Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

O policial de enigma
Manuel Forcadela é un dos escritores galegos vivos máis prolíficos, que ten tocado con brillantez todo tipo de xéneros, dende a novela negra á crítica literaria pasando polo teatro e pola poesía, o seu máis cultivado, con máis de 25 títulos no seu haber. Comezamos este ciclo cunha súa novela A procura do falso Grial.

O detective Toni Barreiro é contratado por unha muller á que lle roubaron unha valiosa antigüidade. Pero aos poucos días, a clienta aparece asasinada ao tempo cuns extraños personaxes entran no xogo: ¿será esa especie de estraño Grial desaparecido o causante de tanta morte?

Ficha do libro
Titulo: A procura do falso Grial
Autor: Manuel Forcadela
Editorial: Galaxia
Data publicación: xaneiro 2006

O autor
Home de letras dos pés á cabeza, Manuel Forcadela non rexeita apocalípticamente a participación da literatura na era da tecnoloxía e de feito consegue situarse en lugar destacado no noso entorno coa súa páxina web persoal, O Ximnasio de Academo, un lugar para adestrar os gustos literarios cun exercicio intelectual saudable e cheo de posibilidades. Nesa páxina Manuel ten envorcados multitude de textos en galego de tódolos estilos e xéneros posibles. Algúns dese textos son seus, e non é de estrañar xa que ten unha gran cantidade de obra publicada desde o ano 1982 con Fenda acústica no río, o poemario co que gañou o premio Celso Emilio Ferreiro, ata este mesmo ano co libro de poemas Lámpada e medusa, co cal ven de ser o máis recente gañador do Premio Esquío de Poesía. No medio moitos libros de poesía, ensaio e narrativa cos que gañou varios galardóns, ademais de numerosos artigos de crítica literaria publicados en revistas especializadas como os Monográficos de A Nosa Terra, A Trabe de Ouro, entre outras.

O vencellamento de Forcadela co mundo das letras non só é unha cuestión persoal, senón tamén profesional pola súa actividade como profesor na Universidade de Vigo, onde é Catedrático de Lingua Galega e Literatura. Alí está agora a traballar, xunto cos seus alumnos da Facultade de Filoloxía nun proxecto sobre a narrativa de Álvaro Cunqueiro, que sen dúbida aportará máis coñecemento da obra do imaxinativo escritor mindoniense.

No que atinxe a Internet Forcadela recoñece que este medio é, para el, "desde hai xa moitos anos, unha ferramenta de traballo insubstituíble". O escritor e profesor asegura obter por este medio moita información, artigos ou ferramentas informáticas que usa, entre outras cousas, para preparar as súas clases. Manuel tamén é un gran afeccionado á musica e ten claro que unha das vantaxes deste medio á que lle quita moito partido é a posibilidade de baixar música desde a rede, "como teño tarifa plana -di Forcadela- o normal é que sempre estea algún ordenador (teño dous, un portátil e outro de sobremesa) conectado a facer algunha cousa, normalmente baixando música".


Para leer máis
Sobre o autor na Wikipedia
Sobre o autor na Biblioteca Virtual Galega
Sobre o autor en Praza das Letras
As súas obras na editorial Galaxia
Entrevista sobre o seu documental sobre María Mariño
Dous artigos de Manuel Forcadela
Forcadela sobre novas tecnoloxías e literatura no blog Brétemas, de Manuel Bragado

Palabras engadidas (0) - Categoría: Novelas - Publicado o 01-04-2008 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
A procura do falso Grial

Palabras engadidas (0) - Categoría: Novelas - Publicado o 01-04-2008 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0