Convidamos a tomar a palabra, a achegarse á expresión escrita e a traballala con coidado e delicadeza para que o noso decir sexa quen de alcanzar aos outros.
Traballaremos na lingua na que cada quen se sinta cómodo. E estarmos alí para axudar aos que teñan interese en mergullar na riqueza do galego.
Este ano, escribiremos sobre A Memoria. A nosa, a colectiva, a familiar, a persoal, a íntima.
Teremos a honra de contar cunha guía extraordinaria: Mariana D´Agostino: profesora e Licenciada en Letras por la UBA. Especialista en Procesos de lectura e escrita pola Cátedra Unesco e a UBA.
O obradoiro é gratuito e as xuntanzas serán na Biblioteca Galega de Bos Aires (Chacabuco 955 1º) ás 15, os días 17 de marzo, 19 de maio, 30 de xuño e 11 de agosto.
So hai 15 prazas! Se queres vir, apúntate no enderezo lectoresenbosaires.obradoiro@gmail.com |