LIBERDADE GALIZA


É PRECISO O AVANTAR CARA A UNHA REPÚBLICA GALEGA. O SOCIALISMO É A NECESIDADE BÁSICA DO POBO TRABALLADOR, PARA EXISTIR, PARA REALIZARSE EN LIBERDADE. FORON MOITOS OS HOMES QUE INCRIBIRON A FRASE GLORIOSA NA HISTORIA, QUE AGORA REPETIMOS: PATRIA, SOCIALIMO OU MORTE!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Camarada Ricardo Lourenzo escrebe sobre a Constitución do E.I.E.
A constitución, o rei e fume


Ricardo Lourenzo



Xa pasou. O 6 de decembro, día no que as forzas vivas españolas celebran a súa Constitución, quedou xa atrás. E pasou, como non podía ser de outro xeito entre mil louvanzas a un texto legal que naceu torto, clandestino, entre o fume, pechado á participación das xentes do común. Os pais da criatura, paxaros de varias cores, atrincherados no búnker, co búnker, impediron naqueles días da II restauración borbónica a chegada da primavera aos pobos e nacións do chamado Estado español.

En Galiza naquela altura tiñamos alternativa, e non precisamente de máximos, pero tiñamos. A alternativa que @s comunistas de práctica independentista apoiamos foi a creba democrática plasmada nas famosas “Bases Constitucionais prá participación da Nación Galega nun pacto federal e de goberno provisorio galego” e, cando chegou o momento, no referendo constitucional, chamamos á abstención activa , ao tempo que o BNPG estaba polo Non. A Constitución non era, e non é, o marco político e xurídico que garanta os mínimos democráticos para o noso Pobo.

Este é apenas un artigo de opinión. Non ven ao caso xa que logo facer un exaustivo relatorio do que significaron estes anos de “democracia” formal para a nosa nación. O desastre está á vista de quen queira ver.

Quixera, iso si, chamar a atención sobre a necesidade que ten o país dunha readecuación do movemento de liberación nacional á etapa histórica que estamos vivindo. A Frente veuno dicindo abertamente desde a súa última Asemblea Nacional: cómpre pór en marcha todas as iniciativas que se consideren necesarias para promover os máis amplos acordos... nun proceso de Reconstrución Orgánica da Esquerda Nacionalista. É imprescindíbel pasar das palabras aos feitos. Non é tarefa doada, sabémolo ben. Mesmo é posíbel que isto implique reformular moitos esquemas que se foron configurando coa inercia dos anos. Mais se somos quen de situar os intereses da Nación e do Pobo Traballador por riba de calquera outro interese, mesmo de carácter persoal, coincidiremos en que é necesario, é urxente, é, por que non, posíbel. Desde logo, o republicanismo independentista de esquerda representado pola nosa organización non cansará nunca de defender a recomposición do proxecto de liberación nacional e social. Nós na nosa humildade intentámolo sempre, e de aquí a pouco xa irán vinte anos de existencia ininterrompida da Frente, e con todo case sempre houbo quen antepuxo a súa comodidade en nicho propio á lealdade con Galiza. Seremos as galegas e galegos quen sempre caiamos nos mesmos erros?

Esta recomposición do espectro político, porén, debera ir parella a unha estratexia de construción nacional. Unha estratexia que, sen ser novidade na nosa historia como movemento -lembremos a titánica tarefa dos patriotas do primeiro terzo do século XX- comece a crear institucións nacionais á marxe do poder autonómico-constitucional vixente, desde Ponferrada até Compostela. Cómpre saltar por riba das fronteiras artificiais que impuxeron sobre o noso Pobo, hoxe dividido entre sete provincias, e marcarmos unha estratexia plenamente nacional, na súa territorialidade, e sectorial, nas distintas frentes de traballo que marquemos. Temos pois ante nós dúas tarefas xigantescas, reconstrución do suxeito socio-político para a liberación nacional e social e paralelamente construción das institucións nacionais, xermolos da futura República Galega.

Veño estes días, por outra banda, de ler un caderno recén publicado pola organización xuvenil ADIANTE titulado Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista escrito por Iñaki Gil de San Vicente. Deste interesante traballo apenas quixera resaltar unha frase: “o Estado español é unha “democracia”, na práctica é unha monarquía con poderes extraparlamentarios que garante a unidade territorial do Estado como auténtico cárcere de pobos”. O papel que a monarquía española veu simbolizando nestes anos, ninguén o dubida, foi de auténtico garante da “unidad nacional” española. Recentemente aínda tivemos ocasión de contemplar a viaxe que o Borbón fixo ás cidades bereberes de Ceuta e Melilla nun claro intento de reforzar a súa españolidade -curiosamente cun goberno en Madrid do PSOE, o mesmo co que está aliado en Compostela o BNG-. Un Borbón, non fai falta ter moita memoria, imposto polo Ditador e ratificado por todos os partidos españois e algúns autonomistas. E velaquí que a prensa hai uns días se escandaliza porque en Galiza se queimou un boneco coa faciana borbónica! Un boneco que no noso caso representa nin máis nin menos que a nosa submisión e dependencia aos ditados de España, aínda que sexa simbolicamente. Para algúns as galegas e galegos somos un pobo menor de idade que non temos dereito a decidir libremente o noso presente e futuro. E sorpréndense pola queima dunha cartolina... En todo caso unha anécdota. Fume outra vez. Do realmente importante, a mobilización unitaria convocada en Vigo por Causa Galiza e as súas motivacións, apenas se falou. Isto aos altofalantes do réxime non lle interesa. E teño a intuición de que nese desinterese non estaban sós. Posibelmente onde se planificou esa queima simbólica pretendían tamén espallar o fume por toda a contorna nun novo intento de ningunear a mobilización soberanista. Mobilización, por outro lado, que xa viña tocada por distintos motivos a pesar do optimismo esaxerado de algún cando nun medio de comunicación declaraba que a participación nesta ía ser tan ou máis ampla que no Día da Patria, nunha clara demostración de non se saber moi ben por onde se pisa. E neste sentido os números da manifestación son contundentes e nos que alguén, se quere, terá que reflexionar.

En calquera caso, o ano no que estamos xa remata. Un ano que puido ser e quizais non foi. Puido ser o da esperanza nese proxecto chamado Causa Galiza. Proxecto aglutinador de forzas pola autodeterminación nacional e contra a farsa autonómica. Proxecto superador dos vicios do pasado. Proxecto que, en fin, a medida que pasaban os meses facía comprender a moitas e moitos de nós, organizad@s ou non, que hai algún sector que non está á altura das circunstancias e, por considerarse en minoría, cuestión esta non pouco subxectiva, dedicou máis esforzos en torpedear o traballo conxunto que en apostar con xenerosidade polos obxectivos comúns. Os métodos democráticos nunca serán entendidos por quen se pensa a si mesmo en termos de vangarda, triste vangarda, por certo, esta que só entende de boicotear o que non “controla”. Se cadra a culpa témola outros por darlle o beneficio da dúbida máis unha vez. En fin, un proxecto que quizais non foi, que quizais remate nunha anécdota como a que alguén fixo coa queima do boneco... e mentres o chamado nacionalismo galego maioritario (unionista) anda a reclamar máis Guardia Civil para Galiza.
Comentarios (0) - Categoría: galiza - Publicado o 13-12-2007 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O CLUBE COMUNISTA PILI PAMPIM critica duramente as verbas de Mauricio Castro
O CARRO ANTES DOS BOIS (Resposta a Mauricio Castro)
Club Comunista "Pili Pampín" (CCCP) , 13.12.2007, (Id: 13471)


Limos a entrevista que Vieiros fai o día 4 a Mauricio Castro, portavoz de NÓS-UP e militante de Primeira Liña. Antes de contestar estas palabras queremos criticar o lugar elexido para pronuncialas: un medio público.

Pensamos que hai aquí un grave “erro” de forma: se algo se debe dicir sobre unha proposta concreta, o lugar axeitado son as reunións onde participan os membros desta, non altofalantes mediáticos “prestixiosos” como Vieiros e Galicia Hoxe. Utilizar tais medios indica indiscrección, afán de protagonismo e pouca seriedade. As aportacións e as críticas cando son serias e realmente constructivas fanse no seu lugar evitando escenarios e focos. Nesta ocasión, o medio utilizado por PL demostra sen máis explicacións a falta de sinceridade do propósito exposto.

Destacada esta cuestión, cremos que o carácter público das declaracións de M. C. obrigou ao selecto Club Comunista “Pili Pampín” (CCCP), vanguarda do máis requintado da Clase, a responder de forma tamén pública para contrarrestar opinións erróneas que desorientan as masas populares galegas e, particularmente, aos obreiros revolucionarios de vanguarda, que andan en vilo permanente nestes días ante o stand by e o constante on off político actual.

Limitarémonos a contestar os aspectos das declaracións que atinxen á “unidade independentista” e á construcción do suxeito colectivo capaz de impulsar o proceso de liberación nacional e social do país. As ideas forza do filólogo reintegracionista indican continuidade e coherencia estratéxica de Primeira Liña no tratamento desta cuestión pero, tamén, persistencia cerríl nos mesmos “erros” de sempre a pesar de que as consecuencias negativas son visíbeis (entrevirgulamos “erros” porque dudamos que PL teña vocación unitaria ningunha, có cal non se trataría de “erros”, senón de acertos dirixidos a facer imposibel calqueira unidade ou entendemento).

Dí M. C. que espazos como Causa Galiza son “insuficientes”, que "non chega con facer propostas tácticas e puntuais e xuntarse en datas sinaladas ou rituais como o Día da Patria ou o 6 de Decembro”, que “Galiza precisa que se vaia alén” e que “é precisa a unidade da esquerda soberanista para alén das datas rituais”. Parécenos estupendo que M. C. teña tan altas metas por nós compartidas. A pesar de todo, unha cousa son os desexos e outra os tempos en que son realizábeis: anunciar que se está a favor de ir “máis alá” cando non hai condicións para facelo é un exercicio gratuíto e inútil. Ademáis contribúe a perdernos polo camiño. Vemos máis ambicioso dar un pequeno paso que facer ensoñacións sobre maratóns imposíbeis.

Faremos unha metáfora explicativa sobre isto dos tempos para que as masas nos comprendan: cando PL puxo en 2005 ao BNG á altura de Ence e Caixa Galicia na responsabilidade dos incendios forestais e colocaba o logotipo do Bloque xunto do destas entidades, todos ardendo, como chamando subliminalmente a dar estopa, demonstrábanos que nom sabía medir os tempos. O BNG non tivera marxe para tratar a cuestión e, por outra parte, situar no mesmo nivel a dous responsábeis estructurais do lume e o BNG, que acababa de entrar na consellería, evidenciaba que cafres eran aqueles suxeitos. “As massas apuparam maciçamente Primeira Linha”, diría algún documento interno se a realidade se analizase cun mínimo rigor...

Primeira Linha sigue incapaz de medir os tempos e asumir o que a xente decide. M. C. sabe que Causa Galiza non é a tentativa de montar outro partido político máis, senón un proxecto para compactar forzas políticas, sociais e individuos para desenvolver unha campaña nacional prolongada pro dereito de autodeterminación e, cando sexa, anti Estatuto plebiscitado. As virtudes deste proceso aparentemente humilde son notabeis. Foi aprobado por unanimidade, despóis de que se derrotase a iniciativa de Primeira Liña de virar Causa Galiza nun grupo político tras o referendum. O tema ficou claro, pero PL segue coa teima máis alá das estructuras. Agora, xa que perdeu onde se vota, faino a través dos medios, de forma trampulleira e desleal.

Queren PL ir a máis velocidade? Parece dudoso porque é perfectamente consciente de que é imposibel e que os axentes políticos e sociais de Causa Galiza non están polo labor. Por que lanzan entón declaracións ao aire? Por pura simulación e afán de protagonismo? Se houbese algo de sinceridade nas palabras, repetimos, o lugar para pronuncialas sería outro. Xa o fixeron e foron democraticamente derrotados. Insisten, conscientes de que a proposta non irá a ningures. Cómo é posible que afirmen que están por unha “unidade” máis avanzada vilipendiando á FPG, acusando ao Espazo Irmandiño de “anarcoides pequenoburgueses esencialistas” e descalificando os nacionalistas que estám no BNG? A qué xogan? Con quén pretenden “unirse” ou, mellor dito, quén se vai “unir” con estes despóis de coñecer semellante pana?

Volven agora có conto da “cuarta forza política”. Resumindo, o conto é “Todos os independentistas galegos e galegas xuntáronse nun único partido e foron ás eleccións. Como a xentiña estaba tam farta do BNG, e non digamos do PP e o PSOE, o partido independentista conseguiu un deputado e convertiuse na “cuarta forza política” galega”. Así remata este conto infantíl e mecanicista. O selecto Club Comunista “Pili Pampín” opina que esta concepción das cousas é electoralista, máis alá da verborrea radical e antieleccións con que se viste. Ocurrésenos unha pregunta simple: se non se dan condicións para construír unha alternativa política independentista unitaria que teña a lexitimidade e apoio de todos, se costa tanto o traballo conxunto, a que vén falar de eleccións? Acaso non é por o carro antes cós bois? Qué virtualidade política ten facer propostas que se saben inviábeis? Quén perde o sentido por ir ás eleccións?

Desde o noso foro de reflexión, e trás escoitar a opinión dalgúns obreiros comunistas de vanguarda que se pasaron polo noso despacho, o Club Comunista “Pili Pampín” elaborou as seguintes consignas dirigidas a todas as masas populares e, en especial, aos sectores máis radicalizados e conscientes do Proletariado Combatente:

1ª Aos de PL impórtalles um grelo Causa Galiza. A ver se vos inteirades. Saben que non a poden controlar e síntense minoría, logo pretenden defenestrala. É de libro e aínda non o aprendéchedes! Esta é a razón dos comportamentos inaceptábeis que verificamos. A pelota está no voso tellado. É tempo de vos comportardes como adultos.

2ª O da “cuarta forza” é um tongo, un enganabobos de marketing que demostra que algúns estám máis pendentes das institucións do que admiten coa boca grande. Son incapaces de entender como se constrúe forza social e política porque non o fixeron nunca, e parecen non entender de que situación partimos. Con semellantes vanguardas para que ter inimigos? Seremos os “cuartos”, e até os “primeiros”!, cando estexamos na rúa a diario, cando teñamos a consideración do pobo e estexamos con él nas trincheiras en que se bate. Mentres, political phantasy, Erasmus Revolution e ensoñacións. Os votos só son a expresión colateral do traballo.

3ª Queremos ilumiñar o camiño do Pobo Traballador con estas últimas palabras: cós de Morais non vades a ningunha parte, chavales! Non hai construcción positiva posibel con quen só pensa en cómo apropiarse e devorar o que se constrúe entre todos. Non hai futuro desde a premisa irracional de que as direccións políticas preexisten á vontade dos individuos e non deben demostrar a capacidade na práctica. Os climas envelenados de traballo abortan toda tentativa. Cántas veces volo dixemos á entrada das fábricas, carallo!, e seguides sen facer p. caso. Traballadores e traballadoras galegas: soltade lastre se queredes voar! O puzzle que queredes compoñer ten como mínimo unha peza de máis!


Insistencia ata a Independencia
Club Comunista “Pili Pampín”
(Onde ser da Clase exixe selección)
Comentarios (0) - Categoría: galiza - Publicado o 13-12-2007 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
FIDEL CASTRO NA UBA, ARXENTINA.
O COMANDANTE EN XEFE FIDEL CASTRO, FALANDO PARA MOZ@S DA FACULTADE DE DEREITO DA UNIVERSIDADE DE BUENOS AIRES, NA ARXENTINA.

REVOLUCIÓN CUBANA SEMPRE.
(R)EVOLUCIONA!!!



Comentarios (0) - Categoría: galiza - Publicado o 20-06-2007 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MOMENTOS CON FIDEL.- CUBA, CAMINO DE REVOLUCIÓN.




MOMENTOS CON FIDEL.






Comentarios (0) - Categoría: galiza - Publicado o 19-06-2007 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
EL CHE DONDE NUNCA JAMÁS SE LO IMAGINARON.- CUBA, CAMINO DE LA REVOLUCIÓN





EL CHE DONDE NUNCA
JAMÁS SE LO IMAGINARON
.






Comentarios (0) - Categoría: galiza - Publicado o 19-06-2007 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CUBA ANTES DEL 59.- CUBA CAMINOS DE LA REVOLUCIÓN.












CUBA CAMINOS DE LA REVOLUCIÓN.
ANTES DEL 59.

Comentarios (0) - Categoría: galiza - Publicado o 19-06-2007 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A FPG DE VIGO TEN NOVO BLOGUE

UNHA BOA NOVA PARA O INDEPENDENTISMO GALEGO:

A Frente Popular Galega (FPG) de Vigo ven de presentar ultimamente o seu novo blogue. Implica a presenza da candidatura viguesa e as súas propostas na rede.

Agora agardamos as súas actividades de rúa, outra amósega máis da decisión firme de achegarse ao pobo.





A FPG PRESENTA O IDEARIO MUNICIPAL
DA SÚA CANDIDATURA AO CONCELLO DE VIGO


Presenta a FPG (Frente Popular Galega) a súa candidatura ao concello de Vigo por un imperativo político e moral, froito da decisión maioritaria do seu colectivo de militantes.
Ofrece a FPG á veciñanza de Vigo un programa de intervención municipal coa intención de responder aos intereses da maioría traballadora que ocupa a cidade e as súas parroquias.
A FPG pregúntase cales son os grandes problemas que atinxen á cidade e ofrece solucións e alternativas aos mesmos. Nós consideramos os seguintes como principais.


1. O PXOM.

Propugna a FPG un planeamento en función dos intereses xerais, non particulares; e posiciónase contra a especulación e a corrupción.

A Frente Popular Galega REXEITA ESTE PLAN XERAL por especulativo, por non responder ás necesidades do pobo de Vigo, polas dúbidas que sementou ao seu redor, por tentar legalizar o ilegal para tapar así construcións que se verían abocadas ao derrube por non se axeitar á lei vixente, por destruír o noso medio rural (riqueza en perigo de extinción)... Non asume a FPG os criterios nin os argumentos que consiguen unir a patronal, asociacións veciñais e sindicatos, uns sindicatos acríticos, entregados a valores de moi dubidoso interese xeral. A teimosía da coalición urbanística PP-BNG nunha proposta amplamente discutida por numerosos e distintos sectores provocou a actual situación de crispación política e de incerteza.

De maneira que RECLAMA a FPG a suspensión da tramitación do PXOM e a abertura dun novo debate sobre o modelo de cidade que queremos. É preferible unha nova demora na aprobación do Plan que os danos irreparables que a actual proposta traería consigo.

Ante os numerosos casos de irregularidades na concesión de licenzas municipais e ante as continuas sentenzas xudiciais que ordenan derrubes de edificacións que logo non se executan por inviabilidade económica do Concello, PROPÓN a FPG que se esixan responsabilidades aos concelleiros e concelleiras e ao persoal técnico que de forma neglixente informasen e/ou concedesen licencias ilegais.


2. A VIVENDA.

A especulación e a permanente alza do prezo dos pisos converten a vida da maioría das persoas nunha hipoteca case indefinida. O aluguer, as condicións das vivendas e o deterioramento destas son problemas de primeira orde, nomeadamente no caso da mocidade.

RECLAMA a FPG o avance decidido nos plans de rehabilitación do Casco Vello e a súa ocupación plena como zona residencial, a partir das necesarias reformas nos edificios de propiedade municipal (uns 8.000 metros cadrados, segundo informacións) como na concesión de axudas aos propietarios dos inmobles, e a PROMOCIÓN DE VIVENDAS (Convenios Xunta-Concello) DE PROTECCIÓN SOCIAL, en réxime de aluguer a prezos referenciados cos salarios, ou sexa en base a unha porcentaxe dos mesmos.

Proponse a creación dun ente público para a xestión do aluguer dos pisos baleiros como sistema de abaratamento do prezo da vivenda e para quitar a razón a aqueles que pretenden un crecemento desmedido da edificación.
FACILITARASE A INFRAESTRUTURA NECESARIA PARA A CONVIVENCIA DA XENTE NOVA: Cesión de edificios municipais para a organización da mocidade e para o desenvolvemento de actividades culturais como para a divertimento.

O Concello procederá á CESIÓN DE SOLO URBANIZABLE para facilitar os convenios entre institucións para a citada promoción da vivenda pública.


3. POLÍTICA DA AUGA. A RÍA DE VIGO: recheos, depuradora.
DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE. A ENERXÍA


Recuperación da xestión pública dos servizos de abastecemento e saneamento das augas. Planificación nacional destes servizos e xestión pública na perspectiva comarcal e da área metropolitana.

NON ADMITE A FPG nin un centímetro cadrado máis de recheo na Ría. Non máis ocupación da lámina de auga do mar de Vigo. Expulsión das áreas portuarias de Bouzas e do Berbés de empresas non relacionadas directamente co uso portuario.

Recuperación do litoral Teis-Guía, así como do parque d´A Guía.

SANEAMENTO TOTAL da Ría. Oposición a unha Macro-depuradora que concentre todo o tratamento das augas residuais e que condene á morte a unha importante zona húmida como é a xunqueira do Lagares e ao desprazamento vital do vecindario de Coruxo. Estamos pola construción de pequenas depuradoras, que non teñen por que estar situadas na beiramar nin á beira dos ríos; como tampouco deberan desaugar directamente no mar, pois enténdese que a auga que emitan será auga "depurada", ou sexa, válida para o regadío ou para outros usos non domésticos.
Separación das augas pluviais das augas fecais.

"Non queremos Medio Ambiente, querémolo enteiro", como se di nas pancartas. Atención prioritaria ás emisións tóxicas e de CO2; restrición do tránsito de vehículos a motor polo centro de Vigo, mellora e abaratamento do transporte público.


4. DEMOCRATIZACIÓN DA VIDA MUNICIPAL.

Os homes e mulleres de Vigo non teñen poder algún nas tomas de decisións de especial relevancia. Non se pode intervir directamente na política pois cédense os dereitos das persoas a concelleiros e concelleiras aínda que despois poidan desilusionar. A cidadanía non ten en realidade ningunha capacidade decisoria no concello e ten que delegar un poder enorme nunha agrupación política. A maioría das asociación veciñais son reféns do Concello que as mantén e que mantén as súas sedes sociais.

CONSIDERAMOS NECESARIA a elaboración dun REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ no que se establezan sistemas onde tal participación non se vexa sometida ao filtro das AAVV. Propoñemos a creación de Consellos Parroquiais e de Barrio, coas súas Asembleas respectivas, na perspectiva da reivindicación e esixencia ante a Xunta de Galicia do recoñecemento xurídico e administrativo destes entes tradicionais e plenamente vixentes de asentamento da poboación rural e urbana.

ATENCIÓN ESPECIAL Á PARTICIPACIÓN DA MOCIDADE NA ELABORACIÓN DE POLÍTICAS ORIENTADAS A FACILITAR A VIDA DA XENTE NOVA NO SEU MÁIS AMPLO SENTIDO. O goberno municipal debe contemplar na súa propia estrutura unha área especial de atención á mocidade.


5. ÁREA METROPOLITANA E EURO-REXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAl.

A ordenación do territorio, o estudo das infraestruturas de comunicación e de transporte, os servizos públicos, deberán ser planificados para demarcacións territoriais máis amplas que o concello. O desenvolvemento socio-económico, as tendencias de crecemento industrial e comercial obrigan a un tratamento estratéxico desde a área Metropolitana de Vigo (que a FPG concibe orientada ao sur, até o río Miño; mentres o Morrazo constitúe outra área diferente, aínda en relación íntima con esta) e desde o ámbito da Euro-rexión galicia-Norte de Portugal, onde Vigo e Porto aparecen significados como os dous polos de maior transcendencia.

Desde esta perspectiva é desde a que se deben formular as necesidades. Faise prioritaria a comunicación en malla ou en rede dentro de Galicia (Vigo-Lugo, por exemplo) e coas cidades do Eixe Atlántico. As necesidades en materia de ferrocarril deben contemplar o transporte de viaxeiros e o de mercadorías.


6. DA LINGUA GALEGA E DA CULTURA.

Aplicación efectiva da Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística. Aprobación definitiva do Plano de Normalización Lingüística.

Debe a xente considerar no seu exercicio do dereito a voto a reclamación de que as persoas membro do goberno municipal deben dar exemplo permanente de instalación e atención á galeguización en todos os aspectos da vida: nos discursos, nas intervencións plenarias, nas declaracións á prensa, nos eventos culturais e deportivos de masas, etc. DEBE SER O GALEGO VEHÍCULO PERMANENTE DE COMUNICACIÓN NA ACTIVIDADE MUNICIPAL.

Creación e dotación de bibliotecas en todas as parroquias. Locales e infraestruturas de titularidade e financiamento municipal para o desenvolvemento da arte e da cultura nas súas distintas manifestacións, con especial apoio á mocidade e á terceira idade.

Atención e coidado do Arquivo e da Hemeroteca municipais, actualmente ubicada nunha dependencia do garaxe do Concello e absolutamente desatendida. Nova ubicación, permitindo o acceso regulado dos cidadáns e debidamente atendida por profesionais.

Atención e defensa do patrimonio histórico. Catalogación e musealización dos achádegos.


7. ENSINO.

Preocupa na FPG o deterioro do ensino: a escaseza de centros públicos de educación infantil, de primaria e de secundaria no centro da cidade deben suscitar unha particular atención do goberno municipal prevendo a cesión de terreos necesaria para a construción de novos centros. Deberá o goberno municipal PRIORIZAR O CUIDADO DOS CENTROS PÚBLICOS, como deberá facilitar a vida familiar cun eficaz e puntual transporte escolar e coa organización de bos comedores escolares a prezos económicos.

Deberase buscar o establecemento dunha íntima relación entre a cidade e os centros de ensino, que sexan continuación os uns dos outros e que as horas de utilización das instalacións culturais e deportivas deben ser as necesarias para a mellora no desenvolvemento físico e saudable dos rapaces e das rapazas.


8. SANIDADE E SAÚDE.

A preocupación pola saúde da poboación debe atravesar todos os eidos da política municipal: no abastecemento de auga e no saneamento; na situación sanitaria dos locais públicos; no control dos alimentos que se atopan nos andeis das tendas e dos hipermercados; na vixilancia permanente sobre a contaminación; ...

Dotación de espazos e terreo público para a construción dos centros sanitarios públicos necesarios.

Estado de atención e reivindicación constante de política de saúde para toda a poboación, contemplada de xeito universal.


9. DEPORTE.

Apoio prioritario ao deporte base e non profesional, nomeadamente nos centros de ensino. Atención ao desenvolvemento das agrupacións, clubes e asociacións deportivas así como á dotación de infraestruturas para uso xeral.
Promoción do deporte autóctono e tradicional.


10. COMUNICACIÓN. TIC´s.
Dotación necesaria para medios de comunicación de titularidade municipal (periódico, emisora de radio, canle de televisión.)

Deseño e elaboración dunha eficaz Web municipal: para información xeral e para axilizar os trámites administrativos.

Atención preferente ao desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e Comunicación. Extensión progresiva das mesmas a todos os ámbitos e sectores cidadáns. Dotación municipal de servizos informáticos de uso público con acceso gratuíto a internet. Priorización e xeralización do software libre, non propietario, e dos estándares abertos.


11. DA ECONOMÍA, DO BENESTAR SOCIAL.

CRÍTICA DO FINANCIAMENTO MUNICIPAL. O raquitismo e o populismo no autofinanciamento dos concellos propicia o exercicio do poder clientelar das Deputacións e o caciquismo, vía política de subvención. A FPG reclama unha maior autonomía municipal e considera imprescindible a liquidación dos feudos provinciais, aínda que iso requira un maior esforzo impositivo dos cidadáns, pero, sobre todo, quen deben tributar de xeito especial son as entidades financeiras, as grandes industrias e os hipermercados.

PROMOCIÓN INDUSTRIAL E POLÍTICA DE EMPREGO.Vixilancia ante a DESLOCALIZACIÓN INDUSTRIAL: establecemento de cláusulas de penalización no caso de deslocalización de empresas. Devolución de subvencións no caso de liquidación de actividades produtivas.

Dotación de solo industrial suficiente para a instalación de empresas.

Fomento do emprego para persoas de orixe autóctona ou inmigrante, sen diferenza de ningún tipo. Políticas tendentes a que o saldo migratorio sexa favorable a Galicia; aplicación de políticas que impidan a nova emigración de galegos e de galegas no noso tempo.


12. LAICISMO. ANTIFASCISMO. PRINCIPIOS REPUBLICANOS.

Esixe a FPG un comportamento LAICO dos representantes municipais e do Conceñllo como institución. ELIMINACIÓN inmediata de toda a simboloxía fascista e aplicación dunha política de permanente recuperación da memoria histórica.
Orientarán á FPG no desenvolvemento da súa política municipal os principios republicanos de igualdade, de liberdade e de irmandade. apoiaremos desde o Concello todo movemento popular que defenda os dereitos das traballadoras e dos traballadores, desde as fábricas, os bariios, etc.
Defensa dos dereitos da muller e de todos os cidadáns e cidadás con independencia da súa orientación sexual. Queremos un Vigo solidario: entre os seus habitantes, naturais e inmigrantes, como cara a fóra, coa posta en práctica de políticas directas de cooperación e co apoio a organismos de axuda ao desenvolvemento.


13. POR UNHA GALICIA LIBERADA

Reclamará a FPG no Concello unha política de apoio e impulso ao proceso de emancipación nacional de Galicia; posicionándose sempre a favor de medidas que conduzan a unha progresiva asunción de competencias das institucións galegas, buscando a súa radical transformación en institucións soberanas, capaces de aplicar un día as medidas imprescindibles para rachar coa situación de economía dependente que a nación galega arrastra secularmente
........................................................................................
FRENTE POPULAR GALEGA (NACIONAL)
FRENTE POPULAR GALEGA (VIGO)
Comentarios (1) - Categoría: galiza - Publicado o 07-05-2007 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
NÚMERO 6 DO EMBATE NA RÚA
Capa do Nº 6 do EMBATEA organización da Mocidade Revolucionaria Galega, ADIANTE, acaba de tirar do prelo o número 6 do seu voceiro nacional, o EMBATE.

En verbas da organización:

"Neste novo número poderás ler, alén das seccións habituais, artigos sobre a loita de liberación nacional de Escocia, sobre o movemento okupa, sobre a loita contra a precariedade, entrevistamos a unha integrante do colectivo Fuga Em Rede, ou o dossier sobre os referentes da loita xuvenil revolucionaria, neste número dedicado a Ógra Shinn Féin, as mocidades do Movemento Republicano Irlandés"
PICA AQUÍ PARA ACCEDER Á PÁXINA DE ADIANTE
Comentarios (0) - Categoría: galiza - Publicado o 07-05-2007 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GALIZA CEIBE
Cool Slideshows

Comentarios (0) - Categoría: galiza - Publicado o 24-03-2007 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SOLIDARIDADE PARA CON DE JUANA CHAOS
DE JUANA CHAOSASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ ASINA AQUÍ

As pessoas, organizaçons e colectivos abaixo assinantes queremos manifestar a nossa solidariedade com Iñaki de Juana Chaos, preso político basco em greve de fame, e demandar das autoridades espanholas a sua imediata posta em liberdade.

Entendemos que a situaçom que na actualidade sofre Iñaki de Juana é um caso evidente de perseguiçom por motivos políticos. A condena, recentemente imposta pola Audiência Nacional, e recorrida diante do Tribunal Supremo, a 12 anos de prisom sob a acusaçom de um delicto de ameaças terroristas supostamente recolhidas em dous artigos de opiniom publicados na imprensa, é umha burla aos mais elementares princípios democráticos.

À vista dos factos, e em virtude do debate suscitado na cena pública, temos que acordar que o único “delito” polo qual realmente está a ser perseguido Iñaki de Juana é o de fazer parte de um determinado movimento político submetido a um proceso de criminalizaçom e assédio, representando a sua permanência em prisom mais um passo de umha estratégia repressiva.

A Iñaki estám a matá-lo por ser abertzale e de esquerda, do mesmo jeito que ilegalizam organizaçons políticas e sociais, proíbem manifestaçons e fecham jornais.

Nom há soluçom possível para o conflito político entre Euskal Herria e o Estado Espanhol se nom houver umha vontade manifesta de ensaiar a via do diálogo e o respeito polos direitos democráticos.
.............................................................

211 Pessoas Assinantes
Comentarios (0) - Categoría: socialismo - Publicado o 14-02-2007 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal