Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

O crítico literario como detective
Xornalista e escritor, Aníbal Malvar é un autor xa coñecido neste ciclo. No mes de agosto traballamos coa súa novela Á de mosca e agora chega a quenda de Un home que xaceu aquí que percorre a historia da busca do orixinal perdido dunha novela famosa. A acción desenvólvese na Compostela dos nosos días e ten como protagonista un profesor universitario que, por pura desidia, se ve envolto nunha trama pseudodetectivesca.


Xosé María Bernal é un catedrático de literatura duns 35 anos. Divorciado, vive só nun ático en Santiago de Compostela. Consume con frecuencia whisky e cocaína, e añora a vida en parella.
O seu ex-sogro é un escritor mediocre e pretencioso, pero que acadou fama coa súa ultima novela, Xacer aquí. Un día desaparece o manuscrito da novela, que estaba en poder da editorial. Ana, unha compañeira da facultade moi interesada en demostrar que a novela non era orixinal, senón copiada dun autor case descoñecido, pídelle axuda para atopar o manuscrito. Coa axuda dun amigo xornalista e co apoio do seu veciño, tras viaxar ata A Guarda, Ourense, León e Lisboa, descobre que foi utilizado por Ana para atopar ó autor orixinal da novela.

Ficha do libro
Título: Un home que xaceu aquí
Editorial: Sotelo Blanco
Edición: Santiago de Compostela
Ano: 1993
ISBN: 84-7824-166-3



O autor
Aníbal C. Malvar (Aníbal Calvo Malvar) (A Coruña, 1964) xornalista, traballa actualmente en El Mundo. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Soño do violinista (1990), libro de relatos e poemas; Un home que xaceu aquí (1993), novela; A man dereita (1994), novela; Unha noite con Carla (Xerais 1995), novela, Premio Xerais 1995; e Á de mosca (Xerais 1998), novela. Como guionista de cómic e en colaboración con Rober G. Méndez ten publicado A irmandade dos lectores tristes (1994) Flores desde Hiroshima (Xerais 1995) No nome da amada morta (Xerais 1996) e A maldición dos Velasco (Xerais 1999).



Para leer máis

Sobre o autor na Wikipedia

Sobre a novela na Wikipedia

Sobre o autor en Praza das Letras

Un conto de Malvar
Palabras engadidas (2) - Categoría: Novelas - Publicado o 27-10-2008 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Un home que xaceu aquí

Palabras engadidas (0) - Categoría: Novelas - Publicado o 27-10-2008 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Un sábado de visitas
Deixaremos a novela Un home que xaceu aquí para dentro duns días e gozaremos o vindeiro sábado 18, dende as 16 horas da visita de Santiago Jaureguizar, de quen vimos de ler As horas sucias e do trío poético musical Ouriol. Un luxo! Non o perdades!




O vindeiro sábado, día 18, teremos a honra de contar con dúas visitas de luxo. Ás 16, poderemos coñecer e falar con Santiago Jaureguizar, de quen vimos de ler As horas sucias. E ás 17, gozaremos co espectáculo do trío poético musical Ouriol, composto pola poeta Eva Veiga e os músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, coa dirección da actriz Comba Campoy.

Jaureguizar trae para nós unha conferencia titulada "Abrindo o reloxo das horas sucias". Como sabedes, é xornalista e traballa en El Progreso de Lugo.

Como narrador ten publicados Comendo espaguetis diante da televisión (Xerais 1998), As horas sucias (Xerais 2001), Casa Skylab (Premio Xerais 2003), e Cabaret Voltaire (Premio Manuel García Barros 2005).

Tamén e autor, ademais, de unha chea de novelas xuvenís e mantén aberto o blog Cabaret Voltaire.

Pola súa banda, Ouriol trae aos poetas galegos a Latinoamérica. As presentacións comezaron en Uruguai -con varias actuacións na Feira Internacional do Libro de Montevideo- onde xa se puido asistir ao espectáculo De amor e morte, un percorrido pola poesía galega de todos os tempos.

Ademais, o grupo estreou na Feira do Libro de Montevideo un repertorio de poesía do exilio e da emigración, que inclúe autores tan variados como Lorca, Manuel Antonio, Lourenzo Varela, León Salinas ou Cernuda.

O grupo realizará varias actuacións no Colexio Santiago Apóstolo, na Federación de Asociacións Galegas de Bos Aires, e tamén la librería Fedro (o martes ás 19.30, ao que estades convidados especialmente, xa que alí poderedes gozar da poesía de Valle Inclán).



Agardámosvos! Agardámolos!
Palabras engadidas (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2008 02:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0