Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

Anxo Angueira no Café Tortoni
Co gallo da Feira do Libro deste ano e nunha tarde chuviosa, o escritor galego Anxo Angueira visitou a sala Alfonsina Storni do Café Tortoni e falou da súa novela Pensa nao. Aquí vos deixamos o que dixo nese encontro cos Lectores Galegos en Bos Aires e, para quen o queira escoitar, temos o CD co audio. Que Angueira é un gran escritor xa o sabedes logo de percorrer o libro co que traballaremos o sábado 20 de outubro. Pero convidámovos a descubrir o seu virtuosismo oral, a súa condición de verdadeiro xograr.


Presentación PENSA NAO.


A estas alturas non é ningunha novidade atribuírlle ó Alzamento do 36 un protagonismo definitivo na historia deste século que agora remata. Con aquel triunfo do fascismo triunfou Hespaña, a Hespaña con H como sempre lle puña Castelao, esa "bafarada de podre interminábel" que dicía HeribertoBens. A mesma que perdera en Cuba e no Norte de África foi a que logrou a victoria na gloriosa cruzada. E foi esa Hespaña a que esmagou brutal, ferozmente, nun momento de enormes expectativas o desenvolvemento político, cultural e económico de Galicia. Exército, Falanxe e Garda Civil foron os brazos executores dun calculado plan gobernado polo terror fascista do que ano a ano, coma este que rematou dedicado a Roberto Blanco Torres, imos tendo noticias, estarrecedoras noticias.

Un paso adiante e outro atrás, coma en "Penélope" dicía Díaz Castro. E o retroceso foi de décadas. Pero a ferida... Xa non se trata de que se eliminase a dirixentes ou personaxes de relevancia dos xeitos máis execrables, levando por diante de paso a víctimas de odios e envexas persoais. Desde o meu punto de vista foi unha amputación global ao noso proxecto de progreso como nación, un proxecto vivo e dinámico, non exento de contradiccións, evidentemente, pero altamente esperanzado naqueles anos. E esa ferida eu vina e aínda a vexo. A ferida do medo, da xente que non quere falar do tema, que non recorda... (recorda, recorda); a ferida aberta aínda nas igrexas co laño manantío dos insoportábeis símbolos dos vencedores; a ferida da covardía e da submisión; a ferida da alienación e da sobrealienación política e cultural; a ferida que aínda nos ten alleados, nalgúns casos a través dos mecanismos máis revirados, a respecto da nosa propia lingua, que é tanto como decer da nosa identidade.

Total, que por causa daquel proxecto esperanzado ó que tantos entregaron o mellor do seu esforzo e polo que tantos deron a vida, por causa desta ferida que aínda non sandou, engadidos a algo que bole e me rebole na cabeza desde hai anos e que se chama Sernanselle, foi que me puxen a escribir esta novela que hoxe presentamos aquí en Celanova.

Quixen, á miña maneira, ofrecerlle ó lector unha nova óptica da aldea. Xa sei que con Berger se ten adiantado moito pero no noso caso aínda nos custa asumir que somos un país de vinte mil castros e freguesías, de vinte mil aldeas. Quixen falar da aldea desde dentro a para iso, moito máis que a miña experiencia vital, que a tiven e da que estou moi orgulloso, de alindar vacas, labrar, sachar, arrendar, gradar, ir ós pavóns ou ó batume, ir á resteba ou face-la malla na eira comunal, máis aínda que a pescuda na memoria das xentes da miña terra, foime decisiva a lectura de ensaios coma os de Lourenzo Fernández Prieto, Labregos con ciencia, que cuestionan cientificamente o estereotipo do atraso económico, tópico que tamén funcionou no literario, e que demostran que ata o 36 houbo unha profunda renovación agropecuaria -aquí cómpre citar máis unha vez tamén a Cruz Gallástegui e a súa Misión Biolóxica de Pontevedra- que nunca se podería ter levado a cabo sen a apertura e o dinamismo dos labregos. Apertura e dinamismo que foron agromando como puideron, avanzada xa a posguerra, e que hoxe negocian a eliminación cos subsidios da C.E.E.

