|
|
|
A FESTA DA PITA NA EOI |
|
 CELEBRA O ENTROIDO NA EOI
Participa sen saír da escola nas seguintes actividades:
1) Charla sobre a orixe e tradicións da Festa da Pita, impartida por Lois Pardo, membro da Asociación Festa da Pita. Será o martes 15 de febreiro ás 18.00 horas no salón de actos.
2) Obradoiros para pintar as olas (recipientes de barro) que escacharán o Domingo Oleiro na praza das Eiroás. Haberá dúas sesións: mércores 16 ás 11.00 e xoves 17 ás 19.30. Apúntate na Conserxaría (é preciso apuntarse para respectar os límites de aforo).
3) Recollida das olas: venres 18 de febreiro ás 12.00. Virá unha Pita vestida co traxe tradicional recoller as olas que pintemos. É unha ocasión especial, porque é a primeira vez que sae a Pita antes do Domingo Oleiro!
Consulta toda a infromación en Lingoreteira
|
|
|
|
O CLUB DE LECTURA E O EDLG CONVÍDATE A LER |
|
.jpg) Marilar Aleixandre participará nun encontro co Club de Lectura e con todas as demais persoas da EOI que estean interesadas na súa obra o día 8 de marzo de 2022 ás 18.00 h. Haberá un número limitado de exemplares de As malas mulleres para empréstito na biblioteca. Non agardes máis e reserva o teu!
(Máis información) |
|
|
|