literactúa


A nena que berra, artigo de María Pilar García Negro, gañador do V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo
Pilar García NegroO artigo premiado no V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009, "A nena que berra", de María Pilar García Negro, publícase nos dez medios de comunicación escrita colaboradores co certame: A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, edición Carballo de La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos, Vieiros e Xornal de Galicia.

No caso dos medios diarios está no número do domingo 31 de maio, e no caso dos medios non diarios, no número inmediatamente posterior a esa data.

Na rede xa se pode ler o artigo nalgúns medios dixitais:

- A nena que berra en Vieiros

- A nena que berra en Galicia Hoxe

- A nena que berra en A Nosa Terra Dixital

Algúns dos medios colaboradores tamén publican o artigo "GZ Power", de Marcos Abalde Covelo, que foi recoñecido cun accésit.
Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 01-06-2009 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
María Pilar García Negro gaña o V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009
Pilar García Negro- O V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009, dotado con 1.200 euros e a publicación nos dez medios de comunicación colaboradores, foi para o artigo «A nena que berra», da profesora da Universidade da Coruña, sociolingüista, ensaísta e escritora María Pilar García Negro.
-Ao certame presentáronse 45 traballos, chegados de todas as partes de Galiza e incluso algún de fóra do país.
-A autora galardoada recollerá o premio o venres 29 de maio ás 21.00 h no Pazo da Cultura de Carballo, no transcurso do espectáculo poético multimedia Yolanda Castaño.


O xurado do V Premio a artigos xornalísticos normalizadores reuniuse o mércores 27 de maio para decidir o artigo gañador deste certame, ao que se presentaron 45 traballos de todas as partes do país e incluso de fóra, e decidiu concederlle o premio, dotado con 1.200 euros e a publicación do artigo en A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos, Vieiros e Xornal de Galicia, ao artigo titulado «A nena que berra», de María Pilar García Negro.

Segundo o xurado, o recoñecemento deste artigo débese á imaxe moi plástica e moi visual que retracta e describe a situación actual de conflito lingüístico entre galego e castelán; á introdución de conceptos interesantes, modernos, novidosos e moi valiosos para a descrición sociolingüística, como «lingua inevitábel» ou «xustiza ecolingüística»; á súa calidade e ligazóns lingüística e argumentativa, cun fío discursivo que dirixe todo o artigo cunha tese que se defende durante todo o texto e que o pecha; e por considerar moi valiosos e útiles os argumentos defendidos.

María Pilar García Negro (Lugo, 1953) reside na Coruña. É doutora en Filoloxía e profesora titular da Universidade da Coruña. Como estudosa é experta en literatura e mais en sociolingüística galega. Neste último campo foi autora da primeira tese sobre lexislación lingüística galega, e publicou numerosos artigos e libros básicos na sociolingüística galega como O galego e as leis. Aproximación sociolingüística (1991), Sempre en galego (1993), O ensino da língua: Por un cámbio de rumo (1995) ou Direitos lingüísticos e control político (2000). No ámbito político foi, entre outras cousas, deputada polo BNG no Parlamento galego entre 1989 e 2003. No ámbito social foi presidenta da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e cofundadora do Comité español do Bureau Européen pour les langues moins répandues e delegada deste en Galiza entre 1985 e 1990. Na actualidade é directora da Fundación Bautista Álvarez.

O xurado decidiu tamén outorgarlle un accésit sen dotación económica ao artigo «GZ Power», do autor lugués Marcos Abalde Covelo. O accésit concédeselle pola capacidade de empatía que o artigo ten co público lector, pola súa fluidez, pola defensa dunha lingua moi viva, útil e válida para todos os contextos sociais, e pola introdución de optimismo discursivo e de toques de humor. Por estas razóns, o xurado recomendarlles aos medios de comunicación colaboradores a publicación destoutro artigo.

O xurado do V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo estivo composto por Belén Puñal, redactora da revista Tempos Novos; Goretti Sanmartín Rei, sociolingüista e directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña; e Nel Vidal Barral, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo e presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

Os obxectivos do premio son promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o emprego do galego na prensa escrita.

Nas catro edicións anteriores deste certame foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa ou Xesús Fraga.

Os medios de comunicación escrita que colaboran e que publicarán o artigo gañador son: A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos, Vieiros e Xornal de Galicia.


