Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

Do policial clásico á novela negra
Xornalista e escritor, Aníbal Malvar é autor de varias novelas de serie negra e tamén guionista de cómic en colaboración con Rober G. Méndez. Á de mosca é a historia da desaparición dunha rapaza compostelana e dun fotógrafo e ex axente dos servicios secretos que vai na súa procura. O que semella unha fuxida adolescente acaba convertida nunha complexa trama de narcotráfico.


O que semella unha fuxida adolescente sen maior trascendencia acaba convertida en Á de mosca nunha complexa trama de narcotráfico enleada cos preparativos para o golpe de Estado do 23-F. O lector irá descubrindo todo iso ó tempo que o fai o investigador, que non deixa de abraiarse ao descubrir o que hai detrás de cada teón. Esas sorpresas -a do protagonista e a do lector- non sería posible sen a habilidade para ordear a súa historia que amosa o autor. Non faltan nesta novela a calidade estilística -nótase as centos de horas de voo en prensa-, a habilidade para manexarse con diferentes rexistros idiomáticos -segundo clases sociais e profesións- e para dar vida ós escenarios nos que sitúa a acción, así como a detallada documentación, que vai destilando ó longo da obra sen caer nesas erudicións rinchantes nas que caen outros autores. Todos estes elementos bastarían para facer de Á de mosca unha boa novela negra, é dicir, unha boa obra literaria, pero o xeito no que artella ás persoaxes convírtena nalgo máis. O sentimental do fotógrafo, quen aínda cre nunha amistade que supón a entrega total; o escepticismo do Gualtrapa, debuxada coma unha boa persoa maleada por unha morea de anos na espionaxe, e, sobre todo, a figura preponderante do Vello, quen vai movendo todos ás persoaxes coma se xogase con eles coma se os movera nun mapa de campaña militar de hai tres séculos, fan de Á de mosca unha obra que vai resistir o paso do tempo sen precisar tratamento para a taraza, o bichiño que se come os libros malos.

Ficha do libro
Título: Á de Mosca
Colección: Edición Literaria Negra
Ano de publicación: 1998
ISBN: 978-84-8302-210-8


O autor



Aníbal C. Malvar (Aníbal Calvo Malvar) (A Coruña, 1964) xornalista, traballa actualmente en El Mundo. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Soño do violinista (1990), libro de relatos e poemas; Un home que xaceu aquí (1993), novela; A man dereita (1994), novela; Unha noite con Carla (Xerais 1995), novela, Premio Xerais 1995; e Á de mosca (Xerais 1998), novela. Como guionista de cómic e en colaboración con Rober G. Méndez ten publicado A irmandade dos lectores tristes (1994) Flores desde Hiroshima (Xerais 1995) No nome da amada morta (Xerais 1996) e A maldición dos Velasco (Xerais 1999).








Para leer máis
Sobre o autor na Wikipedia

Sobre o autor en Praza das Letras

Un conto de Malvar


Palabras engadidas (0) - Categoría: Novelas - Publicado o 29-07-2008 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Á de mosca

Palabras engadidas (0) - Categoría: Novelas - Publicado o 29-07-2008 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0