Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

Ollos de auga

Palabras engadidas (2) - Categoría: Novelas - Publicado o 11-12-2008 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Policial e a cultura de masas
Luar no inferno é a segunda entrega das aventuras do detective de orixe galega afincado en Los Angeles Frank Soutelo que, neste caso, se mete nos ambientes cinematográficos para tentar descubrir unha trama negra na que se mesturan os magnates de Hollywood, o tráfico de mulleres na fronteira mexicana e as snuff movies, películas ilegais realizadas con violencia real.


Nesta ocasión Frank Soutelo bótalle unha man a un seu sobriño director de cine, que, tras asinar un contrato para dirixir unha película, atopa atrancos para a rodaxe porque trata un tema que non lle gusta ao produtor: a entrada de mulleres mexicanas de xeito ilegal para dedicarse á prostitución de luxo ao servizo dos magnates de Hollywood e á rodaxe de películas porno ou mesmo snuff movie. Deste xeito, o detective galego-californiano vainos contando en primeira persoa a súa aventura polo mundo do cine, mais non polo convencional mundo do cine que adoita saír nos programas convencionais de televisión, da entrega dos Oscar e doutras cereminonias polo estilo. Frank investigará as conexións entre cine e inmigración ilegal de mulleres mexicanas para que se dediquen á prostitución e ao cine porno. [Cartafol de libros – Vieiros]


Ficha do libro
Titulo: Luar no inferno
Autor: Miguel Anxo Fernández
Ano de Publicación: 2006
Editorial:Galaxia
ISBN. 978-84-8288-928-3


O autor
(O Carballiño, 1955) exerce a crítica diaria de cine e televisión en La Voz de Galicia. Polo seu labor como investigador e teórico cinematográfico concedéronlle o premio de honra Fernando Rey no ano 2001 e o Fundación AIGSE no 2004. Entre a súa obra especializada, destacan O Carballiño. Crónica de cine. 1900-1990 (1994, Premio Historia da Galicia Cinematográfica), Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galicia), e A Bella Otero, pioneira do cine (2003, Premio Chano Piñeiro). O sabre do francés (Galaxia, 2002) foi a súa primeira incursión na literatura de ficción e con Un nicho para Marilyn, gañou o Premio García Barros 2002. Posteriormente publicou a novela curta O sangue dos Cortiña e Capitol, última sesión, libro de relatos nos que recrea o mundo das salas de cine e a influencia dos mitos da pantalla na vida real.



Para leer máis

Sobre o autor na Wikipedia

Sobre a novela na Wikipedia

Sobre a novela en Galicia-Hoxe

Sobre a novela en Cartafol de Libros de Vieiros

Entrevista co autor en La Voz de Galicia

Entrevista co autor na páxina do Consello da Cultura Galega
Palabras engadidas (0) - Categoría: Novelas - Publicado o 14-11-2008 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Luar no inferno

Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-11-2008 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
O crítico literario como detective
Xornalista e escritor, Aníbal Malvar é un autor xa coñecido neste ciclo. No mes de agosto traballamos coa súa novela Á de mosca e agora chega a quenda de Un home que xaceu aquí que percorre a historia da busca do orixinal perdido dunha novela famosa. A acción desenvólvese na Compostela dos nosos días e ten como protagonista un profesor universitario que, por pura desidia, se ve envolto nunha trama pseudodetectivesca.


Xosé María Bernal é un catedrático de literatura duns 35 anos. Divorciado, vive só nun ático en Santiago de Compostela. Consume con frecuencia whisky e cocaína, e añora a vida en parella.
O seu ex-sogro é un escritor mediocre e pretencioso, pero que acadou fama coa súa ultima novela, Xacer aquí. Un día desaparece o manuscrito da novela, que estaba en poder da editorial. Ana, unha compañeira da facultade moi interesada en demostrar que a novela non era orixinal, senón copiada dun autor case descoñecido, pídelle axuda para atopar o manuscrito. Coa axuda dun amigo xornalista e co apoio do seu veciño, tras viaxar ata A Guarda, Ourense, León e Lisboa, descobre que foi utilizado por Ana para atopar ó autor orixinal da novela.

Ficha do libro
Título: Un home que xaceu aquí
Editorial: Sotelo Blanco
Edición: Santiago de Compostela
Ano: 1993
ISBN: 84-7824-166-3



O autor
Aníbal C. Malvar (Aníbal Calvo Malvar) (A Coruña, 1964) xornalista, traballa actualmente en El Mundo. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Soño do violinista (1990), libro de relatos e poemas; Un home que xaceu aquí (1993), novela; A man dereita (1994), novela; Unha noite con Carla (Xerais 1995), novela, Premio Xerais 1995; e Á de mosca (Xerais 1998), novela. Como guionista de cómic e en colaboración con Rober G. Méndez ten publicado A irmandade dos lectores tristes (1994) Flores desde Hiroshima (Xerais 1995) No nome da amada morta (Xerais 1996) e A maldición dos Velasco (Xerais 1999).



Para leer máis

Sobre o autor na Wikipedia

Sobre a novela na Wikipedia

Sobre o autor en Praza das Letras

Un conto de Malvar
Palabras engadidas (2) - Categoría: Novelas - Publicado o 27-10-2008 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal