Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

Cronograma do ciclo 2014
8 de marzo: Galicia vista por uno de los nuestros. Son galego, de Antonio Rey (2002)

5 de abril: Selección de textos de Rodolfo Fogwill, Beatriz Sarlo, Roberto Bolaño, Mariana Eva Pérez, María Moreno.

3 de mayo: Un argentino en Galicia, de Gustavo del Río (1934)

7 de junio: Aguafuertes gallegas, de Roberto Arlt (1935)

2 de agosto: Tierra sin mapa, de Ángel Rama (1961)

6 de septiembre: Gallego, de Miguel Barnet (1981) [Con la presencia de la doctora Celina Manzoni]

4 de octubre: La pasión de los nómades, de María Rosa Lojo (1994) [Con la presencia de la autora, María Rosa Lojo]

1 de noviembre: Un comunista en calzoncillos, de Claudia Piñeiro (2013) [Con la presencia de la autora, Claudia Piñeiro]

6 de diciembre: El héroe que vino a buscarme, de Gloria Pampillo (2011)
Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2014 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Qué ves cando nos ves?, representacións de Galicia dende América Latina
O Ciclo de Literatura Galega que se desenvolve no Centro Cultura de España en Bos Aires (CCEBA) da cidade de Bos Aires achega este ano aos lectores e lectoras arxentinos unha ollada sobre as moitas maneiras nas que Galicia e a súa xente foron narrados polas letras americanas. Ao longo do 2014, as xuntanzas permitirán a descuberta da pegadas que os galegos e as galegas foron deixando na narrativa da rexión.



Por vez primeira nos seus oito anos de vida, o Ciclo de Literatura Galega que se desenvolve dende 2007 na cidade de Bos Aires, pescudará nas letras doutros países. Este ano 2014 e coa colaboración do Centro Cultural de España en Buenos Aires (CCEBA), os participantes das tertulias bonaerenses terán ocasión de achegarse á ollada que os propios escritores de América Latina teñen e tiveron sobre os emigrantes chegados da terra. Dende as Aguafuertes de Roberto Arlt ata as novelas das recoñecidas autoras María Rosa Lojo e Claudia Piñeiro sen esquecer nomes como Rodolfo Fogwill, Beatriz Sarlo, Roberto Bolaño, ou María Moreno, entre outros, o ciclo Qué ves cando nos ves?, representacións de Galicia dende América Latina poñerá en foco a pegada que o pobo vai deixando detrás de si polo mundo adiante

A escritora María Rosa Lojo, que ademáis é académica do Conicet e leva anos traballando nesta temática apunta: "Siempre hay en los estereotipos, aun con sus exageraciones y distorsiones, un fondo de verosimilitud que explica en parte su eficacia funcional y su persistencia. Muchos gallegos, sin duda, trabajaron de sol a sol para labrarse un porvenir; solo contaban con el buen crédito de su palabra y la cumplieron; sin olvidar la suya, llegaron a amar la tierra que los recibió y se arraigaron en ella. También es cierto que eran en su mayoría de extracción campesina y de instrucción escasa. Aunque, como bien lo observa Arturo Jauretche (1900-1974), quienes se aventuraban a las Américas y se empleaban en las tiendas, debían de ser además los más audaces y acaso los más avispados de sus aldeas; algo así, dice, como «el Cortés o el Pizarro de la vara de medir» (Jauretche, 2001), dispuestos a cruzar el mundo en la nueva epopeya inmigratoria".

De marzo a decembro, as xuntanzas coordinadas polas profesoras da Universidade de Bos Aires Andrea Cobas Carral e Débora Campos propóñense como un espazo aberto e gratuito para todas as persoas interesadas en descubrir, redescubrir ou afondar no coñecemento e no disfrute da riqueza e do virtuosismo das letras de Galicia.


Máis información: lectoresenbosaires@gmail.com ou na páxina http://www.blogoteca.com/lectoresenbosaires/
Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2014 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0