Pero na aldea había na década dos trinta e hai agora máis que labregos e labregas, labregos propietarios, labregos a xornal: había xa unha economía simbiótica xerada pola emerxencia do proletariado rural, había americanos masóns e republicanos, señoritos coma os de Otero Pedrayo, liberais, médicos case todos. Había un intensísimo movemento cooperativo que era alicerce das directrices económicas do Partido Galeguista. E gando. Iso si, había moito máis gando.

E, claro é, como tódalas aldeas teñen paisaxe, o Sernanselle da miña novela non ía ser menos. Abrigada de norte e de travesía polos montes de Cal de Barcas e Cal de Martiño, chamado tamén de Contemunde, ao pé xa da Barbanza, desde Manselle, que diga, desde Sernanselle, se non hai néboa, enxérgase o río Ulla, unha liña ou unha vea pola que enchen e devalan as marés da Arousa, pola que soben e decen, aínda, os trapos de balandros e dornas derrotadas, coma inchados plectros, na baixa, ferindo o verde das brañas de Laíño, xustamente o que hai que adiviñar á dereita da foto da portada de Pensa nao. Foi nun tempo o Tuño de Ramirás baixando de Milmanda o meu río preferido, e o Sorga ou Ourille e o común Arnoia. Pero o Ulla...

Desde as antas do corazón de Galicia ata as Torres de Oeste onde se arrecende o salseiro do mar da Arousa, desde a Ulloa dos castelos e das donas pintadas no ouso do Vilar ata as escovellas sen fondo das brañas de Laíño, por fervenzas, pazos e mosteiros abaixo, o Ulla é o máis grande mar dos nosos ríos pequenos.

Ollamos desde aquí a súa liña ilusoriamente dereita ou non a ollamos. Pasan entón pola braña de trevo ou de caneda e pola veiga de Campaña e de Lestrove, por antre o millo correndo soas, velas falucho, trapos maiores, inchadiñas escandalosas de naves que non hai: mecos, dornas, lanchas, balandros, galeóns. Falo do meu Ulla.

Falo do Ulla polo que sobe a maré ata o límite das pesqueiras de lamprea de Herbón e que no devalar se nos perde polos derradeiros remuíños de Catoira, cara os lombos salgados máis ricos do mundo. Falo do Ulla que navegaron os cousos celtas, romanos, suevos, Prisciliano, vikingos e mouros e as arcas dos mercadeiros de Anveres de Flandria; do Ulla que deu o Porto de Iria e Compostela, o que nos trouxo e nos levou de todo. Por iso Padrón e Cesures son vilas de mareantes e mariñeiros, por iso a Ponte, Infesta, Requeixo e Porto, sobre todo Porto, son aldeas de xente que aínda hoxe anda no mar, bateleiros, baleiros, sirgadores que turraban contra leste ou maré pola veta atada alta no pao, saltando nos esteiros dos regatos, pola orela adiante.

Non é estraño ver desde Manselle, por entre a néboa do arraiar náufrago ou da mañá, vir vindo cara terra dornas revolteando por antre as grandes insuas, gamelas de labregos singrando ou cinguindo á solla con francada na baixa, paneis de zamborcas, muxos e robalizas, estoxos de camarón. E a lancha do Telleiro e a barca do barqueiro da Vacariza e a dorna de escarba de Silvestre o berberecheiro lanzando un S.O.S. distante pola súa buguina sonámbula. Tampouco resulta, pois, estraño, que nas tabernas campesiñas de tódalas aldeas estas se conten aínda historias de naufraxios e afogados, de naves aparecidas pola volta do Redondo e de outras que desapareceron fuxindo cara o mar.

Aínda agora polo Ulla soben e decen, enchen e devalan, as marés vivas de moitos corazóns.
¿Unha historia de amor? Si, poida que tamén haxa amor en Sernanselle. En tódolos lugares e en tódalas épocas hai desencontros. E lingua. Na aldea hai moita, moitísima lingua. O que pasa, desde o meu punto de vista, é que esa riqueza viva e popular merece tanto esforzo no tratamento literario, ou máis, que calquera outra manifestación lingüística das chamadas cultas. Eu quixen operar, se se me permite decelo, coma Pondal e os da Escola Formalista dos que tanto gustaba gorentoso o meu amigo Heriberto. Texto.

E, xa postos, literatura. Tamén na aldea hai literatura. Confeso que me foi fundamental para Pensa nao o ter recollido na miña aldea, a rusa do valo, ferida agora brutalmente por unha irracional Vía Rápida, toda a literatura que puiden daqueles anos. Houbo moitísima máis pero o 36 queimouna nas casas de Roiz e de Camoiras. Como queimou a Editorial Nós ou Seminario de Estudos Galegos. E esta literatura, que son cartas de emigrantes, libros de medicina, libros relixiosos, revistas, dei en xuntala e mesturala, integrala -como autor foi un dos maiores praceres que tiven- con diversas referencias ao noso sistema literario. Obrigadas as de Rosalía, que tamén andou e aínda anda pola braña ata as Torres de Oeste; as de Manuel Antonio, por ser mareante de Padrón e arredista; as de Otero, por Devalar e por Xoán Rodrígues nas Palmas do Convento de Herbón; as de Eusebio Lorenzo, pola luz súa no canabal da nosa braña, e as de Ferrín. As de Ferrín porque foi un dos poucos autores que escribiu valentemente sobre os mortos, os fuxidos e os guerrilleiros. Polo seu indispensábel maxisterio. En definitiva, considérome no fío, no ronsel, dos que empregan a memoria contra o fascismo, como arma de resistencia para seguir exisitindo no futuro. María a de Mariño.

Alguén me espetou este titular nunha entrevista: Concédolle un papel moi destacado á literatuta no proceso de recuperación da nosa identidade nacional. Pois si, son desa idea. Sendo como somos un país pequeno, e de aldeas, temos unha das máis brillantes e apaixonantes literaturas occidentais, con espellismos, iso si, con dúbidas e rémoras, con altos e baixos, pasos adiante e pasos atrás, como a Penélope de Díaz Castro, como a propia Galicia. Aínda viva e aínda en marcha, espiral, reducio devalante cara o mar.

Anxo Angueira
Palabras engadidas (0) - Categoría: Novelas - Publicado o 14-10-2007 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Pensa nao
?Quixen, á miña maneira, ofrecerlle ó lector unha nova óptica da aldea. Xa sei que con Berger se ten adiantado moito pero no noso caso aínda nos custa asumir que somos un país de vinte mil castros e freguesías, de vinte mil aldeas?, dixo Anxo Angueira no Tortoni durante a súa visita co gallo da Feira do Libro. Daquela nada sabiamos ainda desta súa novela que agora lemos.

