Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

Un sábados de visitas: coñeceremos a Victor F. Freixanes
O vindeiro sábado 25 de abril, e só horas antes de que na Feira do Libro de Bos Aires teñan sitio os actos polo Día de Galicia na sala Jorge Luis Borges, a nosa tertulia terá a honra de recebir a visita da delegación de autores que chegan de Galicia para participar nesa mostra. Xa que logo, o noso encontro comezará ás 15 e poderemos escoitar e conversar co escritor, xornalista, editor e sobre todo amigo e guieiro dos Lectores Galegos en Bos Aires Victor F. Freixanes. O ilustre visitante chegará acompañado polo escritor Xabier P. Docampo e polo artista plástico e ilustrador Xosé Cobas ademáis da organizadora do Salón de Pontevedra, Helena Torres.

Estades convidados!!!





O vindeiro sábado 25 de abril, e só horas antes de que na Feira do Libro de Bos Aires teñan sitio os actos polo Día de Galicia na sala Jorge Luis Borges, a nosa tertulia terá a honra de recebir a visita da delegación de autores que chegan de Galicia para participar nesa mostra. Xa que logo, o noso encontro comezará ás 15 e poderemos escoitar e conversar co escritor, xornalista, editor e sobre todo amigo e guieiro dos Lectores Galegos en Bos Aires Victor F. Freixanes. O ilustre visitante chegará acompañado polo escritor Xabier P. Docampo e polo artista plástico e ilustrador Xosé Cobas ademáis da organizadora do Salón de Pontevedra, Helena Torres.

Estades convidados!!!

Tres biografías para coñecer aos nosos visitantes

Víctor Fernández Freixanes segundo Praza das Letras

1951, Pontevedra. Narrador, ensaísta, editor.
Xornalista, docente, investigador, editor, tradutor... Víctor Fernández Freixanes é un dos máis prolíficos ?homes da cultura galega?: a súa actividade nos distintos estratos do mundo cultural galego, da creación á, incluso, xestión, resulta imprescindible á hora de facer unha análise do desenvolvemento do mesmo ao longo das últimas décadas. A súa novela O triángulo inscrito na circunferencia marca un antes e un despois na narrativa galega.
Freixanes licénciase en Filosofía e Letras e doutórase en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén realiza estudios de Xeografía e Historia e de Xornalismo. Ademais, conta coa Cátedra de Bacharelato de Lingua e Literatura Galega (en excedencia).
A súa actividade profesional desenvólvese dende moi novo nos ámbitos do xornalismo, da literatura e da edición. Como xornalista traballa en case tódolos medios (Cadena Ser, El Correo Gallego, Cadena Cope, son só algúns exemplos). Tras unha breve estancia en Madrid, onde se matricula en Xornalismo e pasa a colaborar en distintos xornais, destacando a súa tarefa no Informaciones durante 1974, regresa a Galicia. Xa aquí é cofundador da revista Teima, en 1976.
Neste tempo, entre 1975 e 1980, traballa como redactor e director no departamento de actividades culturais de Radio Popular de Vigo, ocupándose dos comentarios políticos e de opinión ata 1988. Por aquelas datas, tamén desenvolve a docencia como profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación (ICE), dependente da Universidade de Santiago. En televisión, nos anos 86 e 87, é director do programa da TVG A trabe de Ouro. Mantén, xa con antigüidade, unha columna fixa no xornal La Voz de Galicia, "Mar de fóra".
A partir de 1988 centra a súa actividade profesional no mundo editorial, e pasa a dirixir as Edicións Xerais entre os anos 1989 e 1993. Alí crea a colección de xornalismo "Crónica". Posteriormente, do 94 ao 98 é simultaneamente Director Xeral de Alianza Editorial, onde fai nacer "Alianza Actualidad", e Director Xeral de Publicacións do Grupo Anaya. Máis tarde pasa a ser asesor deste grupo editorial e membro do patronato executivo da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Dende 1992 é Director Xeral da Editorial Galaxia, exercendo actualmente, tamén, a docencia na Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago, onde disfruta da Cátedra. Ademais, cumpre as funcións de codirector da revista Grial e ocupa unha cadeira na Real Academia Galega dende 2002. Por outra banda, é membro da Ponencia de Comunicación e da Ponencia de Galicia Exterior do Consello da Cultura Galega. Entre 1983 e 1995 pertenceu tamén ao seu
Consello Plenario, onde crea e dirixe a Ponencia de Sociolingüística.
En 1976 sae do prelo o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos, libro no que entrevista a doce persoeiros da terra. Catro anos despois publica Manuel González Fresco. Memoria dun fuxido, texto que resulta finalista do Premio Internacional da Prensa, celebrado en Niza. Ese mesmo ano gaña o Modesto R. Figueiredo de narración curta con A caza de cascudas. Pero é a súa primeira novela, O triángulo inscrito na circunferencia (1982), gañadora do Premio Blanco-Amor, do Premio da Crítica Española e do Premio da Crítica de Galicia, coa que se consagra no mundo das letras galegas. Empregando unha metáfora, a epopea que é a vida dos mariñeiros galegos, expón os momentos máis transcendentais no devir histórico de Galiza.
Con posterioridade publicará O enxoval da noiva (1988), recreada no universo renacentista, e A cidade dos césares (1993), Premio de Narrativa Gonzalo Torrente Ballester que nos traslada á Patagonia do século XVIII, concretamente ao espazo ocupado por unha colonia de galegos. No ano 2001 coordina o ensaio colectivo Galicia, unha luz no Atlántico.
Como investigador céntrase no estudo das institucións de comunicación e nas formas de organización empresarial dos procesos culturais, focalizando no caso concreto de Galiza. Así, publica artigos como "O disco e o cine. A cultura e os medios de comunicación de masas" (1980), "Lingua, poder e comunicación en Galicia" (1981) ou "O perfil do xornalista na sociedade dixital. Apuntes para entender unha nova realidade" (1999), entre outros.
O labor de Víctor F. Freixanes no eido da literatura destaca, nos últimos anos, por unha intensa actividade editorial, sobre todo na súa vertente empresarial.


Xabier Puente Docampo segundo Praza das letras

1946, Rábade. Narrador. É un dos nosos máis prolíficos autores de literatura infantil e xuvenil e un firme reivindicador da tradición popular e oral, cuxos recursos se atopan moi presentes na súa obra. Exerceu ante todo como docente, mais tamén foi guionista para radio e televisión, actor e director de teatro e animador á lectura. Vinculado aos movementos de renovación pedagóxica, ten estudos e conferencias acerca da narración oral e da didáctica da lingua e a literatura.
A súa infancia transcorre en Ribeiras de Lea. De mozo trasládase coa familia á Coruña, onde estuda bacharelato e maxisterio, mais sen perder nunca o contacto coa Terra Cha. Foi mestre en diversos centros e traballou durante oito anos no programa Preescolar na Casa. Relacionado desde sempre cos movementos de renovación pedagóxica, o Docampo escritor entregou toda a súa produción á literatura infantil e xuvenil.
Pertenceu ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Escribiu libros de texto e ensaio pedagóxico e elaborou textos e discursos arredor da didáctica da lingua e a literatura, da implantación da lectura na escola e na sociedade, da narración oral, do uso didáctico da mesma e da súa influencia na literatura escrita, etc. Tamén desenvolveu unha importante actividade como formador de docentes.
Foi un dos creadores da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), que presidiu dous anos, e participou en actividades de narración oral tanto en Galicia como fóra dela. Tamén se dedicou activamente ao teatro, como actor e director. Foi guionista e director de programas en Radio Nacional de España, onde traballou durante sete anos, e tamén escribiu e dirixiu para vídeo e televisión.
A de Xabier Docampo é unha obra fértil que supera as dúas ducias de títulos, sen contar as numerosas participacións en escolmas narrativas xunto a outros autores. O seu primeiro libro é O misterio das badaladas (1986), novela de pescuda na que, nun exercicio intelectual e lúdico, o lector debe descifrar cos protagonistas as mensaxes en clave que un misterioso personaxe deixa tras de si. Do mesmo ano é Cun ollo aberto e outro sen cerrar, alarde de imaxinación e defensa do poder suxestivo dos libros. Nos relatos que compoñen O armario novo de Rubén (1987) aparecen xa os trazos definitorios da prosa de Docampo: tratamento humorístico, axilidade narrativa, linguaxe fluída e mestura do cotián co absurdo ou extraordinario para crear situacións delirantes. A nena de auga e o príncipe de lume (1990) engade a estas características un sorprendente lirismo.
Dúas obras destacadas son A chave das noces (1987) e O país durminte (1992). A primeira é unha novela negra para o público mozo que fai un logrado retrato dos baixos fondos e dos seus tipos humanos; a segunda, narrada en primeira persoa, relata a viaxe iniciática dunha adolescente por un mundo mítico onde a recuperación da memoria histórica e a identidade colectiva na procura da liberación do país permiten poñer a historia en relación co pasado de Galicia. Outro dos títulos máis recoñecidos de Xavier Docampo é Cando petan na porta pola noite (1994, Premio Rañolas e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995), catro relatos de misterio concibidos como contos da tradición oral e pensados para seren transmitidos oralmente. O propio autor convida o lector a espallalos deste xeito, como se lle foran contados ao pé da lareira, para manter o fío da literatura popular. A Fundación Germán Sánchez Ruipérez considerouna unha das cen mellores obras do século XX español.
Xa para lectores máis cativos, Roxelio e a couza (1991) destaca pola sensibilidade coa que aborda a relación dos nenos e nenas cos animais. Adelaida, Henrique e demais familia (1996) presenta a peculiaridade formal de que Adelaida, nena esperta e capaz de xulgar algunhas das normas e comportamentos dos adultos, remata por dirixirse ao propio narrador para discutir as súas decisións contra o final do libro. Outros títulos son O home que inventou unha maneira de andar (1998), A viaxe de Purpurina ou a historia dunha pinga de auga (1999), A casa da luz (2002) e A decisión de Valerio (2005).



Ademais dos premios mencionados, Xavier Docampo obtivo o Feira do Libro da Coruña 1989 polo conxunto da súa obra narrativa, o Emilia Pardo Bazán do Ministerio de Educación, o White Ravens da Jugendbibliothek de Munich 1997 e 2005, o Lista de Honra IBBY 1996 e o Lecturas de GALIX 2004. Ten numerosas obras traducidas ao castelán, catalán, éuscaro, valenciano e bable.

Xosé Cobas Gómez segundo Praza das Letras

1953, Negreira, A Coruña. Ilustrador e deseñador. Desenvolve o seu traballo nos campos da ilustración, o deseño gráfico e a pintura. Salientan as ilustracións para obras de literatura infantil e xuvenil escritas por Ana María Fernández ou Gloria Sánchez ou a súa colaboración coa escrita de Xabier P. DoCampo.
Naceu en Logrosa-Negreira (A Coruña) no ano 1953. É ilustrador e deseñador gráfico, traballo este último que desenvolve desde o ano 1991 na Deputación da Coruña.
Mantivo desde ben novo unha grande afección polo debuxo e a pintura. No ano 1977 tivo a súa primeira exposición individual de pintura na Coruña e de seguido comezou unha andaina por galerías e certames de artes plásticas, en cidades galegas e españolas.
A partir dos anos 80 compaxina a pintura co deseño gráfico e a ilustración, tanto en libros coma na prensa diaria.
É a partir de 1988 cando centra a súa actividade de ilustrador no campo do libro infantil e xuvenil: ilustra textos de autores galegos e españois en editoriais de aquí e nalgunha de fóra. Entre a literatura infantil e xuvenil e libros para adultos, leva ilustrado arredor dun cento. Revistas especializadas na LIX como CLIJ, Fadamorgana ou Peonza téñense interesado pola súa obra. Fai tamén incursións no mundo da banda deseñada a través da revista Golfiño onde, xunto co autor Xabier P. Docampo, publicou un traballo secuenciado en catro números.
Entre os premios e galardóns que recibiu destacan o Premio F.T.E.N. ao mellor libro de teatro ilustrado en España no ano 2002; o Premio Lecturas na súa cuarta edición no ano 2003, ao ilustrador máis votado polos lectores e lectoras das Bibliotecas galegas, entre toda a produción editorial do ano. Obtivo tamén o Premio Gourmand World Cookbook Awards 2004 ao mellor libro do mundo de Literatura Gastronómica en Lingua Española. Nos anos 2003 e 2005 traballos seus foron seleccionados para a White Ravens da Biblioteca Internacional de Munich.


Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-04-2009 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Lírica galaico-portuguesa


Comezamos o ano e na primeira tertulia percorrimos o contexto histórico, político e social no que xurde e se consolida a lírica galaico-portuguesa. No encontro, analizamos e debatimos sobre as cantigas de amor e de amigo e para a vindeira xuntanza traballaremos coas de escarnio. Además, poderemos escoitar versións musicalizadas destes poemas.







Na primeira tertulia do ano percorrimos o contexto histórico, político e social no que xurde e se consolida a lírica galaico-portuguesa. No encontro, analizamos e debatimos sobre as cantigas de amor e de amigo e para a vindeira xuntanza traballaremos coas de escarnio. Además, poderemos escoitar versións musicalizadas destes poemas.

Algunha referencia sobre o que estivemos a conversar:

(Fonte: La lírica) No século XII varios reis de Castela e León tiveron o galego por lingua materna, lingua que se usou en todas as clases sociais e que se plasmó en todo tipo de textos da época (cartas, composicións literarias, documentos legais). A súa forma ideal para a lírica trovadoresca provocou que nos tempos próximos ao ano 1200 nacese nese idioma unha escola poética que, conxugando a lección dos trovadores provenzaes e as inspiracións populares, fóra durante dous séculos o núcleo principal da lírica peninsular.

As cantigas d'amigo son poemas líricos escritos pola man dun home que pon nos beizos dunha muller namorada. É esta, entón, a que expresa a súa paixón amorosa, a maioría das veces máis chea de dor que de gozo, a súa resignada submisión ao amor dun amigo e, en ocasións, a oposición da súa nai a este. A maior parte destes poemas son monólogos nos que a muller se diríxe á súa nai, a unha irmá, a unha amiga confidente, ao propio amado ou a algún elementos da natureza personificado. Existen algunhas cantigas onde o destinatario responde, dando un carácter máis dramático ao poema.

As cantigas d'amor son poemas onde o poeta é tamén un home, pero esta vez non utiliza a figura da muller para expresarse, senón que o fai en primeira persoa, e diríxese á súa dama ou reflexiona sobre o amor ou a súa amada. As cantigas de amor galego-portuguesas están baseadas na poesía trovadoresca provenzal dos séculos XI e XIII, pero con algunhas diferenzas: a canción provenzal está suxeita a determinadas normas de versificación máis estritas que as que usan as cantigas d'amor, que prescinde de todo elemento decorativo, ademais, na canción provenzal predomina a sensación de felicidade, mentres que nas cantigas de amor o poeta, normalmente, non é correspondido pola dama.

As cantigas d'escarnho ou de maldizer son poemas de carácter satírico ou burlesco, que trata de ridiculizar a persoas, personaxes do momento, costumes ou institucións. As cantigas d'escarnho (de escarnio) utilizan un dobre xogo de palabras, o recurso da equivocatio ou palabras cubertas, mentres que as cantigas de maldizer (de maldicir) utilizan unha lingua máis directa, sen reviravoltas, máis ferinte, ata, nalgunhas ocasións, groseiro e obsceno, fondamente alusivo. Aínda que a súa forma é fundamentalmente lírica, cabe a posibilidade de atopar nelas unha primeira parte en narrativa, que realiza unha síntese do asunto, para logo pasar á parte lírica, onde as coplas proceden ao maldizer.

Para ler máis:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Trobadorismo
http://zonaforo.meristation.com/foros/viewtopic.php?t=1248573

Para escuchar cántigas musicalizadas por un grupo rosarino:
http://www.rosariarte.com.ar/promusica/antiqua/index.htm
Palabras engadidas (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 31-03-2009 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
O ciclo no xornal Página/12
Sábado, 28 de Marzo de 2009

HOY COMIENZA EL CICLO ?LECTORES GALLEGOS EN BUENOS AIRES?

Galicia, más allá de los lugares comunes

El encuentro que comienza hoy en el Café Tortoni propone analizar una creatividad milenaria, que ha sabido resistirlo todo.



Por Facundo García

Aunque la tradición chistológica los haya tratado decididamente mal, lo cierto es que los gallegos no tienen nada que ver con lo que dicen los cuentos. Son dueños de una creatividad milenaria, que ha resistido embates de las dictaduras y la globalización. Además, su sistema literario está en franca expansión y el apoyo de las políticas públicas hace que los criterios de publicación sean allá sensiblemente diferentes de lo que impone el mercado. Como forma de conectarse con el latir de esta minoría, el ciclo ?Lectores gallegos en Buenos Aires? ?que se inicia hoy en el Café Tortoni (Av. de Mayo 825), con entrada libre y gratuita? propone habilitar un espacio para asomar la cabeza por encima de los lugares comunes.

No es un tanteo a ciegas. Luego de haber abordado cuestiones como las narrativas de la Guerra Civil y el desarrollo del policial negro ?porque hay detectives gallegos, ¡y a veces ganan!?, esta tercera edición hará foco en los clásicos. La coordinación estará a cargo de dos profesoras de la UBA, la becaria del Conicet Andrea Cobas Carral y la periodista Débora Campos Vázquez. ?Después de dos temporadas centrándonos en textos de los últimos veinte años, una relectura del corpus tradicional de Galicia tal vez ilumine ciertas zonas que la narrativa y la poesía siguen reelaborando?, comenta entusiasmada Cobas Carral. El itinerario de lecturas propuesto rescata obras que van desde el siglo XII hasta el XX, en un cruce permanente que pone en intenso diálogo a la historia sociopolítica y el arte.

Pero entonces, ¿qué escritores gallegos son interesantes, como para saber por dónde viene la mano? Muchos. Exponentes contemporáneos son el escritor Manuel Rivas ?autor de las novelas El lápiz del carpintero y La lengua de las mariposas, luego llevadas al cine?; Suso de Toro (Premio Nacional de Literatura de España en 2003) y Xosé Luis Méndez Ferrín, candidato al Premio Nobel de Literatura. Para Campos Vázquez, se trata de ?un circuito que tiene como principal lazo a la lengua y que cuenta con el apoyo decidido del Estado. Entonces las reglas editoriales cambian, porque se mantiene el eje en la protección de la diversidad y, por ende, el volumen de publicaciones crece en direcciones sumamente originales?.

Se trata, asimismo, de una sociedad que tuvo tremenda influencia de este lado del Atlántico. El historiador Ruy Farías explica que ?de ese pueblo y sus descendientes surgieron figuras fundamentales para la cultura y el capital humano argentino, como Antonio Soto (el líder de la gran huelga obrera conocida como ?la Patagonia rebelde?), José María Cao (padre de la caricatura política argentina), Luis Seoane, Carlos Saavedra Lamas y Adolfo Pérez Esquivel (dos de los cinco Premios Nobel del país), entre muchos otros?. ?Los que venimos de gallegos ?subraya, por su parte, Campos Vázquez? tenemos el problema de que la imagen de Galicia que nos llega está filtrada por los recuerdos de nuestros abuelos, con imágenes idealizadas de pequeños campitos y arados. La actualidad es bien diferente y vale la pena conocerla.?

Galicia es una comunidad autónoma española, situada al noroeste de la Península Ibérica. Allí habitan algo menos de tres millones de habitantes y hay un millón de gallegos y gallegas que viven en el extranjero. De estos últimos, unos 120 mil andan por estas tierras, concentrados principalmente en Buenos Aires. Y eso sin contar a los cinco millones y medio de argentinos con padres o abuelos que vinieron de allá. La lengua gallega, varias veces censurada y perseguida, sobrevivió entre comunidades rurales, que tenían alto índice de analfabetismo y por tanto no eran obligadas a aprender castellano en las aulas. Recién a mediados de los ochenta el idioma se formalizó con reglas homogéneas, comenzó a enseñarse en las escuelas y ?a juzgar por lo que aseguran los especialistas? inició un proceso de reactivación que no se ha detenido.

* ?Lectores Gallegos? se iniciará hoy a las 16, en el Tortoni. La elección del lugar no es azarosa, porque ahí se reunían hace siete décadas los intelectuales expulsados por el franquismo. Esta primera tertulia se centrará en el análisis de la lírica gallego-portuguesa. Más información y el cronograma completo en http://www.blogoteca.com/lectoresenbosaires/
Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-03-2009 01:47
# Ligazón permanente a este artigo
Un convite

Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2009 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [21]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0