|
|
|
Comezamos! |
|
Ola!
Temos o caderno e o lápis listos mais os libros no bolso para comezar este novo ciclo de literatura galega. Para ir achegándonos ao tema, deixámosvos aquí algunha información sobre o autor que traballaremos este ano. Vémonos este sábado ás 15 no CCEBA, na rúa peonil Florida 943 (baixando polas escaleiras e pasando a biblioteca).
Quedades convidados!
Materiais
Algo de información sobre Manolo Rivas na Galipedia
http://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Rivas
Apuntamentos sobre a súa obra por Dolores Vilavedra (En castelán)
http://www.thefreelibrary.com/La+obra+literaria+de+Manuel+Rivas%3A+notas+para+una+lectura...-a0287391420
Unhas palabras sobre O Libro do entroido so propio Rivas (en castelán, publicado en "Impreso en hierba", El Cultural, 27/07/2009)
http://pendientedemigracion.ucm.es/BUCM/escritores/manuel_rivas/obras/obr1688.php
|
|
|
|
Cronograma do ciclo 2013 |
|
Xa estamos listas para convidarvos a acompañarnos noutra aventura de historias, de poesía e de reflexión. O ciclo deste ano, como sabedes, está dedicado á obra de Manuel Rivas e titulámolo As voces baixas de Manuel Rivas. Comezaremos as tertulias o sábado 23 de marzo de 15 a 17 nun novo emprazamento: o Centro Cultural de España en Buenos Aires (CCEBA), na rúa Florida 943.
Na primeira reunión traballaremos as pezas iniciais do autor coruñés que imos levar fotocopiadas, de xeito que non é necesario que merquedes ningún libro.
Tamén deitamos aquí o cronograma dos encontros do ano:
* 23 de marzo, 15:00 hs
Presentación do Ciclo. Libro do entroido (1980).
* 27 de abril, 15:00 hs
Un millón de vacas (1989).
Edicións Xerais de Galicia.
(Premio da Crítica española para obras en lingua galega)
* 18 de maio, 15:00 hs
En salvaxe compaña (1993). Edicións Xerais de Galicia.
* 8 de xuño, 15:00 hs
¿Que me queres, amor? (1995). Editorial Galaxia.
(Premio Nacional de Narrativa)
* 10 de agosto, 15:00 hs
El periodismo es un cuento (1998) Edicions Alfaguara (en castelán)
* 14 de setembro, 15:00 hs
Ela, maldita alma (1999) Editorial Galaxia.
* 19 de outubro, 15:00 hs
Selección de poemas de Do descoñecido ao descoñecido (Antoloxía, 2004). Espiral Maior.
* 9 de novembro, 15:00 hs
O héroe (2005). Edicións Xerais de Galicia.
* 7 de decembro, 15:00 hs
As voces baixas (2012). Edicións Xerais de Galicia.
Presentación do Ciclo 2014
Como sempre, aquí quedamos para responder calquera pregunta. E agardámosvos o 23!! |
|
|
|
Mudámonos! |
|
Queremos contarvos que, logo de seis marabillosos anos, este 2013 chega cun cambio importante: imos deixar a sala Alfonsina do Café Tortoni e pasaremos a un espazo máis axeitado ao noso traballo.
Moito agradecemos a infinda xenerosidade coa que fumos recebidas nesa casa, coa amizade que o Tortoni sempre tivo para os galegos e as galegas na diáspora. E voltaremos de cando en vez cos amigos que queiran compartir con nós un chocolate con churros!
Dende o mes de marzo, vémonos no Centro Cultural de España en Buenos Aires (CCEBA), Florida 943, a quen tamén agradecemos a súa colaboración co noso ciclo.
|
|
|
|
As voces baixas de Manuel Rivas |
|
Dedicaremos o ciclo 2013 á poliédrica obra do autor galego con maior proxección internacional: Manuel Rivas. Percorreremos a súa poesía, os seus ensaios e os contos e novelas que levaron as nosas historias e a fala da nosa xente polo mundo todo. As voces baixas de Manuel Rivas comezará o sábado 23 de marzo, ás 15 no CCEBA, Florida 943.
Agardámosvos!!
|
|
|
|
|