Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

Unha guerra civil e moitos enfoques
O historiador Hernán Díaz ofrecerá unha conferencia na que percorrerá as moitas miradas posibles que atraviesan á Guerra Civil Española e que, dalgún xeito, explican a pervivencia dos seus efectos até a actualidade.


A loita política levada ao extremo máis radical. Guerra entre irmáns. Dúas ideoloxías enfrontadas. Choque de modelos económicos. Porta de acceso á Segunda Guerra Mundial. Bisagra na historia europea do século XX. Pasaron 70 anos e a Guerra Civil Española non so ainda imprime a súa pegada na narrativa máis recente -como vemos dende o mes de marzo- senón que ainda latexa na vida do Estado Español en xeral e de Galicia, en particular. O historiador Hernán Díaz ofrecerá unha conferencia aberta ao público e gratuita para percorrer, coma nun prisma, as moitas cores, as moitas lecturas posibles que xurden deste conflicto determinante.

A charla será o vindeiro sábado día 2 de xuño na sala Alfonsina Storni do Café Tortoni, na Avenida de Mayo 825, e de contado da disertación os asistentes poderán facer todas as preguntas sobre o tema que sempre quixeron facer e plantexar as súas dúbidas e inquietudes.

Hernán Díaz é historiador e durante anos foi profesor na Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Bos Aires (UBA). Leva publicados traballos sobre o movemento obreiro arxentino, sobre a orixe do socialismo europeo e sobre a emigración galega. O seu libro máis recente é Historia da Federación de Sociedades Galegas, Identidades políticas e prácticas militantes. Na actualidade, é o responsable da área de investigación do Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA) e, nese ámbito, participa no xurdimento da primeira biblioteca pública galega que vai funcionar fora de Galicia e que por estes días comeza a recebir socios na rúa Chacabuco 955, na cidade de Bos Aires.

*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/

Una guerra civil y muchos enfoques

El historiador Hernán Díaz ofrecerá una conferencia en la que recorrerá las muchas miradas posibles que atraviesan la Guerra Civil Española y que, de algún modo, explican la pervivencia de sus efectos hasta la actualidad.


La lucha política llevada al extremo más radical. Guerra entre hermanos. Dos ideologías enfrentadas. Choque de modelos económicos. Puerta de acceso a la Segunda Guerra Mundial. Bisagra en la historia europea del siglo XX. Pasaron 70 años y la Guerra Civil Española no solo todavía imprime su huella en la narrativa más reciente -como vemos desde el mes de marzo- sino que aún late en la vida del Estado Español en general y de Galicia, en particular. El historiador Hernán Díaz ofrecerá una conferencia abierta al público y gratuita para recorrer, como en un prisma, los muchos colores, las muchas lecturas posibles que surgen de este conflicto determinante.

La charla será el próximo sábado 2 de junio en la sala Alfonsina Storni del Café Tortoni, en la Avenida de Mayo 825, y a continuación de la disertación los asistentes podrán realizar todas las preguntas sobre el tema que siempre quisieron hacer y plantear sus dudas e inquietudes.

Hernán Díaz es historiador y durante años fue profesor en la Cátedra de Estudios Gallegos de la Universidad de Buenos Aires (UBA). Lleva publicados trabajos sobre el movimiento obrero argentino, sobre lo orígenes del socialismo europeo y sobre la emigración gallega. Su libro más reciente es Historia de la Federación de Sociedades Gallegas, Identidades políticas y prácticas militantes. En la actualidad, es el responsable del área de investigación del Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA) y, en ese ámbito, está participando del surgimiento de la primeira biblioteca pública gallega que va a funcionar fuera de Galicia y que por estos días comienza a recibir socios en la calle Chacabuco 955, de la ciudad de Buenos Aires.
Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2007 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Suso de Toro en Bos Aires
O autor galego chegará hoxe martes ao Río da Prata onde impartirá conferencias e visitará institucións e colectivos da diáspora.

O escritor Suso de Toro chegará esta semana ao Río da Prata onde ofrecerá un feixe de conferencias aos galegos da diáspora co gallo do Día das Letras. Organizadas pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta, as xuntanzas serán na Biblioteca Nacional de Uruguai hoxe, e no Teatro Castelao e na Universidade de Belgrano, da Arxentina, os mércores e xoves. Finalmente, o sábado, o autor visitará a Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina onde os galegos e galegas bonaerenses poderán escoitalo e falar con el.

"Co gallo do Día das Letras Galegas, o escritor galego impartirá as siguientes conferencias, con entrada libre y gratuita", anunciou un comunicado. A lista comeza esta tarde ás 19 na sala Acuña de Figueroa da Biblioteca Nacional de Uruguai. Xa na Arxentina, as presentacións serán o mércores ás 20 no Teatro Castelao do Centro Galego de Bos Aires e o xoves ás 19 na Universidade de Belgrano. Tamén pasará o sábado ás 19 pola Federación de Sociedades Galegas.

O primeiro dos actos en Bos Aires, foi organizado polo Instituto Arxentino de Cultura Galega do Centro Galego de Bos Aires co auspicio da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e, ademáis da conferencia do autor de Land Rover e Home sen nome, inclúe a actuación do tradicional Coro do Centro Galego.

A segunda presentación, organizada polo Instituto de Estudos Galegos da Universidade de Belgrano que dirixe Adolfo Lozano, se desenrolará no Edificio Torre da Universidade, nas rúas Zabala e Villanueva.

Finalmente e antes de voltar a Galicia, Suso de Toro percorrerá o pazo que a Federación de Sociedades Galegas ten sobre a rúa Chacabuco 955. Alí coñecerá o Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA), como mesmo fixo o escritor Manuel Rivas fai menos dun mes, e ofrecerá unha conferencia aí rodeado polos galeguistas exiliados que fixeron desa entidade un sitio de resistencia e dignidade.

Xesús de Toro Santos (Suso de Toro) naceu en Santiago en 1956. É licenciado en Arte Moderna e Contemporánea e leva publicados máis de vinte libros de narrativa, ensaio e teatro. Polaroid, Land Rover, Ambulancia, Tic-tac, A sombra cazadora, Trece badaladas, e a súa última novela Home sen nome, son só algunha das súas obras.
Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-05-2007 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Dous clásicos e un sorteo de libros
Como fora anunciado, este sábado 12 de maio imos mergullar na obra de dous clásicos da literatura galega dos últimos tempos: comentaremos no Café Tortoni a novela Land Rover, de Suso de Toro, e algúns contos do libro Arraianos, de Xosé Luis Méndez Ferrín. Autores sobranceiros e obras movilizadoras, merecerán o tempo necesario de feito que -como sinala o cronograma- a xuntanza na sala Alfonsina Storni comezará unha hora antes, ás 15. Para compensar o esforzo, imos sortear os libros que doou con esa fin o escritor e vicedirector de Creación e Difusion Cultural da Xunta, Francisco Fernández Naval, na súa visita do sábado 21 de abril. Non esquezades traer algo de sorte!


*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/

Dos clásicos y un sorteo de libros

Como habíamos anunciado, este sábado 12 de mayo vamos a bucear en la obra de dos clásicos de la literatura gallega de los últimos tiempos: comentaremos en el Café Tortoni la novela Land Rover, de Suso de Toro, y algunos cuentos del libro Arraianos, de Xosé Luis Méndez Ferrín. Autores destacados y obras movilizadoras, merecerán el tiempo necesario de modo que -como señala el cronograma- la reunión en la sala Alfonsina Storni comezará una hora antes, a las 15. Para compensar el esfuerzo, vamos a sortear los libros que donó con ese fin el escritor y vicedirector de Creación y Difusión Cultural de la Xunta, Francisco Fernández Naval, en su visita del sábado 21 de abril. No se olviden de traer algo de suerte!
Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-05-2007 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Arraianos
Quedou atrás a vertixe de abril, coa 33a Feira do Libro, as visitas galegas e a presencia de Manuel Rivas, un dos autores máis recoñecidos de Galicia. Agora, xa en maio, adentrámonos en dous autores clásicos: por unha banda, Xosé Luis Méndez Ferrín; e pola outra, Suso de Toro. Dúas figuras que han deixar pegada nos nosos espíritos de lectores. Aquí materias para mergullar nos contos de Arraianos.


Ficha do libro
Titulo: Arraianos
Autor: Xosé Luís Méndez Ferrín
Ano de Publicación. 2004
Editorial. Edicións Xerais de Galicia
Sinopse: A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a conexión histórica e cultural entre os dous lados da raia. A recreación literaria deste espacio humano e xeográfico, adquire perspectiva e profundidade no percorrido da ficción a través de tempos e momentos históricos diferentes: a rebeldía romántica do Exclaustrado de Diabelle contra a cesión do Couto Mixto á Coroa española a mediados do XIX; a imposición ideal das autoridades republicanas en Ourense sobre os sublevados o 18 de xullo do 36; a violencia asasina das cuadrillas falanxistas nos primeiros anos da posguerra ou a persecución e captura de militantes galegos antifranquistas nos anos sesenta. [Presentación editorial]

Sobre o libro

«Arraianos», unha das mellores obras de Méndez Ferrín
Por Xosé Henrique Costas *


Desde hai uns vinte anos Ferrín vén participando activamente en xeiras sobre a lingua e cultura galegas de alén da fronteira administrativa oriental de Galicia. Os colectivos galeguistas da terra Eo-Navia, en Asturias, do Bierzo Occidental e As Portelas, en Castela-León, contaron sempre co activo compromiso deste arraiano a vesar sempre nos lindeiros da galeguidade.
Na estrema da pedra ou da forza, tanto en Vilafranca coma en Grandas, con choiva a cachón ou neve ata o xeonllo, Ferrín amosou sempre a súa fraternidade cos falantes da nosa lingua ós que lles negan aínda hoxe a identidade. Arraianos como Sarmiento, Cotarelo, Penzol, Mediante, Lajas e tantos outros, desde Tapia a Hermisende ou desde Castropol ás Ellas pasando por Lubián. Ferrín sempre estivo coa identidade negada, fóra e dentro de Galicia. Con nosoutros.
No limiar das actas dun congreso sobre a lingua e a cultura galegas das comarcas estremeiras, organizado en Celanova en 1989 polo Clube Cultural Adiante, definía esta raia como «unha franxa que desce desde a Serra do Rañadoiro a morrer no Penedo dos Tres Reinos e que, maiormente, confóndese con toda Galicia pola lingua e a cultura tradicional». Arraianos de dentro e arraianos de fóra. Depende.

Palabras no Bierzo
O pasado 18 de maio, día glorioso en que a RAG recobrou institucionalmente o Bierzo, nun xantar en Cacabelos e perante galegofalantes arraianos de tódalas fronteiras (cos amigos de Cáceres na memoria e no corazón), Ferrín pronunciou un discurso identitarista no que describía simbolicamente tres eixos de resistencia dos nosos arraianos do leste: o oso que inza na devesa de Moelos e percorre gardián a nosa fronteira toda; o botelo que caracteriza gastronomicamente todo o noso leste; e os plurais en ¿ois que identifican todo o galego oriental. Así falou Ferrín perante nós e nosoutros, arraianos todos, falounos da defensa da nosa identidade coa forza das nosas razois e a unidade dos nosos corazois, «e de todas as verbas que con elas rimen».

* é profesor de Lingua Galega en Vigo


Límites humanos
Por Concha Pino *


A forza da narrativa de Méndez Ferrín envolve especialmente en Arraianos . Ferrín regresou o relato curto, xénero no que é un mestre indiscutible, con este libro. Ferrín consegue con estes relatos reconciliarnos coa maxia da súa delirante maneira de describir o mundo, de concentralo en espacios vitais nos que os límites non son físicos nin fronteirizos. Están na condición humana, no que de verdade nos converte en arraianos.
As historias dos dez relatos de Arraianos somerxen ó lector en imaxes de tal forza que lle fan sentir o aire xélido da serras, a atmosfera misteriosa dos corredores, o desacougante silencio e o medo que sobrecolle a personaxes posuídos polo pasado, polas paixóns, os traumas e o poder das supersticións e dos mitos. A realidade e a ficción fúndense de tal xeito que merece a pena arrombar calquera recelo ou prexuízo previo dun lector sobrecollido polo simbolismo hermético doutras obras anteriores.
É, sen dúbida, unha das obras fundamentais da literatura galega, unha suma de relatos que estremecen e fan reflexionar. Ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza de alma e de vida duns personaxes que, coma lle sucede ó do primeiro relato, o mestre de Lobosandaus, pasa de espectador comprensivo a ser posuído por un perverso erotismo; a ser víctimas de crencias sobre o máis alá como a coxa do conto Liño; o tremendo realismo do relato da nena de Botas de elástico; ou a inevitable atracción por recuperar o pasado e o misterio que envolve a historia do acontecer en Quinta Velha do Arranhao.
Desde o primeiro ó último dos relatos reunidos en Arraianos é difícil non sentirse arrastrado pola tremenda capacidade fabuladora de Ferrín. A Raia Seca ourensá é unha metáfora de mundos reais adobados pola ficción e a particular riqueza léxica deste narrador e poeta que é de Ourense e que é de Vigo, arraiano.

* é xornalista

Auténtico clásico
Por Manuel Amor Couto *


Ferrín de quen coñecíamos Tagen-Ata ¿ese extraordinario mundo fantástico que reflexaba a nosa realidade nacional¿ foi capaz nos noventa de situar as suas constantes temáticas, ideolóxicas e estéticas nun novo contexto, unha nova xeografía na que se funden e matizan tanto a personalísima literatura de Ferrín como a presencia que a terra, na súa materialidade xeográfica e humana, tivo sempre na literatura galega.
Aí está a fronteira galego¿portuguesa; Ferrín sabe tirar desta idea de fronteira, de límite, todo o proveito do mundo; porque esta liña divisoria ¿diríamos nós: calquera fronteira¿ se configura como punto de escisión e de unión, lugar de encontro e separación.

Constantes literarias
Serven aquí para por en marcha todas as constantes literarias, ideolóxicas e existenciais de Méndez Ferrín: as escisións entre realidade e soño (O militante Fantasía), entre o presente e un futuro escrito e antecipado (O castelo de poulas), entre unha reacción e un progresismo que poden ser paradoxalmente coincidentes en tanto que exemplos de integridade na rebeldía e no fracaso (O exclaustrado de Diabelle), a oposición radical tinxida ás veces de atracción /seducción ¿entre o oprimido e o resistente dun lado e as variantes brutais ou refinadas do terror fascista (Eles, Botas de elástico), a angustia da disolución da identidade (Lobosandaus) ou a confusión nas complexas relacións tecidas entre un grupo determinado de persoas (Quinta velha do Arranhão), a normalidade físico psíquica e a consciencia da anormalidade e do horror unido ao amor (Liño).
Quizais ninguén escriba nun galego tan claramente recoñecíbel e rico, e con poucos autores sentimos estar lendo un auténtico clásico, un exemplo do mellor da literatura, unha testemuña do que nós somos.

* profesor de Ensino Secundario no I.E.S. Xelmírez II (Santiago)

Sobre o autor

Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 7 de setembro de 1938) é un escritor galego amplamente recoñecido como o máis importante e representativo da literatura galega contemporánea. Na súa infancia reside en Ourense con estancias en Vilanova dos Infantes, Celanova. Na cidade de Ourense fai o primeiro curso de Bacharelato e trasládase despois (1949) coa súa familia a Pontevedra. É alí onde remata os estudos de grao medio. Na Pontevedra dos anos 50 vai tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de Castelao ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional.
En 1955 el e a súa familia trasládanse a Vigo. Neste momento comeza a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí toma contacto co galeguismo cultural nucleado na Editorial Galaxia en torno á figura de Ramón Piñeiro, pero non tardará en reclamar unha nova articulación da oposición política ao franquismo e do propio nacionalismo, o que provocará a súa expulsion, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En 1956 foi primeiro premio de poesía nas Festas Minervais de Santiago. En 1957 vai a Madrid onde tres anos despois licénciase en Filoloxía Románica. Nesta cidade mantén estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí ubicados. Así, en 1958, créase o grupo Brais Pinto. O grupo constituíuse en torno á editorial do mesmo nome. En 1961 segue un curso de cultura inglesa na Universidade de Oxford. Entre os anos 1963 e 1965 realiza diversas viaxes por Europa. Tras facer o servizo militar en Canarias pasa dous anos (1962 e 1964) en Lugo exercendo de profesor no Colexio Fingoi até que en 1965 obtén a Cátedra de Lingua e literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo e instálase nesa cidade.
Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións -a última, cando xa estaban en vigor as institucións democráticas españolas-, sufrindo torturas e varios ingresos no cárcere.
Na actualidade é profesor de literatura no Instituto Santa Irene. Tamén é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro, que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal. Ferrín é membro da Real Academia Galega e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. É Doutor en Filoloxía.
Xosé Luís Méndez Ferrín foi proposto ó Premio Nobel de Literatura no ano 1999 pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e vai ser proposto outra vez en breve. Foi galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico.

Entrevista

«A vida na aldea era moi represiva»
Por Camilo Franco


Haberá poucos escritores con máis influencia na cultura dun país que a de Méndez Ferrín na galega. Quizais polo peso das obras que foron marcando épocas: Con pólvora e magnolias ou Estirpe en poesía, Amor de Artur ou Arraianos en narrativa. Tamén pola súa man no teatral Celtas sen filtro ou pola interpretación da poesía galega en De Pondal a Novoneira. Biografía literaria ligada vitalmente a unha biografía política de resistencia e dunha militancia para que hai que esquivar a lingua de ferrete da palabra compromiso. A dicir dos que estudian, Méndez Ferrín é un escritor cun idioma e cunha patria vigorosamente unidas.

Cal é a perspectiva que ten hoxe sobre Arraianos?

A min paréceme que é un dos libros meus que ten unha mellor acollida entre o público lector. É curioso. Tal vez porque lle representara unha sorpresa dentro da miña obra, unha sorpresa porque este é un libro fundamentalmente rural. Non había moita literatura relacionada coa aldea tradicional galega, e este si o era. Foi un libro que tivo moita repercusión, traducido a varias linguas, tamén moi reeditado. A verdade é que non podo dicir por que.

E literariamente ¿cal era a súa intención inicial?

Era escribir un libro centrado na Raia, a través de varias épocas históricas, e falo da Raia mesmo cando non existía. Utilizando a Raia Seca e tendo como centro referencial de todos os contos un monte que se chama Penagache. Hai contos que están ambientados na época de San Rosendo, outros no século XIX, na guerra civil, pero todos no mesmo sitio.

E por que ese lugar?

Porque é o meu. Porque Celanova pertence a esa zona e porque os meus antepasados traficaban a través desa fronteira. Home, traficaban en zocos, en zapatos, en feiras. Castro Leboreiro é unha aldea na que eu aínda vin baixar ós carboeiros para vender no mercado do Celanova. Para nós, a fronteira era algo que viamos todos os días. Diciamos está alí o Penagache, alí está Portugal.

Nos relatos de Arraianos , os personaxes padecen unha presión grandísima do entorno.

