coa maior das ledicias, achegámosvos o noso cronograma de tertulias que este ano 2012 estarán íntegramente dedicadas á obra dun dos autores máis relevantes da literatura galega: Xosé Luis Méndez Ferrín.
"Proposto en reiteradas ocasións como Premio Nobel de Literatura e considerado con numerosos premios, dono dunha lingua millonaria, dun estilo inconfundíbel, o caudaloso río literario de Méndez Ferrín, desde os anos cincuenta, vén irrigando e fertilizando o campo cultural e político galego, vén espellando, moitas veces en remuíños, o devalar de enxurradas e remansos, de soños e realidades, ás veces ásperas, ás veces esperanzadas, en que vive a Galicia contemporánea". As palabras corresponden ao escritor e máximo Ferrinólogo, Anxo Angueira, e as escollimos como perfil rigoroso que explica a nosa escolla.
Presentaremos o ciclo o vindeiro sábado día 3 de marzo ás 16 na sala Alfonsina Storni do Café Tortoni.
Estades todos e todas convidados!!!!
LECTORES GALEGOS EN BOS AIRES
CICLO 2012
3 de marzo, 16:00 horas: Presentación del Ciclo. La obra de Xosé Luis Méndez Ferrín en el panorama de la literatura gallega contemporánea.
14 de abril, 16:00 horas: Ferrín cuentista 1: Antología de Percival e outras historias (1958), O crepúsculo e as formigas (1951) y Arrabaldo do norte (1964)
5 de mayo, 16:00 horas: El territorio de la ficción como alegoría política: Retorno a Tagen Ata (1971)
9 de junio, 16:00 horas: Ferrín poeta 1: Con pólvora e magnolias (1976), Poesía enteira de Heriberto Bens (1980) y O fin dun canto (1982)
Julio libre
25 de agosto, 16:00 horas: Ferrín cuentista 2: Antología de Elipsis e outras sombras (1974), Crónica de nós (1980) y Amor de Artur (1982)
15 de septiembre, 16:00 horas: Tagen Ata 25 años después: Bretaña, Esmeraldina (1987)
13 de octubre, 16:00 horas: Fronteras: Arraianos (1991)
17 de noviembre, 16:00 horas: Ferrín poeta 2: Estirpe (1994), Era na selva de Esm (2004) y Contra Maquieiro (2005)
15 de diciembre, 16:00 horas: Memoria de la resistencia: No ventre do silencio (1999). Presentación del Ciclo 2013. |