Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

Unha mensaxe de Francisco F. Naval para vós
O escritor Francisco Fernández Naval, sabendo do noso traballo coa súa novela, mándavos aos lectores d´O bosque das antas, estas verbas que gravou especialmente.

Moitas grazas!


Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-09-2007 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
O bosque das antas
A presenza deste libro no noso cronograma ten unha historia particular. Como é normal nesta beira, non sempre os textos que se queren traballar están disponibles. Menos ainda, se son traballos novos. Iso foi o que pasou cando quixemos incorporar a primeira novela de Francisco Fernández Naval: non estaba. Pero algúns amigos destas tertulias fixeron de Hermès e -sabendo do noso interés- foi el mesmo quen nos achegou o exemplar que engadimos ao corpus.


Ficha do libro
Titulo: O bosque das antas
Autor: Francisco X. Fernández Naval
Ano de Publicación: 2005 (revisada polo autor)
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Sinopse:
De entre todas as cidades galegas é Ourense aquela que foi máis intensamente literaturizada. Desde Alvarez de Nóvoa, desde Heraclio Pérez Placer, desde Valentín Lamas Carvajal, a cidade das Burgas transita a Blanco Amor, a Carlos Casares, a Martínez Oca, a Manuel Guede cun vigor e cun protagonismo sorprendentes. Agora é, con "O Bosque das Antas", F.X. Fernández Naval que aporta a súa sensibilidade á tarefa colectiva de edificar un Ourense de letras, como outros escritores de outras terras fixeran con París, con Nova York, con Buenos Aires, con Leningrado. Este será un Ourense aberto a Oira (o paraiso), ao campo, ao mundo. E ao mesmo tempo, Fernández Naval incide nun tema recurrente e cada vez máis solicitado da nosa narrativa contemporánea: o dos sucesos posteriores á sublevación de 1936. Ourense e fascismo ligan "O bosque das antas" con outros textos moi diversos e atravesados de reminiscencias por veces contrapostas. E é, xustamente, neste encontro de ecoares, onde a voz do novo autor se ergue con acentos propios. Dono do seu relato, Fernández Naval non permite que os eventos se lle alporicen. Controla, domina as causas; refrea as tentacións, sempre treizoeiras, da fantasía gratuita; é señor do seu discurso. Con palabras simples e claras sabe relatar un feixe de acontecementos, e lograr que nos interesen, e que prendamos neles. Obsérvase unha certa ascese que fai o lirismo comprimido, a nostalxia concentrada eficazmente no final da novela, as palabras todas máis duras do que estarían ordeadas en outros contextos algodonosos. Asimesmo, esta novela ten o acerto de ter moitos elementos novelescos, e sobranceando a todos a figura de Pierre Francesco, que figurará na galería dos nosos mellores personaxes de ficción.
A novela foi gañadora do Premio Xerais do ano 1988.

Sobre o libro

A venecia auriense
Por Marcos Valcarcel


?Era un mediodía de inverno, cinsento, asolagado na brétema do Miño. A sensación da paisaxe, o sabor do aire e a textura doceo, fixéronlle lembrar Venecia. Igual que na súa cidade, había aquí algo fantasmal, agoiro da traxedia...?: Pierre Francesco Borghese, un italiano dos anos trinta, chega a unha Auria bretemosa e fantasmal, que lle semella a súa Venecia natal enchoupada sempre en auga: ?A mesma humidade, o mesmo frío que penetra no corpo encollendo o estómago, que zumega nas sabas do leito, que se prende no cabelo?. O personaxe é creación do novelista ourensán Francisco X. Fernández Naval para ?O bosque das antas? (Premio Xerais, 1988), unha das grandes novelas aurienses do río, que recrea as terras de Oira e Velle, Rivela e Barra de Miño, cunha miuda riqueza descriptiva: ?Por esta zona o Miño baixa encaixonado polo efecto da erosión. Trepan pola pedra os lameiros, as viñas nas que agavean os esqueletos das cepas, os bosques de piñeiros, algunhas fragas de bidos ou carballos e as hortas suspendidas nas repisas graníticas. Algunha vez os cantiles ergueitos deixan paso a bocarribeiras abertas, como pequenos vales feitos pola auga para descansar na ribeira?. O río interactúa con outros elementos da novela, en paralelo a Amador, o protagonista, que constrúe un lixeiro barco de dúas dornas para baixar as augas ata Portugal, como o río impenetrable no seu xeitos de ser: ?A súa vida era o río, levando xentes de acó para achola. O seu carácter era escuro e descoñecido como as augas que amaba, agora afable como o relanzo, logo misterioso como a redemuíña, sempre calmo. Dicían del que lía unha corrente e que nela era capaz de adivina-lo futuro. De feito todos sabían que predicira a riada do ano trinta, que alagou casas e palleiras e levou a catro homes que traballaban no ferrocarril. Pasou todo o verán agoirando a desgracia, escrita nas pucharcas da estiaxe, no debouzar da corrente contra as ponlas dos amieiros, no reflexo das nubes?.

Sobre o autor
Francisco X. Fernández Naval.
Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Traballa como funcionario da Administración. En poesía ten publicado libros como Pabellón habitado e en narrativa Tempo de crepúsculo. Participou tamén en libros colectivos como Caderno de viaxe no ano 1989. A súa última obra é Unha cita co aire.
Ourensán e licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, dedícase na actualidade a traballar na Administración pública, a parte de escribir que é o que el considera o seu oficio.
Pertenceu á agrupación de Teatro Independente Histrión 70, colaborou, tamén, con Manuel Guede na formación dos grupos Rúa Viva e Caritel. No ano 80 gaña o Premio de Poesía Cidade de Ourense co libro A fonte abagañada, un poemario que ten os trazos da poesía dos autores dos 80: a procura da palabra estética e o socialrealismo mesturados. No ano 87 publica outro poemario de temática amorosa, Pabellón deshabitado. No 88 engade outro premio máis á súa traxectoria literaria, esta vez no eido da narrativa acada o Xerais de novela con O bosque das antas, que trata o tema da Guerra Civil e o seu impacto na sociedade galega. No 89 colaborou no libro colectivo Caderno de viaxe. No 1993 publicou Tempo de crepúsculo, unha novela de intriga na que os conflitos do protagonista acaparan o constante interese do lector.


Entrevista
«Considérome un narrador que non pode vivir sen a poesía»
12 de setembro de 2005]
Albino Mallo

«En ocasións a tradición pode ser revolucionaria»
13 de agosto de 2005]
Camilo Franco

Fontes e mais materiais
http://gl.wikipedia.org
http://bvg.udc.es/
http://www.lavozdegalicia.es
http://www.culturagalega.org/lg3
http://www.galicia-hoxe.com
Palabras engadidas (0) - Categoría: Novelas - Publicado o 13-09-2007 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0