A vida na aldea tradicional galega era moi represiva. O individuo na aldea era moi pouco libre. Marcuse, autor tan influínte hai anos e que volve a selo agora, afortunadamente, explicaba en O home unidimensional , a presión que recibía o home na sociedade da información moderna. Eu creo que tiña na razón pero moito máis unidimensional era o home na aldea que o da sociedade da información, non na galega, en calquera aldea, en todas partes, aquí ou en África, aínda que non coñezo moito das aldeas de alá. O home está sometido a unha terrible opresión social. Aí vén a institución da cormentada ou da pulpada, cando un individuo se comporta fóra da normalidade, é condenado pola sociedade á excomunión.

Arraianos é un libro que ten unha xeografía que cadra en parte polas terras fronteirizas de Calvos de Randín e tamén polas de Tourei, no lado portugués. Unha terra ancha que hoxe respira moito máis tranquila que en tempos.

A aldea era un espacio de silencio?

Que houbese represión non implica que na aldea do pasado non houbese transgresores. Os transgresores, con frecuencia, eran os ambulantes, os da feira. Eu meto moito neste libro ese mundo dos transgresores. Dos contrabandistas, dos guerrilleiros, dos tolos, da xente ceibe, que na aldea tamén houbo, gracias a deus.

Nos relatos hai tamén unha parte desa opresión que é mítica, que está asumida como se fose un feito natural aínda que non fose racional.

Na intención orixinal do libro había un interese meu por tratar determinadas institucións culturais galegas que quedaran fóra da literatura galega porque, curiosamente, na literatura galega desde Rosalía, o Padre Sarmiento ou outros, está a aldea pero non está a cultura da aldea, non aparece pra nada: nin os corpos abertos, nin a Santa Compaña. Ese trasmundo aparece moi pouco e cando aparece é desde o punto de vista do señorito culto urbano. Dende fóra. Eu quería facer eso, a verdade é que non o conseguín (ri), tal vez nese conto que se chama Lobosandaus , porque tampouco eu estou moi metido no mundo rural, tampouco son de aldea. Para escribir sobre esa cultura da aldea en toda a súa profundidade, tería que ser unha persoa moi metida, que vivira moito e moi dentro dese mundo rural, que tivera os mitos asumidos. Por certo, son mitos que están absolutamente vivos, pero non na aldea, nos barrios das cidades, en moitas partes.

Que se adaptan.

Claro. Se adaptan porque cando son funcionais serven para explicar algo. Serven para a xente que os usa porque algo explican e por eso están vivos. Por eso eu tentei entrar neles, pero, por outra parte, eu tampouco son simpatizante dos mitos, eu digo que a xente debe ser cada vez máis racional e todas esas cousas, así que tampouco lle teño un cariño especial ós mitos.

Cal é a distancia entre a novela, o relato e a poesía?

Hai unha diferencia de actitude. Podo escribir unha novela se a penso ben, se a estudio se me documento. Unha poesía dame a sensación de que me escribe ela a min. Non pode ser en calquera momento. Alguén dicía que non se pode ser poeta todo o tempo. Non se pode. Por outro lado tampouco eu pido unha posición da poesía sagrada, en absoluto. Para min, a poesía é como contar un chiste ben contado. Hai que estar nunha determinada situación de vida.


Fontes e mais materiais
http://gl.wikipedia.org
http://bvg.udc.es/
http://www.lavozdegalicia.es
http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=376
http://zaldiero.armiarma.com/irudiak/arg/122-MendezFerrin.jpg

*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/*/

Arraianos

Quedó atrás el vértigo de abril, con la 33a Feria del Libro, las visitas gallegas y la presencia de Manuel Rivas, uno de los autores más reconocidos de Galicia. Ahora, ya en mayo, nos adentramos en dos escritores clásicos: por un lado, Xosé Luis Méndez Ferrín; y por el otro, Suso de Toro. Dos figuras que van a dejar huella en nuestros espírutos de lectores. Aquí materiales para bucear en los cuentos de Arraianos.

Ficha del libro
Titulo: Arraianos
Autor: Xosé Luís Méndez Ferrín
Año de Publicación. 2004
Editorial. Edicións Xerais de Galicia
Sinopsis: La lectura de Arraianos pone nuestra mirada y nuestra imaginación sobre un territorio, en las cuencas del Limia y del Arnoia, contra las sierras del Xurés y Laboreiro, para muchos desconocidos; un mundo a trasmano, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por gente distinta y misteriosa que siente la frontera administrativa como un absurdo, incapaz sin embargo de borrar la conexión histórica y cultural entre los dos lados de la frontera. La recreación literaria de este espacio humano y geográfico, adquiere perspectiva y profundidad en el recorrido de la ficción a través de tiempos y momentos históricos diferentes: la rebeldía romántica del Exclaustrado de Diabelle contra la cesión del Couto Mixto a la Coroa española a mediados del siglo XIX; la imposición ideal de las autoridades republicanas en Ourense sobre los sublevados el 18 de julio del 36; la violencia asesina de las cuadrillas falangistas en los primeros años de la posguerra y la persecución y la captura de militantes gallegos antifranquistas en los añossesenta. [Presentación editorial]