Acto de entrega do V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009

ESPECTÁCULO POÉTICO MULTIMEDIA DE YOLANDA CASTAÑO


O acto de entrega do premio, ao que asistirá a propia autora premiada, María Pilar García Negro, terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo e consistirá nun espectáculo poético multimedia de Yolanda Castaño, un novo formato moderno e innovador para a poesía galega da man das novas tecnoloxías e unha moderna posta en escena achegada á música e ao audiovisual.

DÍA: venres 29 de maio
HORA: 21.00 h
LUGAR: Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo (Rúa do Pan s/n)

Entrada libre
Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 28-05-2009 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Espectáculo poético multimedia de Yolanda Castaño




Xunto coa entrega do V Premio a artigos xornalísticos normalizadores, Yolanda Castaño ofrece un recital multimedia da súa propia obra poética, con son e videopoesía. Un novo formato moderno e innovador para a poesía galega da man das novas tecnoloxías e unha moderna posta en escena achegada á música e ao audiovisual.



-DÍA: venres 29 de maio

-HORA: 21.00 h

-LUGAR: Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo (Rúa do Pan s/n)

Entrada libre

Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 26-05-2009 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Toda unha semana dedicada ao libro e á lectura en Carballo e centrada no tema do amor
Entre os días 24 e 29 de maio Carballo ten unha cita moi especial cos libros e coa lectura. Porque durante estes seis días o Pazo da Cultura acolle a cuarta edición da Semana do Libro e a Lectura, actividade organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e promovida polo Concello de Carballo coa colaboración de Caixanova.

Trátase dunha semana repleta de actividades dedicadas a promover a lectura e a entre os/as escolares, os/as profesores/as, as nais e os pais e o público en xeral. A Semana do Libro e a Lectura ten como eixo temático o amor. Arredor deste tema desenvólvense no Pazo da Cultura actividades participativas con carácter formativo e lúdico nas que os nenos e as nenas xogan un papel moi activo.

As actividades inclúen obradoiros destinados ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e secundaria de Carballo que abranguen aspectos moi diversos. Desenvólvense en horario de mañá no segundo andar do Pazo da Cultura, decorado con temática amorosa e repleto de libros de literatura infantil cedidos por diferentes editoriais; así coma por material achegado polos centros educativos e elaborado polos/as propios/as alumnos/as. Estes tres eixes integran esta exposición permanente durante a semana.

Outra parte do programa está dirixida ao profesorado, co obxectivo de proporcionar estratexias para fomentar entre o seu alumnado o gusto pola lectura. Tamén as familias poden participar en diferentes actividades.

O programa da Semanas do Libro e a Lectura complétanse con actividades abertas ao público xeral e que se desenvolverán habitualmente en horario de tarde. A inauguración deste semana –o domingo 24 de maio ás 12.30 horas– correu a cargo do mago Martín Camiña e do alumnado do CEIP Bergantiños, coa posta en escena dunha regueira, e do IES Parga Pondal, cunha actuación musical e a interpretación da peza teatral Cinco mulleres con Mario.

Ademais, todos os días hai contacontos abertos ao público a partir das 18.30 horas:

-Luns 25: Marisa Irimia
-Martes 26: Servando Barreiro
-Mércores 27: Raquel Queizás (Queliña)
-Xoves 28: Celso Fernández Sanmartín
-Venres 29: Caxoto Contacontos
  • Exposicións: libros cedidos por editoriais, ilustradores e ilustradoras (Iván Prieto, OQO, Xaquín Marín), homenaxe a Fina Casalderrey, etc.

  • Encontros co alumnado: Marisa Irimia, Escola de Tempo Libre Paspallás, Serxio Cobos, Oscar Villán, CasaHamlet, Celso F. Sanmartín, Fran Bueno, David Otero, Chus Álvarez, Caxoto, etc.

  • Para o profesorado: escrita, música e danza, banda deseñada, amor, expresión teatral, etc.

A semana fecharase coa entrega do V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009 e cun espectáculo poético multimedia de Yolanda Castaño, o venres 29, ás 21.00 h, no auditorio do Pazo da Cultura.

A programación completa pódese consultar, en .pdf, aquí.
Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 26-05-2009 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xurxo Borrazás presenta no Literactúa a súa última novela, Costa Norte/ZFK, centrada en Carballo
O escritor carballés Xurxo Borrazás é o protagonista do programa Literactúa no mes de maio, e presenta a súa última novela, Costa Norte/ZFK, que centra a súa historia en Carballo, o venres, 22 de maio, ás 21.00 h no Pub Silfo.

