|
|
|
Cronograma de encontros 2008 |
|
Pezas valiosas que desaparecen, escritores mortos pero que ainda escriben, o suicidio dun importante funcionario que non está moi claro, trata de persoas, o secuestro de Manuel Rivas, ou unha familia asasinada nunha aldea galega, son algúns dos misterios que comezaremos a desvelar dende o mes de marzo na sala Alfonsina Storni do Café Tortoni.
Comezaremos o sábado 15 de marzo ás 15 horas (unha hora máis para esa primeira xuntanza) coa lectura e análise do conto "La muerte y la brújula", de Jorge Luis Borges (pódese atopar aquí e tamén aquí, entre moitas outras páxinas). Tamén traballaremos en cada encontro contidos do libro de Daniel Link El juego de los cautos. A editorial é La marca editor e pode mercarse diretamente dende a páxina da editorial (ten un custe de 18 pesos).
O cronograma completo de xuntanzas é o seguinte:
15 de marzo, de 15 a 18 horas
Introducción á literatura policial: "La muerte y la brújula", de Jorge Luis Borges.
5 de abril, de 16 a 18 horas
O policial de enigma: A procura do falso Grial, de Manuel Forcadela.
26 de abril, de 15 a 17 horas
Encontro cos autores galegos que visitan a Feira Internacional do Libro de Bos Aires
10 de maio, de 16 a 18 horas
O primeiro policial galego: Crime en Compostela, de Carlos Reigosa
7 de xuño, de 16 a 18 horas
Crime e espazo rural: Criminal, de Xurxo Borrazás.
2 de agosto, de 16 a 18 horas
Do policial clásico á novela negra: Á de mosca, de Aníbal Malvar.
6 de setembro, de 16 a 18 horas
Un enigma en la Segunda República: A vida que nos mata, de Xabier López.
27 de setembro, de 16 a 18 horas
Cultura bravú e novela negra: As horas sucias, de Santiago Jaureguizar
18 de ouctubro, de 16 a 18 horas
O crítico literario como detective: Un home que xaceu aquí, de Aníbal Malvar.
15 de novembro, de 16 a 18 horas
Policial e a la cultura de masas: Luar no inferno, de Miguel Anxo Fernández.
13 de decembro, de 15 a 18 horas
Humor y crítica social: Ollos de auga, de Domingo Villar.
Presentación do ciclo 2009
Estades convidados!! |
|
|
|
Unha tarde con Manuel Rivas |
|
Debuxos e historias tecéronse nesta tarde na que compartimos un café co benquerido e admirado Manuel Rivas e a súa dona, Isabel López. Pouco antes de marchar da Arxentina, onde pasou algunhas semanas traballando, percorrendo as rúas e sobre todo escoitando, o autor galego agasallou esta visita aos Lectores Galegos en Bos Aires.

Pouco antes de rematar a súa visita a Bos Aires, o escritor galego Manuel Rivas coñeceu aos participantes do ciclo de literatura galega do Café Tortoni. Foi na tarde do venres 23 de novembro e a conversa informal, como sempre pasa cos grandes contadores de historias, foi quedando caladiña polas historias e os debuxos cos que Rivas soubo conmover, atrapar, engaiolar a atención de todas e todos os alí presentes.
O autor das novelas Os libros arden mal, O lapiz do carpinteiro e o célebre conto "A lingua das bolboretas" sementou emocións no corazón dos homes e mulleres alí presentes e respondeu preguntas sobre a súa última novelísima, como foi chamada, que nese momento estaba sendo lida polos integrantes das tertulias bonaerenses.
 |
|
|
|
|