lingua


O Firefox 3 xa ten versión en galego

Xa se pode descargar directamente a versión en galego do navegador dende a páxina web de Mozilla.
Está versión está, de momento, en fase Beta

Fonte: CTNL
Comentarios (0) - Categoría: [Recursos] - Publicado o 02-10-2008 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GLosario de termos xurídicos dubidosos


O Servizo de asesoramento lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago acaba de publicar en edición dixital un Glosario de termos xurídicos dubidosos.
O autor é Martín Ramos Ínsua e está revisado polo Termigal

Glosario de termos xurídicos dubidosos
Servizo de asesoramento lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago

Fonte:
Servizo de asesoramento lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: [Recursos] - Publicado o 29-09-2008 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Curso de aproveitamento de ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística


A CTNL convoca un novo curso de formación dirixido a traballadores/as de normalización lingüística. O curso estará centrado no aproveitamento práctico das principais ferramentas multimedia e terá lugar os días 18, 24 e 25 de outubro na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.
O prazo de preinscrición está aberto até o 9 de outubro.

O obxectivo principal do curso é que as persoas participantes coñezan as vantaxes e aprendan a manexar algunhas ferramentas multimedia básicas que poden ser aproveitadas para o traballo en normalización lingüística, como blogs; podcast; publicación de textos, fotos, animacións, vídeos e son na rede; traballo colaborativo en internet; manexo e aproveitamento de redes sociais; etc.

O curso será impartido por Luciano Fernández Martínez, terá unha duración total de 24 horas e desenvolverase na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela durante o sábado 18 de outubro todo o día, o venres 24 pola tarde e o sábado 25 todo o día.

Este curso conta coa coorganización do Departamento de Filoloxía Galega da USC e coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O prazo de preinscrición estará aberto até o 9 de outubro, e debe facerse a través do formulario que acompaña á información completa do curso

+ info: CTNL
Comentarios (0) - Categoría: [Varios] - Publicado o 29-09-2008 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Concurso de podcasts


A Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Segundo Concurso de Podcasts co obxecto de fomentar a lingua oral e a creatividade mediante o uso das TIC, todo explorando o podcast como novo recurso artístico e pedagóxico.
Pretendemos así mesmo que calquera persoa incorpore de maneira sinxela en Internet poemas, contos, lendas ou comentarios realizados coa súa propia voz, recuperando a tradición oral como modo de transmitir cultura.

Fonte:

ASPG
CTNL
Comentarios (0) - Categoría: [Varios] - Publicado o 25-09-2008 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O teu móbil en galego


Promover o uso do galego no ámbito das novas tecnoloxías e, máis concretamente, na telefonía móbil constitúe o obxectivo fundamental do proxecto O teu móbil en galego, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de por en marcha en colaboración con INEO, o clúster de referencia en Galicia para o sector das tecnoloxías da información e da comunicación.
Por unha banda, asináronse convenios de colaboración cos principais fabricantes e operadores de telefonía móbil.
Paralelamente, presentouse a web www.oteumobielengalego.com, que pretende converterse na páxina de referencia para calquera busca vinculada aos teléfonos móbiles e ao galego. Ademais, déronse a coñecer outras accións divulgativas incluídas nesta mesma campaña.

Os convenios de colaboración impulsados por Política Lingüística foron asinados por cinco compañías operadoras –Orange, R, Telefónica Móviles, Vodafone e Yoigo– e cinco empresas fabricantes –Alcatel, Motorola, Nokia, Samsung e Sony Ericsson–. Este acordo fará posible a implantación progresiva do galego como opción idiomática nos menús e noutras aplicacións dos terminais móbiles que se comercialicen en Galicia, así como nos manuais de usuario e nas guías rápidas en soporte electrónico que se poidan descargar desde a web.

Substitución de terminais
As empresas operadoras comprométense, a través deste convenio, a facilitar que calquera comunicación oral ou escrita cos seus clientes se poida realizar en galego e a promover campañas para que os seus usuarios coñezan a existencia de terminais na lingua propia de Galicia. Tamén ofrecerán aos seus clientes a posibilidade de adquirir móbiles coa opción de galego, así como a de renovar ou substituír os terminais que non teñan a opción de galego por outros que si a teñan.

Pola súa parte, Política Lingüística facilitaralles asesoramento técnico ás empresas asinantes do convenio en materia de cuestións lingüísticas e terminolóxicas, e proporcionaralle apoio institucional a calquera iniciativa das compañías que teña como finalidade a promoción da lingua e da cultura galegas.


Fonte: SXPL

O teu mobil en galego.com

SXPL



Comentarios (0) - Categoría: [Novas] - Publicado o 11-09-2008 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Inscrición nas probas dos CELGA


Prazo de inscrición: Até o día 19 de setembro de 2008

Lugares: As probas en Galiza terán lugar en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo e fóra de Galiza nas universidades con centros de estudos de galego.

Datas das probas:
Celga 4: 15-16 de novembro
Celga 3: 22 de novembro
Celga 2: 29 de novembro
Celga 1: 13 de decembro

Taxas de exame: 15,30€

Documentación que hai que achegar coa solicitude:
-Copia do DNI
-Folla de pagamento de taxas


Máis información:
Gabinete de Normalización Lingüística
Concello de Vimianzo
Praza do Concello, 6
15129 Vimianzo
normalizacion(a)vimianzo.es
981 716 001



Secetaría Xeral de Política Lingüística
Comentarios (0) - Categoría: [Actividades] Formación - Publicado o 02-09-2008 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Curso de monitor de tempo libre
O Servizo de Cultura e Deportes do Concello de Vimianzo organizará o vindeiro mes de setembro un curso de monitor de tempo libre.
As aulas desenvolveranse no Edificio de Usos Múltiples da Torre do 8 ao 12 e do 15 ao 19 de setembro en horarios de mañá e tarde.
O custo do curso é de 300€. Este importe reducirase a 240€ para o alumnado empadroado no Concello de Vimianzo e que faga as prácticas no Servizo de Cultura e Deportes.
As persoas interesadas poderán anotarse ata o día 5 de setembro.
Comentarios (0) - Categoría: [Prensa] - Publicado o 22-08-2008 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Blog do Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Vimianzo

CONTACTO
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

escudo
Gabinete de Normalización Lingüística
Concellaría de Benestar Social, Promoción da Igualdade,
Cultura, Deporte, Xuventude e Ensino

CONCELLO DE VIMIANZO

hit counter

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
© by Abertal