O venres 22 de maio o recoñecido escritor carballés Xurxo Borrazás presentará no marco do programa Literactúa a súa última novela, Costa Norte/ZFK, e estará acompañado polo presidente da Asociación Cultural Lumieira, Farruco Fraga. A cita será o venres 22 de maio, ás 21.00 h, no Pub Silfo de Carballo (Rúa de Rosalía de Castro 8).

Xurxo Borrazás (Carballo, 1963) é, sen dúbida, un dos escritores máis sobresaíntes da narrativa galega actual. A súa produción literaria comprende títulos como Cabeza de chorlito (1991), Criminal (1994), Eu é (1996), Contos malvados (1998), O desintegrista (1999), Na maleta (2000) e Ser ou non (2004).

En 2007 publicou o seu primeiro ensaio, Arte e parte.

Coa súa obra Criminal obtivo o Premio da Crítica Española e o Premio San Clemente.

En Costa Norte/ZFK, Xurxo Borrazás fai unha incursión nunha zona de pesadelo industrial cun espazo físico e unhas relacións sociais opostas ás que coñecemos, ou non tanto, nun futuro que é apenas unha sofisticación do presente. Unha novela esteticamente impactante e radicalmente anovadora que nos fala da soidade do individuo, dos límites da natureza, das fronteiras do humano e do noso medo a espertar, a que o monstro do real afogue a nosa capacidade para seguir a imaxinalo todo.

Unha novela que está sorprendendo tanto á crítica como aos lectores e lectoras e que se centra en Carballo (vila chamada Costa Norte na novela) e nos seus arredores como exemplo dun mundo novo e dunha sociedade globalizada, baseada nunha estrutura social diferente á coñecida, na que conceptos como vila, comunidade ou nación carecen de sentido.
Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 21-05-2009 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Literactúa con Xurxo Borrazás sobre o seu último libro Costa Norte / ZFK
Literactúa con Xurxo Borrazás
Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 18-05-2009 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009
V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración con dez medios de comunicación escrita, convoca por quinto ano consecutivo o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o uso do galego na prensa escrita.

Ao certame pódense presentar artigos xornalísticos inéditos de opinión que traten algún tema concreto relacionado coa defensa e promoción da lingua galega, co seu estatus, co argumentario en defensa do uso do galego, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, con experiencias sociolingüísticas concretas, con accións de impulso ao uso social do galego, con experiencias útiles ou favorábeis para a dinamización da lingua, coa política lingüística, etc. Os artigos deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos (entre 400 e 550 palabras, aproximadamente). O prazo de admisión estará aberto até o 8 de maio.

Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1.200 euros, ademais da publicación nos dez medios colaboradores coa iniciativa: A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos, Vieiros e Xornal de Galicia.

Nas catro edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa e Xesús Fraga.

As bases completas poden descargarse aquí [.pdf. 1,16 MB]
Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 20-04-2009 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A cultura que facemos, escóllea no Nadal


A música emerxente de todos os estilos, o cinema, o teatro, os libros..., son a mellor elección.
A cultura que facemos, escóllea no Nadal.
Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 26-12-2008 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Praza dos Libros 08

Praza dos Libros 2008
Feira Literaria de Carballo
Do 21 ao 24 de agosto
Xardín Municipal. Carballo


PROGRAMA COMPLETO EN .PDF (2,76 MB)

Libros, actividades lúdicas, presentacións, música, actuacións, autoras e autores da comarca e do país, recitais e moitas outras propostas encherán de vida, imaxinación e creatividade o Xardín Municipal durante catro días. Unha nova edición da feira literaria de Bergantiños que cada ano pretende promocionar a lectura e achegarlle á cidadanía o libro e os produtos culturais galegos.

E todo isto fundirase o xoves e o domingo coa feira tradicional, polo que de seguro que haberá moito máis que libros...

PROGRAMA

XOVES 21

10.30 h: Inicio da Praza dos Libros 2008

13.00 h: Inauguración e pregón

INAUGURACIÓN

-Belén Lendoiro, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística de Carballo
-Milagros Lantes, delegada da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia
-Luís Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte
-Xosé Antonio Viña, tenente alcalde de Carballo

PREGÓN

Pregón musical dramatizado de Lino Braxe

19.00 h: Presentación do libro Montero Ríos e Compostela, da autora carballesa Margarita Barral. A autora estará acompañada por Xan M. Fraga

20.00 h: Curros Enríquez. Nación, liberdade e progreso. Charla a cargo de Pilar García Negro a propósito da exposición do mesmo nome que estará no Xardín Municipal de Carballo do 21 ao 31 de agosto

21.00 h: Presentación do libro U-49, de Rafael Lema Mouzo. O autor estará acompañado por Santiago Pazos


VENRES 22

12.30 h: Presentación do Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego

20.00 h: Conta e canta, por Contos das Estacións. Música, teatro, sombras chinesas, animación...
Colabora: Deputación da Coruña

21.00 h: Presentación do libro Toponimia de Galicia, de Fernando Cabeza Quiles. O autor estará acompañado por Xosé Pumar Gándara

22.30 h: Concerto de Nordesti@s


SÁBADO 23

12.30 h: Contos con música. Contacontos musical da editorial Kalandraka

19.00 h: Presentación do libro Reválida de sexto, de José Antonio Andrade Figueiras

20.00 h: A presentación de Unha puta percorre Europa, de Alberto Lema, prevista para as 20.00 h, fica suspendida.

21.00 h: A Casa do Poeta. Actividade poético-musical de Juan Carballo e Moncho Núñez


DOMINGO 24

De 10.30 h a 14.30 h:

Un libro, un pan
Todas as persoas que merquen algún libro serán agasalladas cun pan da marca Pan de Carballo

Máis libros, máis libres
Autobús e reparto de material da campaña de fomento da lectura

Ciclobiblioteca e contacontos de Anxo Moure na feira

18.30 h: Cantacontos. Contacontos musical de Migallas Teatro

20.00 h: Presentación dos libros <i>Galiza na Unión. A porta atlántica e de Europa, o continente pensado, de Camilo Nogueira

21.00 h: O negro vai con todo
Actuación humorístico-musical de Pepa & Davide + Madamme Cell

22.00 h: Concerto de Brath
As portas de Lug


-O xoves 21 de agosto inaugurarase tamén a exposición Curros Enríquez. Nación, liberdade e progreso, que estará no Xardín Municipal de Carballo até o domingo 31 de agosto.

-O xoves 21 e o domingo 24 pola mañá, a Praza dos Libros convivirá coa feira tradicional de Carballo.

-Todas as persoas que merquen material na Praza dos Libros serán agasallas coa axenda Os meus favoritos, guía de recursos na Internet. Tamén entrarán en sorteos diarios de lotes de libros.

HORARIOS DAS CASETAS

Xoves
Mañá: de 10.30 h a 14.00 h
Tarde: de 17.30 h a 21.30 h

Venres
Mañá: de 11.00 h a 14.00 h
Tarde: de 17.30 h a 22.30 h

Sábado
Mañá: de 11.00 h a 14.00 h
Tarde: de 17.30 h a 22.00 h

Domingo
Mañá: de 10.30 h a 14.30 h
Tarde: de 17.30 h a 22.00 h

PARTICIPAN
Libraría Brañas (Carballo)
Libraría Como unha novela (A Laracha)
Libraría Couceiro (A Coruña)
Libraría Orizales (A Coruña)
Libraría Roget (Vimianzo)
Libraría Trasgo (Carballo)
Rei Zentolo (camisolas)
Solidariedade Galega co Pobo Saharauí
A Mesa pola Normalización Lingüística [xoves 21 e venres 22]
A Lonxa Cultural (disco galego) [sábado 23 e domingo 24]
Concello de Carballo

ORGANIZA
Concello de Carballo
Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística

COLABORAN
Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia
Editorial Kalandraka
Pan de Carballo
Concellaría de Promoción Económica. Concello de Carballo
Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 18-08-2008 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O único que queda é o amor

O único que queda é o amor

...de Agustín Fernández Paz

...o libro de Literactúa para xuño de 2008


ISBN: 978-84-9782-628-0
Editorial: Xerais
Páxinas: 176
Ano de edición: 2007
Prezo: 13,75 €

Ilustracións de Pablo Auladell


Presentación editorial

Hai unha trama de fíos invisíbeis que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007 - Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007


Conversa co autor

Agustín Fernández Paz falará cos lectores e lectoras de O único que queda é o amor o mércores 18 de xuño a partir das 21.00 h no Pub Silfo de Carballo.


O único que queda é o amor pola rede

  • Ficha na editorial Xerais

  • Ficha en Culturagalega.org

  • Análise de Ruth Fernández en Galicia Hoxe

  • Opinión no blog Arume dos Piñeiros

  • Opinión no blog O levantador de minas

  • Información no Club de lectura da Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña

  • Vídeo da presentación do libro no blog Brétemas

Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: LIBROS - Publicado o 11-06-2008 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal