Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

A visita de Ramón Caride e Francisco Fernández Naval
De literatura, da lingua galega, da importancia da traducción e da identidade falaron os autores Francisco Fernández Naval e Ramón Caride Ogando na visita que fixeron o sábado 26 de abril aos integrantes do ciclo de literatura galega do café Tortoni.




Os poetas e narradores Francisco Fernández Naval e Ramón Caride Ogando estiveron na tarde do sábado 26 de abril na Sala Alfonsina Storni do Café Tortoni coñecendo e falando cos integrantes do ciclo de literatura galega que alí se desenvolve. Os autores galegos chegaron á Arxentina para participar da Feira Internacional do Libro de Bos Aires e fixeron un tempo para compartir a tarde cos Lectores Galegos en Bos Aires.

En verdade, este ano, a delegación chegada dende Galicia está integrando por Caride Ogando e Fernández Naval, pero tamén polo escritor Carlos Arias, pola ilustradora Marisa Irimia e pola delegada provincial da consellería na provincia da Coruña, Milagros Lantes. Ademáis, a virtuosa poeta Estíbaliz Espinosa e o director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará Torres, tamén visitan a cidade.


Ramón Caride Ogando é biólogo, profesor de ensino medio e autor dunha extensa obra narrativa, recoñecida pola crítica e os lectores, con novelas como a triloxía de sombras e de lume, integrada por Soños eléctricos (Premio Blanco Amor, 1992), unha das primeiras obras de fantasía científica escritas en galego; Sarou, centrada no submundo do narcotráfico (Premio Café Dublín, 1997); e O Sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura Fantástica, 2003).

Pola súa banda, Francisco X. Fernández Naval é narrador, ensaísta e poeta. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, ten escrito guións para series da Televisión de Galicia e para a produtora Xamalú Films. Estréase na narrativa con O bosque das antas, co que consegue o Premio Xerais. Este libro foi analizado no ciclo do ano pasado polos lectores e as lectoras do Tortoni.

Fernández Naval e Caride Ogando achegaron un panorama da literatura galega da actualidade e salientaron a importancia da traducción para que os autores de Galicia cheguen aos lectores de todo o mundo.


No remate da xuntanza, Fernández Naval lembrou que o ano antes, precisamente nesa mesma data, sabía na cidade de Bos Aires que o seu poemario Miño quedara co XXIII Premio de poesía Cidade de Ourense. Por iso, quixo compartir -nesta nova visita que o traía de novo ao mesmo sitio nos mesmos días- a lectura dun dos seus poemas.

Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2008 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Engade palabras
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0