Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

O pensamento político no exilio: Sempre en Galiza de Alfonso Rodríguez Castelao
Hoxe limos a Castelao. Nada que engadir. Só que debería ser lido por todas e todos os que levan unha pinga de sangue galega no corpo.






"¿Ten Galiza unha lingua propia? Estamos fartos de saber que o pobo galego fala un idioma de seu. Idioma apto e axeitado para ser vehiculo dunha cultura moderna e co que ainda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas.
¿Ten Galiza un territorio propio? Ninguén pode negalo. A patria é a Terra.
¿Ten Galiza hábitos psicolóxicos reflectidos nunha comunidade de cultura? Non é posíbel negar a diferenciación psicolóxica de Galiza. A nosa Terra diferente crea hábitos peculiares de vida, que se manifestan en cada época baixo formas autóctonas de cultura.
¿Cal é o criterio dos galeguistas? Para nós, os galeguistas, Galiza é unha nación e ten o dereito e o deber de organizarse autonomicamente."


"A nosa tradición revélase no idioma, no espírito, na cultura, na arte, no xeito de vivir e de pensar, no sentido transcendente da vida e da morte, no afán de universalidade e de particularidade, no amor á xustiza e ás boas formas de convivencia, na identificación amorosa coa terra, na esperanza dun mundo mellor, na predisposición á poesía? A tradición é todo aquilo que endexamais nos traizoará".



"O galego ?somentes refugado polos señoritos ou por traballadores que quixeran ser señoritos? é hoxe o idioma que prefiren os intelectuais como vehículo da nosa cultura; pero aínda que carecera de tantos méritos contraídos, abondaríalle ser a fala do pobo traballador para estar dignificado de por si, pois o galego é unha executoria viva do traballo e unha cédula honrosa de cidadanía e democracia.
Non esquezamos que se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma".


Podese ler todo o Sempre en Galiza aquí.

Castelao na Wikipedia, aquí.

E o museo Castelao, aquí.

Palabras engadidas (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2010 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Palabras engadidas
1 Creo entender polo voso perfil que estades en Bos Aires, tomando esta afirmación como esacta#blgtk08#, sentencio: tratades millor o noso idioma que moitos galegos que residen na Galiza, grazas.
Foi palabra de A Cruz da Campá (14-02-2010 19:55)
2 Estamos sí, en Bos Aires. E somos moitos!! Xuntámonos unha vez ao mes a analizar libros e debatir e, xa que logo, #blgtk08#pensar. E facémolo en galego, sen subvencións e sen complexos.

Saúdos! e graciñas polo comentario.
Foi palabra de Lectores en Bos Aires (15-02-2010 14:28)
Engade palabras
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0