
Con máis de 50.000 entradas, o novo Dicionario da Real Academia Galega xa é consultable e entre outras utilidades conta coa posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras.
Achega, ao mesmo tempo, información gramatical (xénero dos substantivos, formación do feminino, réxime dos verbos...) e, cando é pertinente, sobre o nivel de uso (rexistro formal ou familiar). As acepcións do termo buscado acompáñanse de sinónimos, antónimos e voces próximas semanticamente, ademais de ilustrarse con varios exemplos de uso. Asemade, o Dicionario incorpora a terminoloxía científica manexada nos niveis de estudos medios, así como as locucións e os fraseoloxismos de maior relevancia, cos seus significados e exemplos correspondentes.
No que se refire á súa consulta en liña, a páxina propón un sistema preditivo de busca que facilita a procura do termo.
Ir ao dicionario da Real Academia Galega.
|
 A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten un servizo de asesoramento lingüístico que atende calquera consulta relacionada coa lingua galega (sobre fonética, ortografía, morfoloxía, sintaxe...) ou de carácter terminolóxico.
A área de asesoramento lingüístico atende tamén dúbidas sobre outros aspectos relacionados coa lingua galega, como lexislación, dereitos e deberes lingüísticos, toponimia e antroponimia, datos sociolingüísticos, asesoramento en bibliografía, etc.
Podes facer as túas consultas vía e-mail.(aquí)
|