Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

O Rexurdimento: Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.
Se falamos de Rexurdimento, non podían quedar fora dous sobranceiros homes: Manuel Curroz Enríquez e Eduardo Pondal. Unha tarde de lecturas e de reflexión.



Non podiamos marchar do Rexurdimento sen falar de Manuel Curroz Enríquez e Eduardo Pondal.


Curros Enríquez nace en Celanova en 1851, na casa número 14 da rúa de San Roque. Era fillo do escribán Xosé María de Curros Vázquez (de Santiso-Melide) e de Petra Enríquez (de Vilanova dos Infantes). A pesar de que certos biógrafos indican que seu pai era un carlista, que sometía o seu fillo a malleiras frecuentes, o certo é que as modernas investigacións determinaron que, ben polo contrario, Xosé María de Curros defendeu sempre as ideas liberais. No tocante ás relacións pai-fillo, se ben que semella que, efectivamente, foron difíciles, convén desterrar definitivamente aquela imaxe duns maltratos que non se axustan á realidade. Asistiu á escola de don Manuel Rebollo e cando estivo preparado tivo que axudarlle a seu pai como escribente. En 1866 marchou cara a Madrid, á casa do seu irmán Ricardo, onde fixo o bacharelato e comezou a estudar Dereito, que non rematou.

A revolución de Setembro en 1868 fai que asuma os ideais democráticos. Ingresa de escribente no Concello de Madrid e visita os círculos literarios coa intención de facer alí carreira literaria, desa época é a lenda en castelán, El Maestre de Santiago. Dende 1871 vivía con Modesta Luisa Polonia Vázquez Rodríguez (natural de Pobra de Sanabria), coa que ten un fillo en 1873 e coa que casará en 1877. En 1873 comezou a súa carreira xornalística ao ingresar na Gaceta de Madrid e ao ano seguinte entra en El Imparcial, para o que cubriu, entre decembro de 1875 e febreiro de 1876, a terceira guerra carlista escribindo as Cartas del norte. Sucediulle na tarefa outro correspondente, Fauró, tras ser ferido de bala por un axudante do brigadier Mariné con quen compartía habitación segundo relata no tomo III o recompilador das súas obras completas para a Casa editorial Perlado, Páez y C.ª, Sucesores de Hernando (Madrid, 1910).

En 1877 gaña un certame poético en Ourense co poema "A Virxe do Cristal". Esta vitoria determinouno como poeta galego. Curros establécese en Ourense e traballa na Intervención da Administración Económica.

Podedes ler algo aquí.

De orixe fidalga, Eduardo Pondal quedou orfo de nai ao ano de nacer, estudou dende 1844 gramática latina na escola que tiña un parente crego en Vilela de Nemiña. En 1848 instalouse en Santiago de Compostela para cursar o Bacharelato en Filosofía e, a seguir, a carreira de Medicina. De estudante frecuentou o Liceo de Santo Agostiño, onde había tertulias literarias, e revelouse como poeta, co seu íntimo amigo Aurelio Aguirre, nunha ocasión que se fixo célebre: o banquete de Conxo, do que falan todos os historiadores da literatura galega. Foi un banquete organizado en 1856 polos estudantes liberais en homenaxe "ao terceiro estado", no que fraternizaron obreiros e estudantes. Os brindes de Aguirre e de Pondal tiveron un sentido político moi avanzado, e por eles procesounos a Audiencia da Coruña.

Ao rematar a carreira en 1860 exerce como médico da Armada Española en Ferrol. En 1861 fixo oposicións en Madrid ao corpo de Sanidade Militar, mais, tras conseguir un posto na fábrica militar de Trubia (Asturias), deixou a praza e abandonou de maneira definitiva a profesión médica. O 2 de xullo de 1861 celebráronse na Coruña os primeiros Xogos Florais de Galicia, no que Pondal participou con A campaña d'Anllóns, o seu primeiro poema en galego que se publicou ao ano seguinte no Álbum de la Caridad.

Pondal apenas exerceu a súa carreira. Retirouse axiña á súa casa paterna e alí viviu, con frecuentes viaxes a Santiago de Compostela e á Coruña, onde concorría á libraría de Carré, chamada a "Cova Céltica", na que mantiñan un parladoiro Andrés Martínez Salazar, Manuel Murguía, Florencio Vaamonde, Evaristo Martelo Paumán, Manuel Lugrís Freire e outros. Alí accedeu a través de Murguía aos poemas ossiánicos de James Macpherson. Pondal asumirá entón o papel de "bardo" da nación galega, exercendo como guía e intérprete da rota a seguir.

No ano 1877 saíu do prelo Rumores de los pinos, un conxunto de vinte e un poemas en galego e español que servirá de base a Queixumes dos pinos (1886). Esta obra recupera da versión bilingüe as composicións en galego, inclúe aínda algúns dos poemas en español agora traducidos e coñecerá diversas ampliacións nas edicións seguintes. "Os pinos", xurdido das sucesivas reelaboracións de "Rumores de los pinos", conformará o himno galego, ao que Pascual Veiga lle porá música.

A saudade de Pondal, poeta da liberdade, que ansiaba levantar un pobo, oriéntase cara a un pasado que el imaxinaba libre e independente, e que o seu impulso lírico quer reconquistar. A poesía de Pondal proponse renovar a historia. Como do pasado céltico non quedan máis que vagos vestixios, Pondal esfórzase en adiviñalo, guiándose polos poemas de Ossian, por algunhas citas de Leabhar Ghabhála e polas investigacións de Murguía, e crea un mito fragmentario, distante da historia, indeterminado, arredor de dous arquetipos: o Heroi e o Bardo. Pero trátase dun pasado de gran beleza e dunha forza de suxestión extraordinaria.

Pondal, poeta oficial do movemento rexionalista, encamiñará a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas e á decidida defensa da liberdade do noso pobo. A súa escrita, fundamentalmente épica, irá en procura de mitos autóctonos que chamen á colectividade galega para comprometela co seu futuro. O bergantiñán vai cantar as xestas dos heroicos celtas galegos. Mais Pondal é tamén un excelente cultivador da poesía lírica, recreando unha paisaxe agreste inspirada nas terras de Bergantiños. Xunto coa natureza, a muller configurarase como unha das chaves da súa produción lírica.

No plano lingüístico, Pondal procurou a dignificación do idioma fuxindo do estilo populista da época e incorporando diversos cultismos aristocratizantes no léxico e na sintaxe. O trazo máis acusado da súa personalidade literaria foi, sen dúbida, a clara consciencia da dimensión artística da súa obra, o que o levou a revisar constantemente as súas creacións, mesmo as xa publicadas. Neste sentido, non resulta estraño que de Os Eoas, un extenso poema épico baseado na descuberta do continente americano -do cal o autor só publicase un primeiro esbozo en 1858- non chegase a ver finalmente a luz en vida do propio poeta (de feito, só foi publicado, finalmente, no 2005).Trátase, non obstante, da obra que o propio Pondal e os seus correlixionarios consideraban como decisiva na súa carreira e aínda para a consolidación da propia literatura galega. Facendo nela a Colón galego -de acordo coas teses de García de la Riega, Constantino Horta...-, Pondal pretendía universalizar Galicia e, ao tempo, o idioma galego no canto dunha xesta que superase a proba dos séculos.

Eduardo Pondal faleceu na Coruña no hotel "La Luguesa" en 1917 e repousa desde entón no cemiterio de Santo Amaro.


Un traballo sobre Pondal en Google Books.


Fonte: Wikipedia
Palabras engadidas (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 13-02-2010 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
O Rexurdimento: Rosalía de Castro
A nosa amiga e licenciada en Letras Mariela Sanchez, participante deste ciclo dende o comezo, achegounos unha ollada de Rosalí de Castro tanto no que refire á súa obra coma tamén no contexto no que esas pezar xurden. Graciñas Mariela!!!!




Mariela Sanchez
Con Rosalía de Castro é que abrimos as dúas xuntanzas que imos dedicar ao Rexurdimento. Deixámosvos aquí un apuntamento sobre este período collido de Letras de Galicia

«El 'Rexurdimento'
Aunque resiste durante el siglo XV, los siglos XVI y XVII se conocen como Séculos Escuros debido al silenciamiento casi total que experimentan nuestras letras. El soneto "Respice finem" (1612), de Pedro Vázquez de Neira, es el primer texto impreso en nuestro idioma, además de una isla en el medio del océano.



Los esfuerzos de recuperación literaria realizados durante los siglos XVII y XVIII fueron un importante punto de apoyo para los protagonistas del resurgir definitivo de nuestras letras. En la segunda mitad del siglo XIX, en medio de una creciente efervescencia intelectual y política, Rosalía de Castro publica Cantares gallegos (1863) y marca el inicio del primer Rexurdimento. Esta etapa tiene su annus mirabilis en 1880, durante el que ven la luz Follas novas, de Rosalía, Aires da miña terra, de Curros Enríquez, y Saudades gallegas, de Valentín Lamas Carvajal.



Lamas Carvajal había fundado en Ourense, en 1876, la primera cabecera de prensa publicada íntegramente en nuestro idioma. Dirigido a las clases populares, entre las que pronto encuentra un gran éxito, el semanario O tío Marcos da Portela alcanzó una tirada de 4.000 ejemplares. En él publicaron poemas y relatos muchos de los escritores principales del momento, lo que vino a paliar en cierto grado la ausencia de otros soportes editoriales.»


Aquí, podedes ler algunhas das poesías que limos esta tarde. E todo sobre Rosalía nesta páxina e tamén nesta.
Palabras engadidas (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 13-02-2010 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
A Ilustración galega: Benito Feijoó e Martín Sarmiento
Neste encontro gozamos coa lucidez e coa escrita intelixente de Benito Feijoo e Martín Sarmiento. Letras ainda hoxe contemporáneas no tocante a algúns elementos da realidade socio-económica da terra.



O noso traballo sigue e neste encontro gozamos coa lucidez e coa escrita intelixente de Benito Feijoo e Martín Sarmiento. Letras ainda hoxe contemporáneas no tocante a algúns elementos da realidade socio-económica da terra.

Sobre o Pai Sarmiento, soubemos que foi "un home adiantado ó seu tempo e loitador pola súa terra. Céntrase na análise da lingua galega, a máis desprestixiada da nación naqueles tempos en que o centralismo afogaba as manifestacións populares localistas. De gran importancia foron as súas viaxes a Galicia, o de 1745 (que durou 8 meses) e o de 1754. Trátanse de verdadeiras expedicións científicas programadas e pensadas polo miudo no que descubre unha Galicia e un pobo cunha grande riqueza natural, cultural e patrimonial".

Frei Benito Xerónimo Feijoo é considerado seguidor das ideas de Frei Martiño Sarmiento, ingresou coma el nun mosteiro benedictino uns meses antes de que cumprise os 14 anos. Cursou os estudos nas cidades de Salamanca e Oviedo. Dende 1709, e durante máis de medio século, residiu en Asturias, no colexio bieito de San Vicente de Oviedo. Feijoo morreu en Oviedo o 26 de setembro de 1764.

Fonte: Wikipedia galega
Palabras engadidas (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 13-02-2010 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua, a patria e a diáspora: un encontro con escritores
Non imos caer na tentación de dar conta do que foi a marabillosa xuntanza cos escritores e amigos Victor F. Freixanes, Miguel Anxo Fernán-Vello e Xabier P. Docampo, e polo artista plástico e ilustrador Xosé Cobas, ademáis da organizadora do Salón de Pontevedra, Helena Torres. Deixaremos que sexa o propio Xabier DoCampo quen nolo conte. Roubámoslle do seu blog (que podedes ler aquí) a crónica do acontecido.

______________________________________________

April, 2009
OS GALEGOS DE BOS AIRES

De Visita de autores - 2009



Onte foi o segundo día en Bos Aires. A primeira hora da tarde, no acolledor espazo do Café Tortoni, ese lugar cheo do recordo persoal, artístico e literario de tantos homes e mulleres que por alí pasaron co propósito de se encontraren para se deixaren habitar pola palabra. Para debater sobre dos camiños da arte, sobre do destino do ser humano, sobre do devir dos tempos ou sobre do azaroso futuro dos múltiples pobos que dera orixe a vida de cada un deles, tocoume a min vivir a emoción de me encontrar con medio cento de galegos e galegas que alí se xuntan cada pouco para encher o seus corazóns, habitados de saudade, da palabra dos bos e xenerosos, de Rosalía, de Curros...

De Visita de autores - 2009


Alí estivemos para falar con eles, Víctor Freixanes, MIguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Cobas e máis eu. Só cando se está alí, no medio desas persoas, entendes o profundidade do sentimento da saudade, vendo como se fai sentimento dun ben perdido, que tantas veces, nunca se tivo verdadeiramente. Como te pode habitar, até posuirte e facer da túa vida un inacabábel camiño de regreso guiado por seres que xa só viven aposentados no teu corazón. Que son só unha presa de cinza chea de lembranzas e de pasos interrompidos.


Un pouco despois tócame vivir o goce de me encontrar con máis dun cento de galegos e galegas que -certamente que así estaba previsto pola 35 Feira do Libro de Bos Aires- coa súa presenza e a forza dos seus corazóns afervoados, converten calquera xornada nun Día de Galicia. Falamos Víctor Freixanes, Mª Rosa Lojo e o asinante deste lugar. Do conmovedor do momento abonda con contar unha mínima anecdota. Cando comeza a falar Víctor Freixanes, un home da primeira fila interrómpeo pedindo que, no nome da prensa arxentina, fale en castelán e inmediatamente é acalado polo unánime apupo dos presentes que manifesta a inequívoca vontade de que o acto continúe a se desenvolver en galego, e fano entre os seus ?vós?, ?continuá en gallego?, ?callate?, etc. Que tomen nota en Galicia os patufos desleigados que comenzan discursos a dicir que falaran en castelán porque no medio dos centos ou miles de ouvintes galegos, hai un que non entende o galego porque é de fóra.Foi un acto cheo de intres emotivos e benzoado polas bágoas de moitos dos presentes.

De Visita de autores - 2009


Pero para min aínda houbo a emoción especial de coñecer a Clotilde, a filla de Tacholas. Calquera galego que, como é o meu caso, ame o teatro e coñeza a historia dos seus grandes homes e mulleres, terá que compartir comigo que a lembranza de Tacholas enche o corazón de señardade.


En fin, esta é a crónica do meu segundo día en Bos Aires, un día que xa nunca esquecerei como non poderei arredar da miña lembranza todos estes ollos que estenden a súa mirada por enriba do mar para enxergar, no afastado horizonte, unha luz nacida do resplandor que que acende asaudade.

______________________________________________


Tamén enlazamos aquí a crónica do xornal El País cos fermosos comentarios que de nós fixeron estes amigos.


Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2010 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [21]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0