Sobre el libro

«Arraianos», una de las mejores obras de Méndez Ferrín
Por Xosé Henrique Costas *


Desde hace unos veinte años Ferrín viene participando activamente en vén participando activamente en jornadas sobre la lengua y cultura gallegas de más allá de la frontera administrativa oriental de Galicia. Los grupos galleguistas de la tierra Eo-Navia, en Asturias, del Bierzo Occidental y As Portelas, en Castilla-León, contaron sempre con un activo compromiso de este arraiano a labrar siempre en los linderos de la galleguidad.
En el extremo de la piedra o de la fuerza, tanto en Vilafranca como en Grandas, con lluvia a cántaros o nieve hasta la rodilla, Ferrín demostró siempre su fraternidad cn los hablantes de nuestra lengua a los que les niegan -todavía hoy- la identidad. Arraianos como Sarmiento, Cotarelo, Penzol, Mediante, Lajas y tantos otros, desde Tapia a Hermisende o desde Castropol a las Ellas pasando por Lubián. Ferrín siempre estuvo con la identidad negada, fuera y dentro de Galicia. Con nosotros.
En el prólogo de las actas de un congreso sobre la lengua y la cultura gallegas de las comarcas estremeras, organizado en Celanova en 1989 por el Club Cultural Adiante, definía esta frontera como «una franja que descende desde la Serra do Rañadoiro a morir en el Penedo dos Tres Reinos y que, mayormente, se confunde con toda Galicia por la lengua y la cultura tradicional». Arraianos de dentro y arraianos de afuera. Depende.

Palabras en el Bierzo
El pasado 18 de mayo, día glorioso en que la RAG recobró institucionalmente el Bierzo, en un almuerzo en Cacabelos y ante gallegohablantes arraianos de todas las fronteras (con los amigos de Cáceres en la memoria y en el corazón), Ferrín pronunció un discurso identitario en el que describía simbolicamente tres ejes de resistencia de nuestros arraianos del este: el hueso que proliferan en la extensión de Moelos y recorre gardián nuestra frontera toda; el botelo que caracteriza gastronomicamente todo nuestro este; y los plurales en ois que identifican todo el gallego oriental. Así habló Ferrín delante de nosotros, todos arraianos, nos habló de la defensa de nuestra identidad con la fuerza de nuestras razones y la unidad de nuestros corazones, «y de todas las palabras que son ellas rimen».

* es profesor de Lengua Gallega en Vigo


Límites humanos
Por Concha Pino *


La fuerza de la narrativa de Méndez Ferrín envuelve especialmente en Arraianos. Ferrín regresó al relato corto, género en el que es un maestro indiscutible. Con este libro, Ferrín consigue con esos relatos reconciliarnos con la magia de su delirante manera de describir el mundo, de concentrarlo en espacios vitales en los que los límites no son físicos ni fronterizos. Están en la condición humana, en lo que de verdad nos convierte en arraianos.
Las historias de los diez relatos de Arraianos sumergen al lector en imagenes de tal fuerza que le hacen sentir el aire gélido de las sierras, la atmósfera misteriosa de los corredores, el inquietante silencio y el miedo que sobrecoje a personajes poseídos por el pasado, por las pasiones, los traumas y el poder de las supersticiones y de los mitos. La realidad y la ficción se funden de tal modo que vale la pena poner a un lado cualquier recelo o prejuicio previo de un lector sobrecojido por el simbolismo hermético de otras obras anteriores.
Es, sin dudas, una de las obras fundamentales de la literatura gallega, una sima de relatos que estremecen y hacen reflexionar. O, si acaso, hacen deambular por los mundos en los que transitan el erotismo, el misterio, la miseria y la grandeza de alma y de vida de unos personajes que, como le sucede al del primer relato, el maestro de Lobosandaus, pasa de espectador comprensivo a ser poseído por un perverso erotismo; a ser víctimas de creencias sobre el más allá como la coja del cuento Liño; el tremendo realismo del relato de la nena de Botas de elástico; o la inevitable atracción por recuperar el pasado y el misterio que envuelve la historia del acontecer en Quinta Velha do Arranhao.
Del primero al último de los relatos reunidos en Arraianos es difícil no sentirse arrastrado por la tremenda capacidad fabuladora de Ferrín. La Raia Seca ourensana es una metáfora de mundos reales adobados por la ficción y la particular riqueza léxica de este narrador y poeta que es de Ourense y que es de Vigo, arraiano.

* es periodista

Auténtico clásico
Por Manuel Amor Couto *


Ferrín de quien conocíamos Tagen-Ata -ese extraordinario mundo fantástico que reflejaba nuestra realidad nacional- fue capaz en los noventa de situar sus constantes temáticas, ideológicas y estéticas en un nuevo contexto, una nueva geografía en la que se funden y matizan tanto la personalísima literatura de Ferrín como la presencia que la terra, en su materialidad geográfica y humana, tuvo siempre en la literatura gallega.
Allí está la frontera gallego-portuguesa; Ferrín sabe obtener de esta idea de frontera, de límite, todo el provecho del mundo; porque esta línea divisoria -diríamos nosotros: cualquier frontera- se configura como punto de escisión y de unión, lugar de encuentro y separación.

