Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

Policial e a cultura de masas
Luar no inferno é a segunda entrega das aventuras do detective de orixe galega afincado en Los Angeles Frank Soutelo que, neste caso, se mete nos ambientes cinematográficos para tentar descubrir unha trama negra na que se mesturan os magnates de Hollywood, o tráfico de mulleres na fronteira mexicana e as snuff movies, películas ilegais realizadas con violencia real.


Nesta ocasión Frank Soutelo bótalle unha man a un seu sobriño director de cine, que, tras asinar un contrato para dirixir unha película, atopa atrancos para a rodaxe porque trata un tema que non lle gusta ao produtor: a entrada de mulleres mexicanas de xeito ilegal para dedicarse á prostitución de luxo ao servizo dos magnates de Hollywood e á rodaxe de películas porno ou mesmo snuff movie. Deste xeito, o detective galego-californiano vainos contando en primeira persoa a súa aventura polo mundo do cine, mais non polo convencional mundo do cine que adoita saír nos programas convencionais de televisión, da entrega dos Oscar e doutras cereminonias polo estilo. Frank investigará as conexións entre cine e inmigración ilegal de mulleres mexicanas para que se dediquen á prostitución e ao cine porno. [Cartafol de libros ? Vieiros]


Ficha do libro
Titulo: Luar no inferno
Autor: Miguel Anxo Fernández
Ano de Publicación: 2006
Editorial:Galaxia
ISBN. 978-84-8288-928-3


O autor
(O Carballiño, 1955) exerce a crítica diaria de cine e televisión en La Voz de Galicia. Polo seu labor como investigador e teórico cinematográfico concedéronlle o premio de honra Fernando Rey no ano 2001 e o Fundación AIGSE no 2004. Entre a súa obra especializada, destacan O Carballiño. Crónica de cine. 1900-1990 (1994, Premio Historia da Galicia Cinematográfica), Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galicia), e A Bella Otero, pioneira do cine (2003, Premio Chano Piñeiro). O sabre do francés (Galaxia, 2002) foi a súa primeira incursión na literatura de ficción e con Un nicho para Marilyn, gañou o Premio García Barros 2002. Posteriormente publicou a novela curta O sangue dos Cortiña e Capitol, última sesión, libro de relatos nos que recrea o mundo das salas de cine e a influencia dos mitos da pantalla na vida real.



Para leer máis

Sobre o autor na Wikipedia

Sobre a novela na Wikipedia

Sobre a novela en Galicia-Hoxe

Sobre a novela en Cartafol de Libros de Vieiros

Entrevista co autor en La Voz de Galicia

Entrevista co autor na páxina do Consello da Cultura Galega
Palabras engadidas (0) - Categoría: Novelas - Publicado o 14-11-2008 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Luar no inferno

Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-11-2008 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0