Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

Cronograma de encontros para este ano
O Ciclo de Literatura Galega que se desenvolve no Café Tortoni da cidade de Bos Aires percorrerá nesta nova edición os clásicos da literatura galega. Coa intención de que o regreso a estas obras imprescindibles permita alumear as lecturas máis recentes, os lectores bonaerenses analizarán a Rosalía, Curros Enríquez, Pondal, Castelao, Luis Seoane, Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro e Blanco Amor, entre outros.


28 de marzo, 16:00 hs
Lírica galego portuguesa: cantigas de amor, de amigo, de escarnio e maldicer.

25 de abril, 16:00 hs
A Ilustración galega: Benito Feijoó e Martín Sarmiento.

23 de maio, 15:00 hs
O Rexurdimento I: Rosalía de Castro a cargo da Lic. Mariela Sánchez. Manuel Curros Enríquez.

27 de xuño, 15:00 hs
O Rexurdimento II: Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

29 de agosto, 16:00 hs
A vangarda galega: poemas e textos programáticos de Manoel Antonio.

26 de setembro, 15:00 hs
O pensamento político no exilio: Sempre en Galiza de Alfonso Rodríguez Castelao.

17 de outubro, 16:00 hs
Poesía galega de posguerra: Luis Seoane, Luis Pimentel, Uxío Novoneyra, Celso Emilio Ferreiro.

14 de novembro, 16:00 hs
Universo mítico e tradición europea: Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro.

12 de decembro, 15:00 hs
Realismo histórico e crítica social: A esmorga de Eduardo Blanco Amor. E presentación do Ciclo 2010


Estades convidados!!
Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-02-2009 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Unha volta aos clásicos para entender o presente
O Ciclo de Literatura Galega que se desenvolve no Café Tortoni da cidade de Bos Aires percorrerá nesta nova edición os clásicos da literatura galega. Coa intención de que o regreso a estas obras imprescindibles permita alumear as lecturas máis recentes, os lectores bonaerenses analizarán a Rosalía, Curros Enríquez, Pondal, Castelao, Luis Seoane, Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro e Blanco Amor, entre outros.


O terceiro programa do Ciclo de Literatura Galega que se desenvolve dende 2007 no Café Tortoni de Bos Aires percorrerá ao longo deste ano 2009 os clásicos da literatura galega. Rosalía, Curros Enríquez, Pondal, Castelao, Luis Seoane, Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro e Blanco Amor, entre outros, volverán ser lidos e analizados nesta cidade austral.

?Se ben o traballo cos clásicos da cultura galega xa foi feito en Bos Aires, cremos que ?despóis de dous ciclos centrados na analise de textos dos últimos vinte anos- unha relectura do corpus tradicional da cultura galega permitiría alumear certas zonas que a narrativa e a poesía galegas contemporáneas seguen a reelaborar?, explica a licenciada en Letras Andrea Cobas Carral, coordinadora do ciclo.

Deste xeito, na primeira metade do ano os case corenta lectores mergullarán na Lírica galego portuguesa; nos artigos de Benito Feijoó e Martín Sarmiento para dar conta da Ilustración galega; e nos protagonistas do Rexurdimento: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

Este ano, a análise da obra de Rosalía quedará nas mans da licenciada en Letras Mariela Sánchez, participante do ciclo e doutoranda en Letras na Universidade Nacional de La Plata cun proxecto titulado: ?Transmisión oral na narrativa española contemporánea. Un recurso para a construcción da memoria da Guerra Civil?. A especialista participa como investigadora auxiliar no proxecto ?Memoria histórica e representación do pasado recente na narrativa española contemporánea? e como profesional de apoio do proxecto internacional de investigación e recuperación de testemuños documentais ?O exilio republicano español na Arxentina?, do Ministerio de Cultura de España.

Para a segunda metade do ano, queda a análise da vangarda galega cos poemas e textos de Manoel Antonio, e a lectura de Sempre en Galiza, de Alfonso Rodríguez Castelao para dar conta do pensamento político no exilio. Para descubrir a Poesía galega de posguerra, as coordinadoras propoñen a Luis Seoane, Luis Pimentel, Uxío Novoneyra e Celso Emilio Ferreiro e non pode faltar Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro para achegarse ao Universo mítico e a tradición europea.

O ciclo pechará cunha novela de especial relevancia para os lectores do Café Tortoni: A esmorga, escrita nesta cidade por Eduardo Blanco Amor, ofrecerá a oportunidade para reflexionar sobre realismo histórico e crítica social.

?O percorrido propón unha abordaxe articulada e histórica dos textos centrais que forman o canon literario e cultural de Galicia?, conclúe a licenciada Cobas Carral que coordina o ciclo coa xornalista e profesora na UBA Débora Campos.

Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2009 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0