Constantes literarias
Sirven aquí para poner en marcha todas las constantes literarias, ideológicas y existenciales de Méndez Ferrín: las escisiones entre realidad y sueño (O militante Fantasía), entre el presente y un futuro escrito y antecipado (O castelo de poulas), entre una reacción y un progresismo que pueden ser paradojicamente coincidentes en tanto que ejemplos de integridad en la rebeldía y en el fracaso (O exclaustrado de Diabelle), la oposición radical teñida a veces de atracción /seducción ¿entre el oprimido y el resistente de un lado y las variantes brutales o refinadas del terror fascista (Eles, Botas de elástico), la angustia de la disolución de la identidad (Lobosandaus) o la confusión en las complejas relaciones tejidas entre un grupo determinado de personas (Quinta velha do Arranhão), la normalidad físico-psíquica y la consciencia de la anormalidad y del horror unido al amor (Liño).
Quizás nadie escriba en un gallego tan claramente reconocible y rico, y con pocos autores sentimos estar leyendo un auténtico clásico, un ejemplo de lo mejor de la literatura, un testimonio de lo que somos.

* profesor de enseñanza media en el I.E.S. Xelmírez II (Santiago)

Sobre el autor

Xosé Luis Méndez Ferrín (Orense, 7 de septiembre de 1938) es un escritor español en lengua gallega ampliamente reconocido como uno de los más importantes y representativos de la literatura gallega contemporánea. En su infancia residió en Ourense con estancias en Celanova. En la ciudad de Ourense hace el primer curso de bachillerato, y se traslada, en 1949, con su familia a Pontevedra. Es allí dónde termina los estudios de grado medio. En la década de 1950 despierta su conciencia política, lo que dejó en él una honda huella nacionalista, que no abandonó nunca.
En 1955 se traslada con su familia a Vigo, ciudad que deja al poco tiempo para ir a estudiar Filosofía y Letras en la Universidad de Santiago de Compostela. Allí toma contacto con el galleguismo cultural, articulado en torno a la Editorial Galaxia y a la figura de Ramón Piñeiro. En 1956 obtuvo el primer premio de poesía en las Fiestas Minervais de Santiago. En 1957 fue a Madrid dónde tres años después se licenció en Filología Románica. En esta ciudad mantiene estrecho contacto con el galleguismo allí ubicado. Así, en 1958, se crea el grupo Brais Pinto, en torno a la editorial del mismo nombre. En 1961 siguió un curso de cultura inglesa en la Universidad de Oxford. Entre los años 1963 y 1965 realizó diversos viajes por Europa. Después de hacer el servicio militar en Canarias pasó dos años, entre 1962 y 1964, en Lugo, ejerciendo de profesor en el Colegio Fingoi hasta que en 1965 obtiene la Cátedra de Lengua y Literatura Española del Instituto Santa Irene de Vigo, ciudad donde se instala.
Debido a su actividad política fue procesado en tres ocasiones pasando en algunas de ellas un período en la cárcel. En la actualidad sigue siendo profesor de literatura en el Instituto Santa Irene. También es columnista en el periódico El Faro de Vigo y dirige la revista de pensamiento crítico A Trabe de Ouro, con gran influencia en la cultura gallega, gracias a la difusión de problemas e investigaciones sobre cuestiones diversas con aproximacións interdisciplinares, y bajo una doble perspectiva nacional y universal. Ferrín es miembro de la Real Academia Gallega y Doctor Honoris Causa por la Universidad de Vigo. Es Doctor en Filología.
Xosé Luis Méndez Ferrín fue propuesto al Premio Nobel de Literatura en el año 1999 por la Asociación de Escritores en Lengua Gallega. Ha sido galardonado con numerosos premios como el Premio de la Crítica, Premio de la Crítica Española, Premio de la Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez o el Premio Eje Atlántico.

Entrevista

«La vida en la aldea era muy represiva»
Por Camilo Franco


Habrá pocos escritores con más influencia en la cultura de un país que la de Méndez Ferrín en la gallega. Quizás por el peso de obras que fueron amrcando épocas: Con pólvora e magnolias o Estirpe en poesía, Amor de Artur o Arraianos en narrativa. También por su mano en lo teatral Celtas sen filtro o por la interpretación de la poesía gallega en De Pondal a Novoneira. Biografía literaria ligada vitalmente a una biografía política de resistencia e de una militancia para la que hay que esquivar el aguijón de la pelabra compromiso. Al decir de los que estudian, Méndez Ferrín es un escritor con un idioma e con una patria vigorosamente unidas.

Cuál es la perspectiva que tiene hoy sobre Arraianos?

A mi me parece que es de mis libros que tienen mejor acojida entre el público lector. Es curioso. Tal vez porque representó una sorpresa dentro de mi obra, una sorpresa porque este es un libro fundamentalmente rural. No había mucha literatura relacionada con la aldea tradicional gallega, y este si lo era. Fue un libro que tuvo mucha repercusión, traducido a varias lenguas, también muy reeditado. La verdade es que no puedo dicir por que.

Y literariamente ¿cuál era su intención inicial?

Era escribir un libro centrado en la Raia, a través de varias épocas históricas, y hablo de la Raia incluso cuando no existía. Utilizando la Raia Seca y teniendo como centro referencial de todos los cuentos un monte que se llama Penagache. Hay cuentos que están ambientados en la época de San Rosendo, otros en el siglo XIX, en la guerra civil, pero todos en el mismo sitio.

Y por qué ese lugar?

Porque es el mío. Porque Celanova pertenece a esa zona y porque mis antepasados traficaban a través de esa frontera. Bueno, traficaban en suecos, en zapatos, en ferias. Castro Leboreiro es una aldea en la que yo todavía vi bajar a los carboneros para vender en el mercado de Celanova. Para nosotros, la frontera era algo que veíamos todos los días. Decíamos está ahí el Penagache, ahí está Portugal.

En los relatos de Arraianos, los personajes padecen una presión grandísima proveniente del entorno.

La vida en la aldea tradicional gallega era muy represiva. El individuo en la aldea era muy poco libre. Marcuse, autor tan influyentes hace añis y que vuelve a serlo ahora, afortunadamente, explicaba en El hombre unidimensional, la presión que recibía el hombre en la sociedad de la información moderna. Yo creo que tenía razón, pero mucho más unidimensional era el hombre en la aldea que el de la sociedad de la información, no en la gallega, en cualquier aldea, en todas partes, aquí o en África, aunque no conozco mucho de las aldeas de allá. El hombre está sometido a una terrible opresión social. Ahí viene la institución de la cormentada o de la pulpada, cuando un individuo se comporta fuera de lo normal, es condenado por la sociedad a la excomunión.

Arraianos es un libro que tiene una geografía que encaja en parte por las tierras fronterizas de Calvos de Randín y también por las de Tourei, en el lado portugués. Una tierra ancha que hoy respira mucho más tranquila que en aquellos tiempos.

La aldea era un espacio de silencio?

Que hubiera represión no implica que en la aldea del pasado no hubiera transgresores. Los transgresores, con frecuencia, eran los ambulantes, los de la feria. Yo meto mucho en este libro ese mundo de los transgresores. De los contrabandistas, de los guerrilleros, de los locos, de la gente libre, que en la aldea también hubo, gracias a dios.

En los relatos hay también una parte de esa opresión que es mítica, que está asumida como se fuese un hecho natural aunque que non fuera racional.

En la intención original del libro había un interés mio por tratar determinadas instituciones culturales gallegas que quedaron fuera de la literatura gallega porque, curiosamente, en la literatura gallega desde Rosalía, el Padre Sarmiento u otros, está la aldea pero no está la cultura de la aldea, no aparece para nada: ni los cuerpos abiertos, ni la Santa Compaña. Ese trasmundo aparece muy poco y cuando aparece es desde el punto de vista del señorito culto urbano. Desde afuera. Yo quería hacer eso, la verdad es que no lo conseguí (rie), tal vez en ese cuento que se llama Lobosandaus, porque tampoco yo estoy muy metido en el mundo rural, tampoco soy de aldea. Para escribir sobre esa cultura de la aldea en toda su profundidad, tendría que ser una persona muy metida, que haya vivido mucho y muy dentro de ese mundo rural, que tuviera los mitos asumidos. Por cierto, son mitos que están absolutamente vivos, pero no en la aldea, en los barrios de las ciudades, en muchas partes.

Que se adaptan.

Claro. Se adaptan porque cuando son funcionales sirven para explicar algo. Sirven para la gente que los usa porque algo explican y por eso están vivos. Por eso yo intenté entrar en ellos, pero, por otra parte, yo tampoco soy simpatizante de los mitos, digo que la gente debe ser cada vez más racional y todas esas cosas, así que tampoco le tengo un cariño especial a los mitos.

Cuál es la distancia entre la novela, el relato y la poesía?

Hay una diferencia de actitud. Puedo escribir una novela si la pienso bien, si la estudio si me documento. Una poesía me da la sensación de que me escribe ella a mi. No puede ser en cualquier momento. Alguien dicía que no se puede ser poeta todo el tempo. No se puede. Por otro lado tampoco pido una posición de la poesía sagrada, en absoluto. Para mi, la poesía es como contar un chiste bien contado. Hay que estar en una determinada situación de vida.


Fuentes y más materiales
http://gl.wikipedia.org
http://bvg.udc.es/
http://www.lavozdegalicia.es
http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=376
http://zaldiero.armiarma.com/irudiak/ar
Palabras engadidas (0) - Categoría: Contos - Publicado o 04-05-2007 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0