Ficha do libro
Titulo: Pensa nao
Autor: Anxo Angueira
Ano de Publicación:
Editorial: Xerais
Sinopse:
En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. Pensa nao é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico de beleza que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo inusitadamente épico, Pensa nao é a metáfora dunha Galicia aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política. Para Marianela Álvarez Carregal, membro do xurado de lectores que outorgou o Premio Xerais, ?Pensa nao resulta ser unha das obras máis atraíntes publicada no noso idioma nos últimos tempos porque presenta tamén un gran acerto na utilización do dialecto da zona, nas formas verbais e outras características fonéticas que dan vida, cor e verosimilitude á obra. Pero, por riba de todas estas virtudes, o grande valor da obra é presentarnos unha Galicia rural incardinada na modernidade, no progreso; así, vemos unha comunidade rural interesada na racionalización do campo e na súa industrialización, da man dos seus elementos máis progresistas (comunistas, anarquistas, republicáns), pero tamén de elementos máis tradicionais (asociacións católicas, indianos, señoritos) que atopan un punto común na súa actuación para conseguir que en Sernanselle, a aldea rusa, se rompa o tópico, do atraso do campo, tanto no plano técnico como no ideolóxico. Por fin temos a novela de aldea pola que algúns lectores estabamos a agardar: nela preséntase non unha Galicia ruralizante e choromica, senón unha Galicia resistente, loitadora, e, por suposto, reprimida brutalmente?. Premio Xerais de Novela, 1999


Sobre o libro

A poderosa fabulación de Anxo Angueira en «Pensa nao»,
Por F. Martínez Bouzas*


Pensa nao escribiuna A. Angueira sen aclimatarse a nada. Ou que narra é froito do somergullo desde cativo na vida aldeá do largacío val de Laíño, nas súas brañas e campías, seguindo a abraiante liña azul do Ulla. Engádase a isto ou poder fabulador dun escritor pouco prolixo, pero potente e eficaz, que se alimenta nos vestixios dá memoria popular, non que as xentes dá aldea de Manselle e a súa comarca lle contaron e nas cartas dá emigración. Ou resultado é este exultante traballo creativo que nos reconcilia enteiramente coa literatura.

A historia de Pensa nao é unha recreación ficcional dous sucesos acontecidos en Sernanselle desde ou San Martiño do ano 35 ata xullo do 36. Puntuando a sucesión de acontecementos e ou clima «in crescendo» dá trama, as cartas de América. A. Angueira narra a distancia inmensa entre dúas cartas que describen as xornadas positivas e ou estremecemento e dramatismo dous días negativos que de súpeto estourou na comarca ao igual que en toda Galicia. A novela é unha verdadeira inmersión na vida dá aldea, nos seus días e traballos, nos seus fermentos de modernidade, nas tensións políticas que xorden inevitablemente entre os defensores dá República e os falanxistas e un clero belixerante. Ou traballo dá chapacuña, a collida dous enxamios, as mallas e regas, as vidras e restrebas... Con ducias de personaxes, algúns memorables, que fan de Pensa nao unha biografía colectiva que relata ou mundo rural desde dentro e cun estilo moi distinto ao do costumismo ou ao do socialrealismo. Somergullo nas grandes e fermosas paisaxes míticas do Ulla pola banda de Laíño. Novela de mestura bravía e salvaxe de terra e auga. Romance de fondas resonancias sociais, recuperación dá memoria e dá identidade, comprometido coa realidade e coa verdade, a prol do progreso e dá convivencia. En Pensa nao agachase unha fascinante historia de amor contada con todos os bríos dá nosa lingua.

* crítico literario

Na súa terra
por Hixinio Pontes*


Anxo Angueira acadou ou Premio Xerais de Novela en 1999 con Pensa nao . Marabilla a súa narrativa, ou xeito ricaz, expresivo, novo de explicar como a cultura e ou progreso do noso país sofre os atrancos dás forzas reaccionarias que se opoñen as mudanzas dous tempos e tentan de instalarnos non seu mundo de servidume e mediocridade, involucións históricas que só fan retardar ou imparable avance dás ideas e as novas expresións culturais e sociais.

Na ribeira do Ulla, entre Padrón e Catoira, sitúa Anxo Angueira a Sernanselle, oos seus eidos nativos de Dodro, nos anos de vixencia dá Segunda República.

Soños dun mundo mellor

A corrente do río que leva as follas secas dás vidras e as cancións de Rosalía, tamén levou nunha chalana penza para alén dá Cortegada ou salmo de León Felipe, ou libro dous cánticos cos que se laboreaba a terra, organizábanse os soños de progreso, construíanse as primeiras industrias e os soños dun mundo mellor.

Os tempos que obrigan a mudar as costumes, os oficios, os traballos, están recollidos neste obra que é un documento cariñoso dás nosas raigames, un museo cultural como a Historia de Galicia que nos deixou Don Ramón Otero Pedrayo, pero un museo en acción, cheo de vida, de paixóns.

Lectura obrigada

Anxo Angueira plasma a Galicia que viviron e coñeceron os nosos abós, nos anos 30, un coñecimento maxistral dá terra, do noso mundo rural, dous usos, do ambiente, dás inquedanzas e ideais.

Lectura obrigada para todos os interesados na nosa cultura etnográfica, elaborada nun estilo moi coidado e preciso, cos solucións innovadoras e arrecendos expresivos dous diálogos e descripcións.

* crítico

Inesquecible
por Xosé M. Eyré *


Pensa nao, reivindica a memoria heroica dous vencidos, mediante ou tratamento epopeio do que foi impedido, destruído, polo alzamento franquista que desembocou na Guerra Civil. Situada a trama mos meses inmediatamente anteriores ao comezo dá confrontación, as personaxes de Anxo Angueira fan casas, destilan viño e augardente, coidan ou gando, constrúen fábricas e gamelas e teñen en proxecto adquirir unha malladora mecánica, son unha sociedade esrtructurada, organizada, que progresa...coa ameaza do inxusto terror bélico ao fondo, como ben sabe ou lector e as personaxes presinten, como os mellores mestres dá traxedia ensinan.

Novela dá terra

Nada clásica é, sen embargo, a escrita desta novela de terra que nunca perde de vista a referencia do mar.

Cincelada coa precisión estilística propia do mellor ourive verbal, Anxo Angueira abriu a terra para rescatar a lingua; despois entregou, ese tesouro buscado con mimo, ás xentes de Dodro Vello, de Sernanselle, para que habiten unha novela que é súa porque son as súas vidas quen a fai. Por iso, ler Pensa nao é moito máis que ler unha novela. Fóra retóricas gabanciosas, é visitar, vivir e comprender Dodro Vello, Sernanselle; é participar na historia.

Escrita comprometida

Non ten vocación de pasatempo. A gañadora do Premio Xerais de 1999, posúe unha escrita comprometida, consciente, solidaria, sentida, orgullosa, que supón unha dás cotas de meirande altura, nese cada vez máis amplo grupo de títulos sobre a Guerra Civil e as súas consecuencias, na renovación do realismo, na historia dá novela galega.Garda en se momentos de inesquecible instensidade dramática, lírica e estilística.

* profesor e crítico literario



Sobre o autor
Anxo Angueira Viturro naceu en Manselle, aldea de San Xián de Laíño, Dodro, en 1961. Sempre vinculado a súa vila natal, viviu dous anos da súa infancia en Asados ata que se trasladou a Padrón onde realizou os estudos de Bacharelato. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa lingua e literatura galega da man do seu mestre de lingua española, Bernardino Graña. Foi este quen lle inculcou o amor pola lingua do país e lle deu as primeiras leccións de literatura. Gañou algúns premios en concursos literarios, de poesía e narrativa, organizados no propio instituto. Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na universidade de Compostela, onde realiza estudos de Filoloxía Hispánica coa especialidade en Lingua Galega. Na época universitaria seguiu residindo en Padrón, onde traballaba. Actualmente traballa como profesor de lingua e literatura galegas no I.E.S. do Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Publicou diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participou na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colaborou en O Xornal, publicación da C.U.T., e na revista A Trabe de Ouro. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lourenzo Baleirón. En 1992 foi gañador do premio do certame poético Ruta do Mar de Arousa e río Ulla con ?O mar e o río do regreso?. En 1994 recibiu un accésit do premio de poesía Camiño de Santiago polo poema ?O valo de Manselle?. En 1996 obtivo o premio Café Dublín polo libro de relatos Bágoas de facer illas.

Entrevista

«A lingua é a arma dá literatura»

Por Camilo Franco

Ou rechouchío dous paxaros cerca Mansella nas mañás de verán. Contra ou fondo dá paisaxe ou final dá ría de Arousa mansamente presta azul a tanto verde. A harmonía do val só quebra pola vía rápida que busca ou mar en Ribeira e alén. A descrición pode ser bucólica pero non gratuíta. Manselle é unha xeografía vital para a literatura de Anxo Angueira. «Pensa nao» ten varios protagonistas: ou galego recuperado, a ilusión por unha patria en marcha e con horizonte, pero tamén un pobo deitado nas caeiras dá vida e dá paisaxe. Unha paisaxe que, como piden os académicos é idiomática, moral, política. A paisaxe como circunstancia.

Angueira ten en Manselle (non Concello de Dodro) unha paisaxe definitiva. Un universo que responde á vella frase de que ou máis local é tamén ou maís universal

-En «Pensa nao» danse dúas liñas: unha aposta polo idioma e outra pola reconstrución dunha época. ¿A novela cumpre eses labores como cando a pensou?

-Totalmente. Era unha aposta arriscada idiomaticamente, pero a penso manter non futuro. Desde ou punto de vista político, a novela segue totalmente vixente.

-Desde a perspectiva idiomática, entre «Bágoas de facer illas» e «Pensa nao» hai unha diferenza brutal. ¿Esta proposta de idioma en «Pensa nao» respondía a unha necesidade ambiental ou a unha intención de recuperación lingüística?

-Efectivamente, hai unha compoñente na lingua desta novela que responde ás características dá época na que está ambientada. Hai mesmo un uso de dialectalismos que teñen a intención de retrotraer ó lector á época dá novela. Daquela non había un estándar para ou galego como hai agora, así que hai formas lingüísticas que obedecen ás necesidade de ambientación dá novela. Sen embargo, estou traballando agora nunha novela actual e os criterios lingüísticos non son eses, aínda que a aposta de fondo de recuperar léxico e sintaxe vouna manter.

-Ou léxico e sintaxe de «Pensa nao» proceden desta zona, de Manselle e arredores.

-Basicamente. Pero tamén dá literatura que se escribíu por aquí, de Rosalía, Castelao, doutras literaturas galegas e ata hai formas dialectais portuguesas.

-Tamén hai pequenas foxes idiomáticas dous arxentinos que regresaron e que falan galego con certos deixes.

-Ós arxentinos non os caractericei moito idiomaticamente. Non é unha novela dialectal que corresponda con esta zona. Creo que é supradialectal, pero ten ese toque, rompe un pouco coa normativa, que se alonxa do estándar.

-E para conseguilo tivo que recuperar idioma, investigar facer un esforzo suplementario, porque este non é un galego cotián. ¿Precisou dun traballo especial?

-En parte xa ou pedía a historia. Logo, penso que un escritor ten que traballar sempre coa lingua. A lingua é esa materia, esa madeira que ou escritor como traballador ten que coñecer, ten que ter competencia para tratala. Isto é fundamental. Iso valo facendo diariamente coas túas lecturas, coas conversas coa xente.

-Pero escribir lonxe do estándar de hoxe pode supoñer unha perda de comprensión.

-Entendo que si. Que require un esforzo. Que hai un vocabulario que arrisca. Os comentarios que recibín neste sentido viñan a dicir que era un esforzo que pagba a pena. Porque ou vocabulario que utilizo aínda existe, non está morto. Aínda está vivo en moitos pobos de Galicia.

Fontes e mais materiais
http://gl.wikipedia.org
http://bvg.udc.es/
http://www.lavozdegalicia.es
Palabras engadidas (0) - Categoría: Novelas - Publicado o 14-10-2007 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0