Fernando Cabeza Quiles (Ed. Galaxia).
Participan:
-Xosé M. Varela Varela
-Nel Vidal Barral
-Fernando Cabeza Quiles (autor)
Domingo 30 de agosto
10.30 h 14.30 h Un libro, un pan. Todas as persoas que merquen algún libro serán agasalladas cun pan da marca Pan de Carballo
Tamén pola mañá, gravación dun capítulo da serie de internet Para mariñeiros nós, progatonizada por Suso Lista e Manolo de Laxe e dirixida por Omar Rabuñal
12.00 h Presentación de A cociña dos larpeiros, de Benigno Campos (Ed. Galaxia)
Participan:
-Xulio Amigo (Ed. Galaxia)
-Henrique Mariño (xornalista)
-Benigno Campos (autor)
13.30 h Sorteo de tres lotes de produtos da I Ruta do pincho de verán de Carballo (para máis info: www.blogoteca.com/depinchosporcarballo)
18.00 h Contacontos ambulantes na Ciclobiblioteca de Anxo Moure
19.30 h Presentación de Sidecar, de Alberto Lema (Ed. Galaxia)
Participan:
-Belén Lendoiro Esmorís
-Alberto Lema (autor)
ORGANIZA
-Concello de Carballo. Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística
COLABORAN
-Pan de Carballo
-Concellaría de Promoción Económica do Concello de Carballo
-Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo
-Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia
-Deputación da Coruña
PARTICIPAN
-Libraría A Palavra Perduda (Santiago de Compostela)
-Libraría Brañas (Carballo)
-Libraría Como unha novela (A Laracha)
-Libraría Couceiro (A Coruña)
-Libraría Orizales (A Coruña)
-Libraría Roget (Vimianzo)
-Libraría Trasgo (Carballo)
-A Mesa pola Normalización Lingüística (xoves e venres)
-Rei Zentolo - Kamisolas (sábado e domingo)
-Concello de Carballo
O artigo premiado no V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009, "A nena que berra", de María Pilar García Negro, publícase nos dez medios de comunicación escrita colaboradores co certame: A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, edición Carballo de La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos, Vieiros e Xornal de Galicia.
No caso dos medios diarios está no número do domingo 31 de maio, e no caso dos medios non diarios, no número inmediatamente posterior a esa data.
Na rede xa se pode ler o artigo nalgúns medios dixitais:
- O V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009, dotado con 1.200 euros e a publicación nos dez medios de comunicación colaboradores, foi para o artigo «A nena que berra», da profesora da Universidade da Coruña, sociolingüista, ensaísta e escritora María Pilar García Negro.
-Ao certame presentáronse 45 traballos, chegados de todas as partes de Galiza e incluso algún de fóra do país.
-A autora galardoada recollerá o premio o venres 29 de maio ás 21.00 h no Pazo da Cultura de Carballo, no transcurso do espectáculo poético multimedia Yolanda Castaño.
O xurado do V Premio a artigos xornalísticos normalizadores reuniuse o mércores 27 de maio para decidir o artigo gañador deste certame, ao que se presentaron 45 traballos de todas as partes do país e incluso de fóra, e decidiu concederlle o premio, dotado con 1.200 euros e a publicación do artigo en A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos, Vieiros e Xornal de Galicia, ao artigo titulado «A nena que berra», de María Pilar García Negro.
Segundo o xurado, o recoñecemento deste artigo débese á imaxe moi plástica e moi visual que retracta e describe a situación actual de conflito lingüístico entre galego e castelán; á introdución de conceptos interesantes, modernos, novidosos e moi valiosos para a descrición sociolingüística, como «lingua inevitábel» ou «xustiza ecolingüística»; á súa calidade e ligazóns lingüística e argumentativa, cun fío discursivo que dirixe todo o artigo cunha tese que se defende durante todo o texto e que o pecha; e por considerar moi valiosos e útiles os argumentos defendidos.
María Pilar García Negro (Lugo, 1953) reside na Coruña. É doutora en Filoloxía e profesora titular da Universidade da Coruña. Como estudosa é experta en literatura e mais en sociolingüística galega. Neste último campo foi autora da primeira tese sobre lexislación lingüística galega, e publicou numerosos artigos e libros básicos na sociolingüística galega como O galego e as leis. Aproximación sociolingüística (1991), Sempre en galego (1993), O ensino da língua: Por un cámbio de rumo (1995) ou Direitos lingüísticos e control político (2000). No ámbito político foi, entre outras cousas, deputada polo BNG no Parlamento galego entre 1989 e 2003. No ámbito social foi presidenta da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e cofundadora do Comité español do Bureau Européen pour les langues moins répandues e delegada deste en Galiza entre 1985 e 1990. Na actualidade é directora da Fundación Bautista Álvarez.
O xurado decidiu tamén outorgarlle un accésit sen dotación económica ao artigo «GZ Power», do autor lugués Marcos Abalde Covelo. O accésit concédeselle pola capacidade de empatía que o artigo ten co público lector, pola súa fluidez, pola defensa dunha lingua moi viva, útil e válida para todos os contextos sociais, e pola introdución de optimismo discursivo e de toques de humor. Por estas razóns, o xurado recomendarlles aos medios de comunicación colaboradores a publicación destoutro artigo.
O xurado do V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo estivo composto por Belén Puñal, redactora da revista Tempos Novos; Goretti Sanmartín Rei, sociolingüista e directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña; e Nel Vidal Barral, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo e presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).
Os obxectivos do premio son promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o emprego do galego na prensa escrita.
Nas catro edicións anteriores deste certame foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa ou Xesús Fraga.
Os medios de comunicación escrita que colaboran e que publicarán o artigo gañador son: A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos, Vieiros e Xornal de Galicia.
Acto de entrega do V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009
ESPECTÁCULO POÉTICO MULTIMEDIA DE YOLANDA CASTAÑO
O acto de entrega do premio, ao que asistirá a propia autora premiada, María Pilar García Negro, terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo e consistirá nun espectáculo poético multimedia de Yolanda Castaño, un novo formato moderno e innovador para a poesía galega da man das novas tecnoloxías e unha moderna posta en escena achegada á música e ao audiovisual.
DÍA: venres 29 de maio
HORA: 21.00 h
LUGAR: Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo (Rúa do Pan s/n)
Xunto coa entrega do V Premio a artigos xornalísticos normalizadores, Yolanda Castaño ofrece un recital multimedia da súa propia obra poética, con son e videopoesía. Un novo formato moderno e innovador para a poesía galega da man das novas tecnoloxías e unha moderna posta en escena achegada á música e ao audiovisual.
-DÍA: venres 29 de maio
-HORA: 21.00 h
-LUGAR: Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo (Rúa do Pan s/n)