Lendas de Galiza


Compilación de lendas de Galiza. Se tés unha déixame un comentario. Se non a tés, tamén.


 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Ara Solis
Fisterra, A Coruña

De seguro, foi profundo o acoro e a pavura que infundiu aos antigos a visión que experimentaron ao chegar a estas terras, lugares nos que só se ollaba un infindábel mar no que se mergullaba o sol, como se o o céano o devorase, ao tempo que se escoitaba un fondo laio, crenza que aíinda hoxe compartillan algunhas xentes desta finis terrae.

A lenda da Ara Solis, quizais de orixe grega, refire que o pobo caldeo, que adoraba o sol, decidiu un día buscar o escondrixo do astro durante as horas da noite. Abandonando o seu país, os caldeos comezaron o seu camiño cara a Occidente. O derradeiro lugar ao que chegaron foi Galiza, onde se decataron de que o mar lles impedía continuar, ó mesmo tempo que descubrían que o Sol se afundía no océano. Convencidos de que entre as augas pasaba o astro adorado as horas da noite e abraiados perante aquel prodixio, decidiron construír naquelas terras un altar ao que puxeron de nome Ara Solis.

Hai quen afirma que o cáliz e a hostia do escudo de Galicia son unha representación simbólica ou filtrada pola relixión cristiana do sol sobre a Ara Solis.
Bandeiras galegas | A bandeira do Reino Galego
Comentarios (0) - Categoría: Coruña - Publicado o 15-06-2006 03:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal