Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

O primeiro policial galego
Carlos Reigosa é, con toda probabilidade, un dos autores máis lidos e máis vendidos en galego. Algúns dos seus títulos, como Crime en Compostela ou Fuxidos de sona, representan o cumio dunha aposta por achegar a literatura escrita en galego ao gran público, sexa a través da novela de xénero ou dos libros xornalísticos.


Crime en Compostela, galardonada co Premio Xerais de novela en 1984, é un indiscutido bestseller da narrativa galega dos últimos vinte anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia. Un dos seus maiores logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigadores, as persoas vencelladas co suceso e a propia cidade de Santiago, retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacude á comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir. Reigosa inaugurou con Crime en Compostela a narrativa policíaca galega, un xénero que se convertiría «nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico» (Manuel Rodríguez Alonso). A obra vense reeditando desde 1984.


Ficha do libro
Título: Crime en Compostela
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Ano de publicación: 1984
Lugar de publicación: Vigo
ISBN: 84-7507-445-6
Observacións: I Premio Xerais, 1984.


O autor
É licenciado en Ciencias da información e Ciencias Políticas. Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia. Redactor da axencia EFE desde 1974, foi o seu director de información (1990-1997) e director de publicacións (1997-2004). Ten publicados numerosos artigos en medios de comunicación españois e americanos.

É autor das novelas Oxford, amén (1982), Crime en Compostela (1984), O misterio do barco perdido (1988), A guerra do tabaco (1996), Narcos (2001) e Intramundi (2002). Publicou tamén catro libros de relatos curtos e cinco de investigación e ensaio.

Crime en Compostela -traducida ó castelán e ó valenciano- obtivo o I Premio Xerais en 1984. Desde entón acadou catorce reedicións en galego, idioma no que se converteu nun bestseller. Con La agonía del león, unha investigación xornalística con estructura de novela sobre un grupo de fuxidos antifranquistas (1936-1951), gañou o Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testemuñal en 1996. Reigosa é tamén autor de guións de cine e televisión, entre eles o da película Huidos, protagonizada por Sancho Gracia, Fernando Valverde, Uxía Blanco e Javier Bardem.

Nos últimos anos dirixiu numerosos Cursos de Verán nas universidades Complutense e Rey Juan Carlos de Madrid, na Internacional Menéndez y Pelayo (UIMP) e na de Santiago de Compostela, sobre cuestións literarias e xornalísticas. Varios destes cursos foron recollidos en libros: La información internacional en el mundo hispanohablante (1995), Información y Sociedad (1996) e Hemingway desde España (2001). Tamén dirixiu cursos de xornalismo nos Estados Unidos (Miami e Los Ángeles). É profesor no Máster de Relacións Internacionais da Complutense e no Máster de Periodismo de Axencias da Universidade Rey Juan Carlos e a Axencia EFE.


Para leer máis
Sobre o autor na Wikipedia
Sobre o autor na Biblioteca Virtual Galega
Sobre o autor en Praza das Letras
Sobre a novela no xornal La Voz de Galicia
Entrevista co autor no xornal El correo gallego
A novela leva o Premio Xerais de Novela 1984
Palabras engadidas (0) - Categoría: Contos - Publicado o 08-05-2008 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Crime en Compostela

Palabras engadidas (0) - Categoría: Novelas - Publicado o 08-05-2008 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Luis Bará cos Lectores Galegos en Bos Aires
O director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, visitou o Tortoni e mantivo unha reunión cun pequeno grupo dos lectores galegos. Interesouse polas dificultades para mercar os libros que se traballan no ciclo e suxeriu algunhas posibles solucións. Antes de marchar, saudou o esforzo dos integrantes do grupo e o compromiso do Café Tortoni coa cultura galega.



Antes de marchar, o director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, visitou o Tortoni e aos seus lectores galegos.

Ao chegar, colleu un caderno e non deixou de apuntar -sobre todo- problemas, dificuldades e eivas. Soubemos todos nesa reunión que a única libraría galega que tiñamos na Arxentina e que funcionou ao longo de moitos anos no Centro Galego viña de pechar as súas portas porque "non daba ganancia", segundo os directivos da entidade.

Bará explicou os criterios que moven as accións de difusión do libro galego polo mundo adiante. Aclarou que esas campañas non teñen como obxctivo aos galegos e galegas na diáspora pero suliñou axudará todo canto poda con eles e as actividades que fan.

Ademáis, se mostrou interesado en integrar a literatura galega aos varios programas literarios que ofrece o goberno da Cidade de Bos Aires. E adiantou a presencia das letras galegas na vindeira Feira do Libro de Uruguai.

Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2008 02:25
# Ligazón permanente a este artigo
A visita de Ramón Caride e Francisco Fernández Naval
De literatura, da lingua galega, da importancia da traducción e da identidade falaron os autores Francisco Fernández Naval e Ramón Caride Ogando na visita que fixeron o sábado 26 de abril aos integrantes do ciclo de literatura galega do café Tortoni.




Os poetas e narradores Francisco Fernández Naval e Ramón Caride Ogando estiveron na tarde do sábado 26 de abril na Sala Alfonsina Storni do Café Tortoni coñecendo e falando cos integrantes do ciclo de literatura galega que alí se desenvolve. Os autores galegos chegaron á Arxentina para participar da Feira Internacional do Libro de Bos Aires e fixeron un tempo para compartir a tarde cos Lectores Galegos en Bos Aires.

En verdade, este ano, a delegación chegada dende Galicia está integrando por Caride Ogando e Fernández Naval, pero tamén polo escritor Carlos Arias, pola ilustradora Marisa Irimia e pola delegada provincial da consellería na provincia da Coruña, Milagros Lantes. Ademáis, a virtuosa poeta Estíbaliz Espinosa e o director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará Torres, tamén visitan a cidade.


Ramón Caride Ogando é biólogo, profesor de ensino medio e autor dunha extensa obra narrativa, recoñecida pola crítica e os lectores, con novelas como a triloxía de sombras e de lume, integrada por Soños eléctricos (Premio Blanco Amor, 1992), unha das primeiras obras de fantasía científica escritas en galego; Sarou, centrada no submundo do narcotráfico (Premio Café Dublín, 1997); e O Sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura Fantástica, 2003).

Pola súa banda, Francisco X. Fernández Naval é narrador, ensaísta e poeta. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, ten escrito guións para series da Televisión de Galicia e para a produtora Xamalú Films. Estréase na narrativa con O bosque das antas, co que consegue o Premio Xerais. Este libro foi analizado no ciclo do ano pasado polos lectores e as lectoras do Tortoni.

Fernández Naval e Caride Ogando achegaron un panorama da literatura galega da actualidade e salientaron a importancia da traducción para que os autores de Galicia cheguen aos lectores de todo o mundo.


No remate da xuntanza, Fernández Naval lembrou que o ano antes, precisamente nesa mesma data, sabía na cidade de Bos Aires que o seu poemario Miño quedara co XXIII Premio de poesía Cidade de Ourense. Por iso, quixo compartir -nesta nova visita que o traía de novo ao mesmo sitio nos mesmos días- a lectura dun dos seus poemas.

Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2008 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0