literactúa


Literactúa con Xurxo Souto sobre Tres trebóns

Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 30-04-2008 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Tres trebóns

Tres trebóns

...de Xurxo Souto

...o libro de Literactúa para abril de 2008


ISBN: 978-84-9782-327-2
Editorial: Xerais
Páxinas: 160
Ano de edición: 2005
Prezo: 15,25 €


Presentación editorial

Reúne cinco relatos presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da música da repichoca. Historias que están cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral impregnado de música e terra. Repichocas que teñen a forza dun aturuxo quente, dun arrouto de paixón, esa forza do ancestral que Xurxo Souto sabe empregar para revelarnos cal é o pulso dun país novo, distinto, fachendoso. As cousas que di chegan ao corazón. Xurxo Souto exerce o seu oficio literario con frescura, con orixinalidade, cun poderoso universo propio que constrúe asumindo o mellor da tradición, o mellor da oralidade, o mellor da lingua popular, o mellor do rexistro dos contadores de contos, o mellor dos alentos narrativos, fundindo a vida, a literatura, a música e a mitoloxía coma se fosen unha única cousa que desfolla e queima para que, na alquimia das súas cinzas, renazan estes relatos prodixiosos.


Conversa co autor

Xurxo Souto falará cos lectores e lectoras de Tres trebóns o mércores 30 de abril a partir das 21.00 h no Bodegón O'Pescador de Carballo.


Tres trebóns pola rede
Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: LIBROS - Publicado o 28-04-2008 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xurxo Souto
O autor do libro proposto por Literactúa para abril de 2008, Tres trebóns

Xurxo Souto (Lugo, 1966). Licenciado en Filoloxía Clásica. Traballa desde 1986 en diferentes medios de comunicación. Como narrador ten publicado: A tralla e a arroutada (1995), relatos; Fumareu (1997), relatos; O retorno dos homes mariños (1999), novela; Contos da Coruña (2001), escolma de artigos sobre a súa cidade e Tres trebóns (2005), relatos.

Foi vocalista do conxunto bravú Os Diplomáticos de Monte-Alto e agora toca o acordeón no grupo que leva o mesmo nome que o seu último libro, Tres trebóns.

Na actualidade é xefe de programas da Radio Galega e presentador do programa musical Aberto por reformas.


Conversa co autor

Xurxo Souto falará cos lectores e lectoras de Tres trebóns o mércores 30 de abril a partir das 21.00 h no Bodegón O'Pescador de Carballo.

Xurxo Souto pola rede
Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: AUTORES/AS - Publicado o 28-04-2008 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Semana do Libro e a Lectura de Carballo

PROGRAMA COMPLETO EN .pdf: aquí

INAUGURACIÓN

DÍA: Domingo 20 de abril
HORA: 12.30 h
LUGAR: Pazo da Cultura de Carballo
PARTICIPAN: Grupo musical Stranniki e grupo de teatro do CEIP Fogar de Carballo


ACTIVIDADES ABERTAS AO PÚBLICO... A CONTAR!

Luns 21 de abril, ás 18.00 h
MANOLO VÁZQUEZ, de Berrobambán Teatro

Martes 22 de abril, ás 18.00 h
CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN

Mércores 23 de abril, ás 18.30 h
THE PINGA TEATRO: O rei dos mares

Xoves 24 de abril, ás 18.00 h
CHARO PITA

Venres 25 de abril, ás 18.00 h
YOLANDA CASTAÑO e EDUARDO HERMIDA


CLAUSURA

DÍA: Sábado 26 de abril
HORA: 12.30 h
LUGAR: Pazo da Cultura de Carballo
PARTICIPAN: Teatro do Tempo: Os tres porquiños e algún outro

Programa completo (en .pdf)
Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 17-04-2008 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Propostas e conversas do 2.º trimestre de 2008

Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: PROPOSTAS TRIMESTRAIS - Publicado o 16-04-2008 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Concello de Carballo convoca o IV Premio a artigos xornalísticos normalizadores en colaboración con nove medios

-Outórgase un primeiro premio de 1.000 euros e un segundo de 350, ademais da publicación dos dous artigos gañadores en nove xornais

-Co premio colaboran nove medios de comunicación escritos


O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística, convoca por cuarto ano consecutivo o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o uso da nosa lingua na prensa escrita.

O certame recompensa a redacción de artigos xornalísticos inéditos de opinión que traten sobre algún tema concreto relacionado coa defensa e promoción da lingua galega, co seu estatus, con propostas ou análises sobre o proceso de normalización lingüística, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, con experiencias sociolingüísticas concretas, con accións de impulso ao uso social do galego, con experiencias útiles ou favorábeis para a dinamización da lingua, coa política lingüística, etc. Os artigos presentados deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos e o prazo de admisión estará aberto até o 18 de abril.

Outorgaranse dous premios económicos, un primeiro de 1.000 euros e un segundo de 350 euros. Ademais, os dous artigos gañadores serán publicados nos nove medios de comunicación escrita colaboradores, que son: A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos e Vieiros.

Nas tres edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños e Séchu Sende.

As bases completas do premio poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo (www.carballo.org). Tamén se pode obter máis información no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico normalizador@carballo.org.
BASES DO IV PREMIO A ARTIGOS XORNALÍSTICOS NORMALIZADORES CONCELLO DE CARBALLO 2008 (en .pdf)
Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 07-04-2008 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Literactúa con Antón Riveiro Coello sobre Os ollos de K

Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 25-03-2008 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Os ollos de K



Os ollos de K


...de Antón Riveiro Coello


...o libro de Literactúa para marzo de 2008




ISBN: 978-84-9865-008-2
Editorial: Galaxia
Páxinas: 284
Ano de edición: 2007
Prezo: 16,00 €





Presentación editorial

O escritor Suso Paradela convértese involuntariamente no protagonista dunha novela que escapa ao seu control. A presenza dun home que agarda sentado nun banco sostendo na man un tarro cun ollo é o detonante que fai estourar os límites entre realidade e ficción. Os ollos de K non é tanto a escrita dunha aventura como a propia aventura da escrita. Un texto que vira sobre si e descobre os fíos labirínticos dunha trama entretida e intrigante, na que Antón Riveiro Coello ispe o feito literario e deixa á vista dos lectores e das lectoras o material artístico e a función creadora.


Conversa co autor

Antón Riveiro Coello conversará cos lectores e coas lectoras de Os ollos de K o mércores 26 de marzo de 2008 ás 20.30 h na Taberna-Café O’Patacón de Carballo.


Os ollos de K pola rede

  • Recomendación de Xosé Monteagudo


  • Ficha do libro no web da editorial Galaxia


  • Ficha do libro en Culturagalega.org


  • Crítica de Anxos García Fontes, en Culturagalega.org


  • Resumo en Libros de Finisterre


  • Ficha en Prazadasletras.org

Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: LIBROS - Publicado o 17-03-2008 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Antón Riveiro Coello


...o autor do libro proposto por Literactúa para marzo de 2008, Os ollos de K


Naceu en Xinzo da Limia en 1964, estudou Dereito e actualmente traballa na administración pública.

Ademais dun gran número de relatos en libros colectivos e revistas literarias ten publicadas as novelas Valquiria (1993, premio Camilo José Cela), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), Animalia (2000) coa que obtivo o premio Café Dublín 1999, As rulas de Bakunin, que recibiu o premio García Barros en 2000 e Homónima Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa 2000.

En 2007 publica A voz do lago, novela coa que se adentra na creación literaria para os/as lectores/as máis novos/as e Os ollos de K, novela sobre a que nos falará en Literactúa.


Conversa co autor

Antón Riveiro Coello conversará cos lectores e coas lectoras de Os ollos de K o mércores 26 de marzo de 2008 ás 20.30 h na Taberna-Café O’Patacón de Carballo.


Antón Riveiro Coello pola rede
Literactúa! Comentarios (0) - Categoría: AUTORES/AS - Publicado o 13-03-2008 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Lendo espero!
Lendo Espero! é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia coa que colabora o Concello de Carballo e que pretende facer das esperas nos centros de saúde un tempo para poder achegarse á lectura.

Nas salas de espera de pediatría xúntanse cada día gran cantidade de pais/nais e nenos/as que se ven obrigados a compartir momentos de agarda.

Por esta razón, preténdese converter ese tempo nunha oportunidade para achegarse á lectura. Os centros de saúde poden ser lugares tan axeitados como a casa, o colexio, a biblioteca ou tantos outros para compartir unha lectura breve. Ademais de facer máis levadeira a espera, esta iniciativa permitirá introducir os libros na vida dos nenos e das nenas como forma de entretemento.

Por outra banda, búscase aproveitar o encontro de pais/nais e fillos/as para ler e demostrarlles aos pais e ás nais a importancia da lectura como unha forma de distracción e a riqueza que encerra.

Por estas razóns, desde agora, os cativos e cativas que teñan que pasar polo Centro de Saúde de Carballo (Avda. do Ambulatorio s/n), poden entreterse na sala de espera de Pediatría lendo algún libro en galego.

As nenas e os nenos poden coller alí os libros libremente para utilizar mentres estean no centro de saúde...

E cómpre lembrar que tanto na Biblioteca Municipal como na Ludoteca-Biblioteca Infantil de Carballo hai moitos máis!
Literactúa! Comentarios (1) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 13-03-2008 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

Praza das Letras

O QUE É LITERACTÚA...
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal