Lendas de Galiza
As Pupieiriñas
Así que xa sabes: a fama lévana outros e o traballo está feito por unhas galeguiñas espilidas.
Que a túa Pupieiriña atine co teu agasallo e axude a que teñas unhas boas festas.
Da Casa da Moura
En Calvos de Randín, un pobre que ía a mañá cedo pra feira do 12, o pasar po la casa Moura, saiulle un mouro e prguntoulle:
— ¿E logo, pra onde vai?
— Vou a feira a mercar unhos porquiños.
— ¿E ten moitos cartos pra os mercar?
— Ai, señor, eu cartos téñolle pouquiños.
— Pois ven, merca duos porcos dos mellores que haxa, e despois esperame ali, ti e mais quen  chos venda. Que despois vou eu a pagalos.
Pasou todo segun dixera, e cada un quedouse cun porco.
Enton o mouro díxolle ó home:
— ¿Todas as mañás cedo traesme medio neto de leite, non chames, soio deixao niste sitio senalado, e teras un peso todo los dias. E non digas nada que estas cousas non se poden contar.
Por moito tempo o home levou  o leite e colleu os cartos en segredo.
Mais a sua muller , sempre lle andaba dicindo:
— ¿de donde te veñen os cartos?, que antes non tíñamos a egora temos moitos, seguro que tes unha amiga que chos da.
O home díxolle:
— Non muller, ti come e bebe e a min déixame que non teño amiga ninguhna.
Tanto a muller insistíu, que acabou por contarlle todo.
O home veu pra o outro día a mañá a levar o leite, e en vez de cartos, atopuo un corno cun letreiro que dicia:
Falaches
Corneaches.
Dos chourizos na mina dos Mouros
En Covelas, Os Blancos (Ourense), hai unha mina dos mouros que vai desde Nocedo ata Valdarca. Unha vez entrou nela un home coa intención de facerse co ouro que dicían que tiñan alí gardado os mouros. Entrar, entrou, pero non daba saído; tiveron que ir os veciños por el.
O home dixo que non dera co ouro, pero que atopara chourizos e "de todo".
Do carro de ouro da Touza
En Covelas, Os Blancos (Ourense), nun lugar chamado A Touza había un carro de ouro. Para poder sacalo había que ler moito e sen parar. Unha noite o avó dun tal Roque foi aló e empezou a ler. Leu e leu, sentiron un tremor moi grande e afundiuse a terra. Seguiu lendo ata que saíron os estadullos do carro, que eran de ouro, pero, de repente, sumiuse todo; o home non deu lido máis.
Das mouras do Treboal
Os penedos do Treboal están en Covelas, concello de Os Blancos (Ourense). Neste penedos vivían unhas mouras, e unha rapaza de nome María que andaba co gando polo monte sentíu que berraban por ela.
Achegouse ás penas e as mouras dixéronlle que lle daban unha cesta con fabas que se convertirían en ouro se non llo contaba á nai; de dicirllo, matábana.
María prometeu non dicir nada, foi para a casa coa cesta de fabas e pousouna enriba dunha arca. Pero a nai cismaba:
— Que levas?
— Non cho podo dicir.
— Ou me dás a cesta ou douche unha malleira!
María cacabou por darlle a cesta e, como se pode supoñer, as fabas seguiron sendo fabas e non se transformaron en ouro.
Ao día seguinte a rapaza volveu ao monte. As mouras chamaron por ela e logo matárona. Cando se decataron da tardanza, a nai e a veciñanza foron tras dela pero axiña lles respondeu unha das mouras:
— Mariquiña, Maricola,
con aceite e allo
metida na barrigola!
Do penedo do Arangaño de Cortegada
O Penedo do Arangaño ou Angaraño  atópase  en Cortegada, concello de Sarreaus,  ) nun dos montes da parroquia de Os Castelos. Ten gran grosor e unhas proporcións de 1,5 m de alto e 3 m de diámetro, aproximadamente.
O penedo era bo para curar unha enfermidade moi común entre os nenos pequenos, que consistía nun avultamento da barriga; como consecuencia non comían e ata podían chegar a morrer. A xente maior do lugar conta que como se facía o rito: levávase ao meniño ata o penedo e a nai metíao polo burato, despois a madriña recollíao pola saída do penedo. De seguido quitábaselle a roupa ao neno e colgábase das árbores que están arredor e logo vestíase o meniño con roupa nova.
Como sinal de agradecemento tirábanse moedas dentro do penedo e púñase un cirio acendido. Hoxe en día aínda  podense ver restos de candeas e hai uns anos era posible atopar moedas.  Algunhas persoas din que só era necesaria a presencia da nai e dunha axudante.     Outras tamén din que á vez que se pasaba ó meniño por debaixo do penedo había que dicir unhas palabras ¨máxicas¨, algo así como:
— Comadre miña, heiche vai o angaraño; vóltamo sano e vivo.
Dos exércitos do Rei Artús da Lagoa de Antela
Texto 1:
E unha era que como había moitos charcos e lameiros, chegado o verán saían deles tantos mosquitos cínifes que, erguéndose á posta do sol, pola veiga abaixo voando, resplandecían as ás que parecían armas, e os da terra que os vían dicían e afirmaban que era o rei Artús que estaba encantado co seu exército naquela veiga. Así ó crían porque dicían que seus pais e avós, e devanceiros así o dixeran e afirmaran. Estas e outras malicias, parvadas e pecados quitáronse e desterráronse co novo edificio.
Texto 2:
[···] e coa calor do sol no verán espállanse pola atmosfera unha nube inmensa de zoadores cínifes que mortifican de día e de noite, e non cabe existan en ningunha parte tantos nin tan carraxentos e sañudos. Á antiga superstición pagá sobre o eterno e universal esquecemento que producía o beber ou atravesar as augas do Leteo, o vulgo sempre crédulo e amigo do marabilloso, substituíu outra nos tempos cabaleirescos que aínda duraba ós principios do século XVI, de ser estes alados e armados insectos os exércitos encantados do rei Artús, transformacións das que falaron tanto os romances nacionais e extranxeiros.
Do mosteiro do Bon Xesús
Moitas lendas  se contan sobre o mosteiro,
Uns Cabaleiros Portugueses toparon unha imaxe de Xesús neno, e construiron unha capela pra cobillala, a fama que foi collendo  o lugar, aproveitouse pra instalar unha comunidade ofrecida a orde de San Francisco.
1520: Fundación do Bon Xesús de Trandeiras. Nos documentos que conta a súa fundación aparece a lenda dos mosquitos como soldados encantados do rei Artús, ademais da descrición da zona naquelas épocas.
Do tesouro do mosteiro da Limia
No concello de Xinzo, aló pola parroquia de Guntimil, hai un lugar chamado Mosteiro. Disque o nome venlle de que as casas están feitas coas pedras dun antigo mosteiro que fora abandonado. As súas ruínas fican nun outeiro moi frondoso e teñen sona entre os vellos de gardar baixo a terra un tesouro. Contan que a comezos do século pasado chegaron a Mosteiro un grupo de ingleses co Ciprianillo na man, con sachos, picos e pás para cavar. Non puideron. En canto os paisanos se decataron, botáronos a pedradas. E aló debe continuar o tesouro, porque hai cousas que é mellor non remexer.
Da Muller-Lobo Capitana de Lobos
Había alá en tempos de Castela un pai que tiña moitas fillas e unha delas comia moita carne, canto mais lle daban, mais comía.
Un día o pai díxolle:
— Ainda vas comer carne cos lobos o monte.
Foi Palabra maldita, que aquela noite desapareceu, sen saber que foi feito dela. Saíu e emborcallouse e volveuse unha fada, e unhas veces andaba de lobo e outras de muller. Foi desandando, desandando ata que chegou ás Canellas de Agras de Tosende.
Por eses montes andou moito tempo de Capitana de lobos, paraba no monte do Cebreiro e facia  moitos estragos na facenda e na xenten cando estaba de lobo. Cando estaba de muller, acendia o lume e xuntábanse os lobos derredor dela, e non lles deixaba facer mal ningún a ningén.
Unha vez cando viñan os homes do sal de Portugal, os lobos queríanos comer, e ela díxolles:
— Quietos, deixádelos pasar.
Así andou moito tempon ata que lle levantaron a fada. Adoitaba ir comer fariña a un muiño,  estando o amo dentro quíxose meter por debaixo da porta coma sempre, e o meter a pata, o muiñeiro quíxolle cortar unha pata  cunha navalla, ó principar a cortar, meteu un berro  e volveuse unha muller, asi que se víu muller, quixo  voltar a casa, e preguntou  de pobo en pobo ata que chegou, os da sua casa  o vela tiveron moita delicia.
Para o verán, os de Tosende forón a sega a Castela e foron segar a casa da  tal; ela pregunroulle que donde eran, e dixeronlle que eran de Tosende e de Aguís,:
— Pois esos pobos coñeciaos eu moi ben e coñezco  o Cebreiro e as Canellas da Agra.
— ¿E logo  como é pra os coñecer?.
— Pois tiven que andar por ali de fada, e fixen moitos estragos e por nigún tiven  tanta pena  coma por un rapaz que comín, e eu estabao despadazando  e el rindo cara a min.
— Pois ainda se fala por ali desa fada e dende que ela marchou estase moi agusto —dixeronlle os de Tosende.